ELIAS ZANANIRI: SER XORNALISTA PALESTINO


Por Helena David

Guysen International News

O pasado 26 de xullo, o Hamás facía irrupción nas oficinas da axencia de prensa palestina Wafa, confiscando computadores portátiles e expedientes. Unha tentativa de intimidación e de toma de control da información que expón a cuestión das condicións do oficio de periodista nos territorios palestinos, divididos entre o poder oficial de Fatáh e as inquietantes ambicións do Hamás. Durante unha conferencia, o xornalista palestino Elias Zananiri tentou dar un principio de resposta a esta problemática preocupante tanto para os Palestinos como para a comunidade internacional. Recordando os principios da súa carreira, hai uns trinta anos, Zananiri conta: "Cando comecei, era necesario elixir cada unha das palabras utilizadas, mesmo nas palabras cruzadas. Despois da Guerra dos 6 días, cando Israel tomou o risco calculado de autorizar algunhas accions políticas, os intereses mutuos entre xornalistas israelís e palestinos se desvenvolveron e a situación aos poucos cambiou". Zananiri explica así que entre o 67 e o 69, debido a que os diarios palestinos estaban sometidos á censura, é nas publicacións israelíes que os xornalistas palestinos publicaban os seus artigos susceptibles de provocar controversia. Un proceso que a longo prazo, conduciu ao poder palestino existente a poñer fin á censura. "En 69, os dirixentes afirmaron que o que se publicaba nun diarioisraelí podía tamén ser publicado nun xornal palestino". Unha censura que, con todo, parece rexurdir na Franxa de Gaza. Se na actualidade nesta rexión controlada polo grupo terrorista Hamás é difícil de cubrir para todos, e para os xornalistas israelís en particular, parece ser, segundo Zananiri, que o sucede mesmo para os periodistas palestinos. "Se criticamos á Autoridade Palestina, non nos arriscamos a recibir represalias, somos libres. En cambio, se criticamos a Hamas, enton temos o risco de ser secuestrados, pegados ou mesmo asasinados". Un fenómeno que conduce á Franxa de Gaza - zona de case sen dereitos- a ser ademais un territorio de desinformación. O medo é o mesmo para os xornalistas que para os habitantes. Zananiri, que dirixe unha cadea de televisión palestina informa así de que a parte delos funcionarios do Hamás, ninguén acepta na Franxa de Gaza pasar na televisión e falar dos acontecementos actuais. Nos diarios da Franxa de Gaza, os xornalistas concéntranse en feitos locais non controvertidos. "é imposible ir investigar na Franxa de Gaza. Se un xornalista faino unha vez, non poderá facelo unha segunda, seralle prohibido entrar no territorio, e ninguén quere tomar este risco". "Ninguén fala do que pasa en Gaza, ninguén fala do feito de que a menor pinga de petróleo transportada por Israel na Franxa de Gaza é confiscada por Hamás, revendida dez veces ao seu prezo no mercado negro, e que a continuación Hamás condena o bloqueo do exército israelí", denuncia Zananiri. En paralelo, este último falou de novo sobre as cuestións de ética as que se enfrontan os xornalistas palestinos. "Non quero ser un avogado da Autoridad Palestina", explica, "pero un exponse moitas cousas cando se trata algunha información. Tentamos ser o máis obxectivo posible, pero non podemos facer abstracción debido a que somos Palestinos", explica. "A Autoridade Palestina non pode ser xulgada segundo as normas clásicas, non é un país", engade. Nos territorios palestinos como en todo o mundo, a escrita é un acto infinitamente político. A cuestión consiste en saber onde se sitúa a súa pluma e até onde se está disposto a chegar para que se respecte o dereito á información.

Comentarios