AMOS OZ PUBLICADO EN ÁRABE

Unha familia árabe-israelí, vítima do terrorismo palestino, financia a tradución do escritor israelí
Escasean quen fomente os vínculos e a coexistencia entre palestinos e xudeus israelís. Pero a familia árabe-israelí (cristiá) Joury, residente en Xerusalén, é das que non arroxan a toalla no empeño. Os Joury acaban de financiar a tradución do hebreo ao árabe da novela "Unha historia de amor e escuridade", do gran escritor israelí Amos Oz, galardoado co premio Príncipe de Asturias das Letras o ano pasado, que axiña comezará a distribuírse en librarías das cidades israelís. Non sería un feito excepcional que adiñeirados árabes dediquen o seu diñeiro a empresas deste tipo porque miles de cidadadans árabe-israelís acoden con normalidade a universidades e involúcranse na vida académica e cultural de Israel. Pero a familia Joury tiña moitos motivos para caer no desalento. George, fillo do preeminente avogado Elías Joury, morreu aos 20 anos, en 2004, cando un terrorista palestino disparoulle mentres facía exercicio en Xerusalén créndolle xudeu. Non era a primeira vítima do terrorismo na súa familia. O avó de George, Daud, faleceu nun atentado da OLP na céntrica praza de Sión en Xerusalén en 1975.
"Unha historia de amor e escuridade", é unha narración das vivencias dos Oz na década dos corenta, unha época moi conflitiva e decisiva para o devir do nacente Estado de Israel- é a terceira novela do escritor que se traduce ao árabe. "O meu Michael" e "Soumchi" xa o foron nos anos noventa. O profesor Jamal Gnaim foi o encargado desta tradución. Licenciado en Filoloxía Árabe e Hebrea pola Universidade Hebrea de Xerusalén, Gnaim é un moi bo coñecedor da historia de Israel. Aínda que admite que a linguaxe empregada por Oz "non é nada sinxelo", Gnaim, nacido en 1943, non é alleo á historia que narra. "O asunto", declarou onte ao xornal israelí Haaretz, "non me resulta estraño. Vivo en Israel, coñezo o idioma, a cultura, por tanto, non me sorprendeu. Tentei ser moi fiel ao orixinal. Iso é sacro para min". á marxe do receo mutuo que senten os palestinos e israelís xudeus, a distribución de obras literarias nesta terra topa en ocasións con obstáculos insalvables.
Por exemplo esta edición do libro de Amos Oz por estar impresa en Israel non poderá ser exportada nin vendida na grande maioría dos estados árabes. Como ningún libro escrito en árabe que veña de editoriais israelís. Algo que non debe resultar realmente tan excepcional dada a condición non democrática ou directamente ditatorial da práctica totalidade do mundo árabe que circunda a democracia israelí.

Comentarios