Por David Gistau
Deixou escrito Ortega que non existe maior traizón á realidade que conceder valor absoluto a unha perspectiva, impedíndolle a integración con outras que son negadas. Así, a invención dunha realidade que encaixe cun prexuízo non depende senón da selección de planos. Israel é unha selección de planos. Sempre axeitados á perspectiva fóbica, ao prexuízo. A miúdo tan mendaces como aquel famoso do pai e fillo palestinos supostamente abatidos por balas israelís que se revelou unha manipulación groseira sen que a ninguén lle importase demasiado. Ou tan militantes como fóron as crónicas dos xornalistas españois que se foron contar o aniversario da fundación do país, non aos cafés, as praias ou as garderías ameazados de zambombazo, non a hospitais como o Ramban, onde Hervé Hachuel acaba de terminar un documental que ofrece unha nova perspectiva humana e mestiza do ensaio da concordia, senón ao muro defensivo, coma se o único reseñábel do advenimiento de Israel fóra a Nakba.
Traicionado Israel cunha soa perspectiva que non corrixe a ignorancia, o ambiente vólvese propicio ao odio. Ao automatismo dun odio antigo, que está inserido na xenética europea, e que agora cobra un azo nova coa coartada do pensamento de esquerdas. Que presume de exquisitez intelectual porque non se sente vinculado aos campos de exterminio senón que se xustifica a si mesmo coa atención á vítima oficial, diante da cal só pode haber verdugos que o son incluso cando réximes intolerábeis condénanlles á morte colectiva ou cando rebéntanlles nenos nun autobús: ese plano non sae. Con tal eficacia foi completada a invención da realidade, que ate os vates do amor bizcochoso como Antonio Gala poden dar un uso tendencioso ao térmo Holocausto sen reparar sequera en que precisarían dúas excursións, unha ao Israel fóra de plano e outra a Auschwitz, para descubrir cuán fonda é a súa miseria moral por máis que estea autorizada pola corrección progre.
Demasiado esforzo: máis confortábel é o prexuízo. A maior traizón á realidade é a perspectiva. Xogou a empregala a Asociación de Solidariedade España-Israel cun vídeo parcial que retrata a España como non é, polo menos non no seu valor absoluto: ignorante, racista e violenta. Incluso os autores do vídeo saben que a visión é inxusta. Pero diso se trataba. De cabrearnos para axitar conciencias demasiado conformes cos retratos prêt-à-porter que agregan un cerco moral ao físico. De demostrar que é posíbel inventar unha realidade axustada ao prexuízo mediante unha simple selección de imaxes. Durante dous minutos, España foi unha mentira do editor. Israel o é sempre, sen que a ninguén lle importe demasiado porque non hai odio máis pracenteiro que aquel ao que as coartadas intelectuais lle eximen de culpa e vergonza. Se ate os poetas do amor entréganse a el.
Vía La Bella Aurora
Comentarios