Por Francesc-Marc Álvaro
La Vanguardia
A única vez que visitei Israel como xornalista, en febreiro do 2005, alguén me recibiu na súa casa cunha frase irónica e terrible: "Benvido ao manicomio do mundo". Recordeino estes días, con motivo do 60º aniversario da creación do Estado de Israel, unha efémeride que volveu a pór en marcha a máquina dos prexuízos e os tópicos sobre unha sociedade fascinante que se descoñece profundamente. Os europeos en xeral, e os barceloneses en particular, deixámonos levar pola inercia medíatica cando falamos do que ocorre ao noso levante, na outra beira do Mar Mediterráneo. Ademais, na Catalunya actual, Israel é obxecto dunha sistématica e agresiva demonización en ambientes políticos, académicoss e periódisticos que negan diariamente o dereito deste Estado a existir. Iso contrasta coa simpatía que espertaba hai algunhas décadas, a causa dos xudeus entre sectores cataláns máis informados. O xornalista Martí Anglada refírese a iso no seu suxestivo libro "Afers(non tan) estrangers", ao recordar, como en xuño de 1967, os universitarios comprometidos na súa loita contra Franco, a maioría comunistas, estaban exultantes ao ler na prensa a rápida vitoria do exercito israelí sobre as tropas de Exipto, Siria e Xordania na guerra dos Seis Días. Eran tempos nos que interesaba o singular socialismo dos pioneiros sionistas e viaxar a un kibbutz era unha experiencia que daba prestixio. O manicomio do mundo, por dicilo á maneira dun israelí con sentido do humor, é un lugar difícil de entender a pesar de estar sempre en primeira plana a causa do conflito Israel-Palestina. Como expresou Shlomo Ben Ami, ex-ministro de Asuntos Exteriores e ex-embaixador de España, "a solución dos dous estados, que aseguraría que Israel siga sendo un Estado xudeu e demócratico, corre perigo se non se chega a un acordo cos palestinos".
En contra de certos infundios, a maioría dos que sentimos admiración e simpatía pola historia de éxito que representa Israel, desexamos tamén que o pobo palestino constitúa canto antes o seu Estado propio independente, o cal vai unido a unha saída xusta e digna para o grave problema dos refuxiados. "Se non hai solución para esta xente (escribiu con lucidez Amos Oz), Israel non terá paz nin tranquilidade por moitos acordos que chegue cos seus veciños". Con todo, desde Catalunya, á hora de xulgar o papel neste conflito, séguese confundindo a crítica lexítima aos gobernantes de quenda israelís co dereito de todo un pobo a crear e defender o seu fogar, despois de séculos de persecucións e destrucións, algo que como europeos nos incumbe directamente. Iso está relacionado con dous factores preocupantes que distorsionan a nosa mirada. Por unha banda, o feito de que as realciones oficiais entre España e Israel se iniciasen moi tarde, en 1986, cando xa non había máis remedio a causa do ingreso español na Comunidade Europea. Por outro, a pouca importancia, que a pesar dos terribles atentados do 11 de mazo do 2004 en Madrid, dáse en ambientes intelectuais e políticos de esquerda á ameaza global do estremismo islamita, cuxa manipulación da causa dos palestinos é constante. Osama bin Laden, no seu discurso televisado en outubro do 2001, pouco despois dos atentados do 11-S de Nova York, comparou a expulsión do árabes da península Ibérica coa situación dos palestinos: "Que saibades pobos americano e do mundo enteiro, que non toleraremos que a traxedia do Al Andalus se reproduza en Palestina". é a isto ao que nos enfrontamos. Riyad al Maliki, ministro de Relacións Exteriores palestino, recoñecía nunha recente entrevista na Vanguardia, que Hamas, que controla Caza, non tomará ningunha decisión sen o aval do movemento internacional dos Irmáns Musulmáns, cuxo programa é borrar Israel do mapa. Paradoxalmente, algúns cataláns e españois que din defender aos palestinos carecen da sensatez de Maliki. Son os mesmos que negan o perigo obxectivo que suporía para Israel un Irán con armas nucleares, réxime que, á súa vez, move os fíos de Hamas en Palestina como fai con Hezbollah en Líbano. Aínda que hai fanáticos intransixentes no bando israelí, contrarios a calquera cesión, o maior problema é a dimensión internacional do integrismo islamita (potenciado po varios estados), que bloquea seriamente o diálogo á vez que impide que os palestinos teñan unha soa voz. Aos islamitas non lles preocupa a sorte dos palestinos, só acabar co Estado que encarna os valores democráticos de Occidente. Israel non é unha sociedade perfecta e soporta tensións moi fortes, pero é a única democracia de é zona do mundo, moito ates (por certo) de que España tivese un sistema de liberdades. O pluralismo, a separación de poderes, a liberdade de expresión e a celebración de eleccións conviven cun permanente clima de guerra e coa custosa ocupación duns territorios que deberán formar parte do futuro Estado Palestino. Os israelís teñen dereito á paz e a seguridade, como teñen dereito a que, desde Barcelona, París ou Londres, non se lles pida que renuncien á súa liberdade.
Tirado de ARCCI
Tirado de ARCCI
Comentarios