As dores do parto dunha nación

Este pasado mes de maio cumpríronse sesenta anos da fundación do Estado de Israel. A súa historia temprana estivo chea de sangue, controversia e dor.

Dereita: David Ben Gurion convertiuse no primeiro Primer Ministro israelí o 14 de maio de 1948, un día antes da fin do Mandato Británico para Palestina. Esquerda: Refuxiados xudeus de Europa desembarcan en Naharía, no norte de Israel. A afluencia de refuxiados que comezou en 1948 duplicaría a poboación de Israel en menos dunha década.

Aramios de púas separan aos residentes árabes e xudeus de Xerusalén, logo de que as Nacións Unidas decretaran que a cidade sería particionada en 1948.

Tropas británicas en Haifa se retiran de Israel. Non querendo molestar nin aos países árabes nin aos EEUU, país con fortes lazos con Israel, o Reino Unido entregou a xurisdicción ás recentemente creadas Nacións Unidas.

As secuelas de tres coches bomba na rúa Ben Iehuda, en Xerusalén. Morreron 53 civiles xudeus e houbo 123 feridos

Traballadores rurais custodiados pola Policía de Asentamento xudía en 1948. O número de israelíes vivindo en kibbutzim (comunidades granxeiras socialistas), alcanzou o seo pico nos anos posteriores á declaración de independencia.

Tropas das Forzas de Defensa Israelíes cargan a través das planicies do deserto do Negev durante a guerra de Independencia de 1948. Menos de 24 horas despois de que Israel se convertira en estado, sete nacións árabes declararonlle a guerra ao novo país.

Unha rúa de Tel Aviv logo de que fora bombardeada pola Forza Aérea exipcia en 1948. Aproximadamente 6.000 xudeus e 10.000 árabes morreron nos combates que se sucederon ate 1949, cando Israel asinou catro armisticios separados.

Unha cativa xudía fuxe das tropas xordanas que invadiron Xerusalén durante a guerra de Independencia. A cidade santa foi anexada por Xordania en abril de 1949.
Grazas a Moviola polo magnífico traballo de selección e publicación.

Comentarios