REALMENTE OS PROBLEMA SON AS FRONTEIRAS?


Editorial de Jerusalem Post (19.05.08)


Parte que forma o límite externo de algo... A liña ou área raiana que separa as divisións políticas. Á administración Bush gustaríalle que Israel e os palestinos conviñesen unha fronteira de modo que todo o demais -Xerusalén, os asentamentos, a “ocupación", os refuxiados- o que sexa que poida engadirse a posteriori. Isto presupón que os palestinos ven o seu conflito con Israel como principalmente unha disputa fronteiriza. Iso parecía. Un mapa do Mandato Británico de 1921 mostraba as fronteiras de Palestina xa divididas entre unha patria xudía ao oeste do Jordan (o actual Israel, Cisxordania e Gaza), e outra área ao este pechada ao establecemento xudeu (a actual Xordania). A resposta árabe a dito mapa foi: "non se trata das fronteiras".

En 1937 a Comisión Peel ofreceu outro xogo de fronteiras. A Transxordania permanecería, por suposto, en mans árabes, e practicamente todo o que estaba ao oeste do Jordan tamén sería árabe. Darían aos xudeus a terra de Tel-Aviv que se estende para o norte, ao longo da planicie costeira, e partes de Galilea. Os árabes volveron a contestar: "non se trata das fronteiras".

Un terceiro mapa foi proposto polas Nacións Unidas en 1947, era a Resolución 181 da Asemblea Xeral, o Plan de Partición, que dividiu a Palestina ao oeste do Jordan (ao este permanecía o que agora é Xordania): debía dar aos xudeus un indefendible territorio en forma de dameiro (o taboleiro das damas), sendo a parte máis grande o entón totalmente árido Negev. Xerusalén, o epicentro da vida xudía, reivindicada desde o ano 70 da era actual, sería internacionalizado; un corredor diminuto uniría as partes truncadas de Israel. Para chegar ate Galilea os xudeus terían que cruzar a Palestina árabe. Os xudeus aceptaron o trato. Os árabes dixeron: "non se trata das fronteiras".

O 15 de maio de 1948 -hai hoxe 60 anos- os exércitos exipcios, xordanos, sauditas, sirios e libaneses, xunto cos irregulares palestinos, buscaron estrangular o nacemento de Israel. O seu fracaso á hora de conseguilo creou as liñas do armisticio de 1949. A Cisxordania, Gaza, os Altos do Golán e Xerusalén este quedaban todos en mans árabes. Non había entón ningunha "ocupación". Os xudeus dixéronlles: agora podemos vivir na paz? Os árabes contestaron: "non se trata das fronteiras".

Hoxe, hai 41 anos, as tropas exipcias manobraron no Sinaí tras declarar Gamal Abdel Nasser unha "guerra total". Os sirios, pola súa banda, prometeron "a aniquilación". Incluso o rei Hussein calculou que o tempo era maduro para mallar. Pero en vez de destruír a Israel, os árabes perderon máis territorio. O centro da civilización xudía, Judea e Samaria, estaba agora en mans de Israel, como a Monte do Templo de Xerusalén. Incluso entón os xudeus ofreceron: “Cambiemos terra por paz”. En agosto de 1967, os líderes árabes reunidos en Khartoum deron a súa resposta: “Ningunha paz. Ningunha negociación. Ningún recoñecemento”. Os tres Non. Dez anos máis tarde, coa elección de Menachem Begin, o valoroso Sadat Anwar veu á Knesset cunha mensaxe: “Realmente dámoslles a benvida para que poidan vivir entre nós en paz e seguridade." Exipto e Israel entón conviñeron unha fronteira e asinaron un tratado de paz. Os árabes condenaron ao ostracismo ao Cairo e Sadat foi asasinado. A paz nunca realmente floreceu.

E chegamos a 1993, Yitzhak Rabin asume un risco estratéxico sorprendente outorgando partes da Cisxordania a unha Autoridade Palestina recén creada. Hebron, Belén, Ramallah, Nablus, Jenin, Jericó, Tulkarm e Kalkilya todas volveron baixo a plena xurisdición palestina. Outros territorios foron colocados baixo o control civil da Autoridade Palestina, e esta tomou o control dos centros demográficos árabes en Gaza. A visión das matrículas verdes da Autoridade Palestina converteuse nun feito trivial en todas partes de Israel. Os puntos de control foron minimizados. A comunidade internacional verteu o diñeiro nas arcas palestinas con destino a esas áreas. Por fin os palestinos tiñan os parámetros dun estado á vista -un horizonte político. As partes aínda tiñan cuestións complicadas que abordar, pero a realidade no terreo mellorara moi notablemente.

No 2000, Ehud Barak ofreceu en Camp David a súa visión dun estado palestino viable. A “contraproposta” de Yasser Arafat foi a intifada de Al Aksa, unha orxía de atentados suicidas a escala nacional e local que, cos disparos na Cisxordania, levaríase máis de 1.000 vidas de civís israelís entre o 2000 e 2002. Claramente para Arafat a cuestión non eran as fronteiras.

Para que os israelís cheguen agora a tomar en serio a idea "dun acordo sobre as fronteiras”, os palestinos terían que declarar dunha vez para sempre que a súa disputa connosco, realmente, é sobre as fronteiras. E que eles aceptan o dereito de Israel a existir como un estado xudeu. Se eles fano, o resto será moito máis fácil.

Comentarios