O SUICIDIO, UN CAMIÑO PARA A SALVACIÓN NACIONAL

Por Amnon Rubinstein
Jerusalem Post


Gaza estase a converter nun símbolo. Con razón, insistimos na necesidade de que Israel acabe co diario bombardeo dos nosos civís; en efecto, parece obvio que Israel terá que levar a cabo finalmente unha acción militar -ningún país podería actuar doutro xeito- para facer calar as armas e os mísiles. Outro aspecto é igualmente significativo e concirne á actitude do goberno de Hamas respecto a unha tensión que non deixa de incrementarse: por unha banda, eles negocian - con Exipto, non coa ilexítima entidade sionista- un cesamento temporal de hostilidades. Pero pola outra, autorizan a ampliación da gama de ataques de mísiles, sabendo moi ben que isto apresurará o día no que Israel, baixo calquera goberno, terá que ordenar ao seu exército que entre en Gaza e despoxe a Hamas do seu poder. Tal é a política de Hamas: non só unha sanguenta guerra interminable contra a entidade sionista, senón tamén a súa disposición a perder o seu dominio sobre Gaza como parte da devandita guerra. Iso significa estar dispostos non só a sacrificar as vidas de homes, mulleres e nenos, senón tamén a sacrificar ao mesmo réxime establecido hai pouco mediante un golpe violento. Noutras palabras, é un proceso que esixe un enorme suicidio político: o shahid non será só o individuo, senón tamén o mesmo réxime. Isto pode soar a unha conclusión moi radical, pero como Ari Yossef Bar, tenente coronel retirado e administrador do Comité de Seguranza da Knesset, escribe no diario do exército, Ma'arachot, tales casos de suicidio nacional islamista son bastante comúns. El cita tres exemplos de réximes árabes musulmás que, irracionalmente, sacrificaron a súa mesma existencia, anulando o seu instinto de conservación, para loitar contra o inimigo ate un terríbel final.• o primeiro caso é o de Saddam Hussein, quen no 2003 podería ter evitado a guerra e a conquista permitindo aos inspectores de Nacións Unidas buscar (seica, innecesariamente) as armas de destrución masiva dondequeiran que quixesen. Aínda así, o goberno de Iraq optou pola guerra, sabendo moi ben que tería que afrontar o poderío dos EE.UU.• o segundo caso é o de Yasser Arafat no 2000, quen, após o fracaso das conversacións de Camp David e Taba, tiña dúas opcións: seguir negociando con Israel -baixo o mando de Ehud Barak, talvez o goberno israelí máis moderado e flexible que se poida topar- ou recorrer á violencia. El elixiu esta última opción, coa consecuencia de que todo o progreso cara a independencia palestina bloqueouse. A perda conseguinte da vida, en ambos casos, demostra a preferencia de Arafat polo suicidio máis que polo compromiso.• o terceiro caso é o dos Talibáns. Tras o 11-S, o seu liderado tiña dúas opcións: desenvolver negociacións cos EE.UU, con miras a extraditar a Osama bin Laden, ou arriscarse a unha guerra e á destrución. A opción que elixiron foi evidente: mellor morrer loitando que ceder unha polgada. Nos tres casos a conclusión é evidente: a guerra prolongada, a morte, a destrución e o suicidio nacional son preferibles ás solucións pacíficas dos conflitos: morrer é preferible á negociación cos infieis. A mesma conclusión, por suposto, é aplicábel aos palestinos que votan a favor de Hamas e do seu camiño suicida, e á decisión de Irán de encarar ao Consello de Seguridade na súa insistencia por adquirir armamento nuclear. Estes casos, aínda sen precedentes nos anais da historia, non deberían ser unha sorpresa. Se vostede glorifica o suicidio individual, se a morte é a chave para unha futura vida feliz, se a guerra en si mesma é santificada, por que non ampliar estas ideas desde o individual ao colectivo? Ao réxime en si mesmo? O suicidio convértese no camiño, tanto da salvación individual como da nacional. Por sorte, non todos os réximes árabes ou musulmás parecen pensar así. A gran maioría dos árabes busca a vida, a liberdade e a felicidade. Pero cando o tema é o odiado Israel, domina a tolemia, e non só nos iranianos. É un feito que o explícito obxectivo de Irán de "eliminar a Israel do mapa", e a súa ameaza implícita de utilizar armamentos nucleares con ese fin, é un obxectivo apoiado por moitos palestinos -aínda que eles tamén sexan "borrados" durante o proceso. O suicidio como arma na loita contra Israel adquiriu un grao tal de lexitimidade que a Occidente éllr imposible comprendelo. Esta desagradable conclusión debe ser afrontada. Por unha parte, debería levarnos a aumentar os nosos esforzos para acadar algunha clase de modus vivendi coa OLP e así diminuír o impacto dos fanáticos (a pesar de que calquera tipo de compromiso será rexeitado por Irán e as súas cohortes); mentres que pola outra, Israel, así como Occidente, debería estar preparado para unha longa, irracional e custosa guerra, diferente a calquera outra do pasado.

Comentarios