CONFERENCIA INTERNACIONAL: A AMEAZA IRANIANA
A república islámica, a loita de Israel pola súa existencia e as reaccións europeas.
(Unha crónica en exclusiva para AGAI desde Viena de Iliana Steiner e Carlos Penela)
1ª parte
Este fin de semana pasado, 3 e 4 de Maio, tivo lugar nun dos auditorios da Universidade de Viena a Conferencia Internacional: A ameaza iraniana – A república islámica, a loita de Israel pola súa existencia e as reaccións europeas, que contou coa participación de importantes expertos en política internacional, intelectuais e representantes da oposición democrática iraniana no exilio. O encontro foi organizado polo foro cidadán “Stop de Bomb – Coalición contra o programa iraniano de destrucción” que desde Austria e Alemaña tenta desde o outono 2007 dar a coñecer por medio de conferencias e publicacións a natureza e a realidade do rexime islamista de Teherán, tanto no que se refire á represión criminal da súa propia poboación, como á negación perversa do holocausto e os propósitos de borrar Israel do mapa, formulados de xeito explícito polo presidente Ahmadinejad.
Desde este movimento cidadán quérese ademais pór de manifesto a pasividade por parte da comunidade internacional e, en especial, da UE perante os plans de exterminio nuclear do rexime iraniano; a este respeito, a campaña “Stop the bomb”, por medio da recollida de asinaturas, tenta deter a colaboración económica de Austria e Alemaña con este rexime islamo-fascista, destacando nestes o enorme negocio que o propio Estado Austríaco, por medio da participación (en torno a un 30 %) no consorcio enerxético OMV (empresa petrolífera), pensa levar a cabo en Irán, o que suporía un importante sostén económico e un recoñocimento para o rexime dos mullahs.
Como sabemos da banalización e minimización que, en xeral, se fai desde a imprensa española (e tamén austríaca) acerca das ameazas de Mahmoud Ahmadinejad e do insólito papel que éste semella representar para certa “esquerda” totalmente desnortada do Estado español, Europa e Sudamérica, que ven no líder iraniano unha sorte de “novo amigo revolucionario”, cando en realidade se trata do representante dun rexime islamo-fascista, reaccionario, antisemita e represor, sostén do terrorismo internacional, quixemos estar alí para escoitar de primeira man as análises que se forneceron ao longo destes dous días en Viena e ofrecer un resume dos mesmos na presente crónica. A gravidade e transcendencia dos feitos, así como as implicacións políticas e morais que se derivan dos mesmos, así o esixen.
Antes de comezar co resume do relatorios e os temas que alí se trataron, gustaríamos incluir, pensando especialmente en todas as persoas que non coñecen esta iniciativa “Stop the bomb”, anexar o texto que se presenta na súa web: http://www.stopthebomb.net/ e que pode servir para comprender mellor a orixe deste foro e o propósito da súa denuncia (ofrecemos a versión en portugués que aparece nesta web):
A fins deste ano*, a OMV (empresa petrolífera) prevê concluir um contrato de 22 mil milhões de euros com o Irão. Este incremento das relações financeiras faz da Áustria e da Europa parceiros estratégicos e cúmplices de um regime político, que financia o terrorismo internacional e exerce violentas represálias contra a sua própria população, e que desenvolve armas nucleares que podem atingir a Europa e ameaçar a paz mundial. A perseguição sistemática do povo curdo, às minorias religiosas, como os Baha'i, a execução de homossexuais e as represálias contra as mulheres que se recusam submeter aos cânones islâmicos, são igualmente características do regime que profere ameaças genocídas contra Israel e contesta a existência do Holocausto.As fantasias repressivas, punitivas e de martírio, que estão longe de ser puras fantasias, renovam sob novas formas políticas e religiosas com a obsessão extirpativa do Estado nacional-socialista, incluindo a disposição de sacrificar a própria população para atingir objectivos apocalípticos. Por este motivo a política de desencorajamento não funciona a partir do momento em que possuírem armas nucleares. Consequentemente, os que quiserem manter um diálogo com a República Islâmica do Irão, terão uma atitude comparável à tido com os nazis, que resultou na guerra de destruição mais mortífera da história da humanidade.O contrato da OMV com o regime de Ahmadinejad constituiria um sucesso político e uma boa propaganda para o seu jihadismo destruidor, que tem por objectivo a instalação planetária da Umma islâmica.Para evitar chegar a esta situação é necessário impedir o programa nuclear iraniano antes que seja tarde. Este é um momento único para levar a paz ao Próximo e Médio Oriente. Uma verdadeira oportunidade.O mundo deve submeter permanentemente o Irão a uma pressão política e económica para reduzir o perigo que este constitui para o Estado de Israel. Isto significa que é necessário impedir a Europa de integrar este programa de destruição massiva, enquanto alvo dos mísseis nucleares e enquanto parceira da jihad. Por essa razão pedimos – em particular ao governo austríaco – de cessar o «diálogo crítico» com os mullahs e que sejam tomadas as seguintes medidas:
-interrupção imediata e unilateral das negociações entre a OMV e os mullahs iranianos.
-cessação das garantias financeiras dadas pelo Kontrollbank austríaco aos contratos com os mullahs iranianos.
-pronunciação de sanções pela ONU e EU com o objectivo de enfraquecer e isolar o regime iraniano politicamente e economicamente.
-apoio às forças da oposição iraniana que é a verdadeira alternativa ao actual regime e que se batem por uma sociedade laica e democrática.
* Em Abril de 2007 foi anunciado que a OMV e a Companhia Nacional de Petróleo Iraniana (NIOC) tinham acordado uma declaração de intenções relativa a um projecto de gás. Segundo as especulações do jornal austríaco Standart o volume total do negócio atinge os 22 biliões de euros. Durante muito tempo a OMV estimou que a conclusão do acordo ocorreria no final de 2007, mas desde meados de Dezembro que a data da assinatura é referida como «não sendo possível».
A conferencia abriuse o sábado día 3 de Maio ás 19:30 da tarde cun número importante de ouvintes (unha asistencia en torno ás 270-300 persoas, cunha presenza moi notábel de estudantes e xente nova entre o público). As palabras de benvida e apresentación do acto correron a cargo da Dra. Joanna Nitemberg, quen incidiu na gravidade das ameazas de Irán contra Israel e contra a estabilidade en Oriente Medio, na enorme represión interna que ten que padecer a poboación iraniana (en especial mulleres, homosexuais e minorías nacionais e relixiosas) e na gravidade que supón o negacionismo do Holocausto por parte do presidente iraniano.
A continuación, tomou a palabra a Dra. Ruth Contreras, en representación de “Scholars for Peace in the Middle East” de Hamburgo (coorganizadores das conferencias), grupo de docentes que desde o traballo científico e académico (publican, por exemplo, unha newsletter con máis de 20.000 abonados) tentan informar e analizar a situación en Oriente Medio, desde postulados laicistas e sen adesións partidistas concretas, denunciando a falta de democracia e o antisemitismo dos gobernos da rexión. Esta profesora tivo tamén palabras de recordo para todos aqueles exilados iranianos que non se atreveron a participar na conferencia polo medo que lles suscitan as posibles represalias do goberno dos ayatollahs, represalias reais que xa no pasado se teñen concretado por medio de actos terroristas e o asesinato de intelectuais e políticos no exilio de man de axentes do goberno iraniano en Viena, Berlín e París.
Pechou esta introducción Simone Dinah Hartmann, xornalista e unha das impulsoras principais do movemento “Stop de Bomb”, quen lembrou a longa nómina de intelectuais que apoian esta iniciativa até as actividades que este foro leva organizando tanto en Austria como en Alemaña desde outono do 2007: en Viena, por exemplo, o 30 de Abril, co acto que, baixo o lema “Ningún negocio cos mullahs iranianos!”, reuniu a profesores, intelectuais e decenas de cidadáns na praza da Stephansdom; ou, hai un par semanas, coa presentación, tamén en Viena, do volume colectivo editado por StudienVerlag: O Irán – Análise dunha dictadura islámica e os seus promotores europeos, coordenado pola propia Dinah Hartmann e o politólogo Stephan Grigat, membro do colectivo “Café Critique”, grupo que desde o ámbito universitario e cun posicionamento de esquerdas traballa contra a nova banalización da Shoá e o islamofascimo de reximes como o de Teherán.
A Conferencia organizouse a partir de aquí en 5 diferentes mesas de traballo, cada unha delas cun tema concreto e reunindo en cada caso varias ponencias de politólogos, historiadores, representantes políticos e intelectuais.
No entanto, serviu de prólogo aínda a intervención do filósofo e profesor canadiano na Universidade de Yale, Charles Small, quen mostrou a súa satisfacción por ver tanta xente nova no acto, lembrando as palabras de Martin Luther King a respeito do valor moral dos actos, de cada acto concreto; en relación a este feito incidiu tamén na importancia da educación da mocidade e da cidadanía en xeral en principios democráticos, en contraposición á cultura da morte, o fanatismo e o martirio que promulgan os reximes totalitarios islámicos. Alertou tamén do risco de que un segundo Holocausto se puidese repetir e fixo un resume das implicacións que nestes momentos ten o goberno iraniano co terrorismo en Oriente Medio: Siria, Líbano e Gaza. Foi tamén moi interesante e pertinente a alusión que este profesor fixo acerca do silencio das institucións académicas e das organizacións de dereitos humanos perante as ameazas do presidente Ahmadinejad.
A continuación Ruth Contreras leu para o público a carta de apoio á iniciativa do parlamentario austríaco do Partido Verde Allert Steinhauser, que versou sobre a falta de dereitos humanos en Irán, a necesidade dunha oposición civil e democrática desde Europa e e o perigo real das ameazas iranianas.
Á leitura desta nota de adesión seguiulle unha breve proxección que resultou especialmente emocionante: a videoconferencia do premio Nobel da Paz Elie Wiesel con palabras de apoio e denuncia; o escritor romeno, sobrevivinte de Buchenwald que leva toda a súa vida escribindo e denunciando os horrores do nazismo, afirmou que “o rexime iraniano vulnera todos os estándares de dignidade e decencia e que Ahmedinejad é o suficientemente claro nos seus soños e obxectivos, convertíndose a día de hoxe no primeiro difamador do Holocausto”. Elie Wiesel preguntouse tamén de xeito retórico e amargo “quén foran os seus mestres e cal é que sería a figura admirada por este individuo?” Pensamos que non é moi difícil intuir a resposta.
A primeira mesa redonda, moderada por Simone Dinah Hartmann, reuniu baixo o título “A ameaza iraniana: islamismo, antisemitismo e programa atómico” ao Dr. Patrick Clawson, vicedirector do Instituto para a Política en Oriente Medio de Washington, a Yossi Melmam, xornalista do Ha’aretz e experto a nivel mundial en temas de terrorismo e intelixencia, ao profesor Benny Morris, historiador da Universidade Ben Gurion de Israel e ao europarlamentario Paulo Casaca, do Partido Socialista Portugués.
Comezou falando Patrick Clawson, describindo o carácter do rexime iraniano, un rexime que desde a súa instauración coa revolución khomeinista leva asasinado a máis de 10.000 disidentes e ampliando os seus métodos de represión por medio dun sistema de prisións paralelo, fora do control dos tribunais de xustiza e nos que padecen aillamento estudantes, xornalistas, etc...Alén disto o rexime iraniano mantén vivas as redes do terrorismo islámico internacional, hoxe en día de maneira central en Israel e Iraque, inxectando cada ano perto de 200 millóns de dólares a grupos terroristas tales como Hezbollah e Hamas. Lembrou tamén a responsabilidade directa no exterior no asasinato de disidentes por parte de axentes iranianos, como foi, por exemplo, o caso dos tres representantes da minoría curda asasinados en Viena o 13 de Xullo de 1989, o caso “Mykonos” en Berlín, tamén contra disidentes curdos, ou as campañas de terror por medio de bombas en París anos atrás. Como exemplo que define de xeito moi ilustrativo o carácter mesiánico do rexime que temos diante, Clawson citou unha frase do propio Ahmedinejad: “A conta atrás para a destrucción da decadencia xa comezou”.
A continuación, o xornalista Yossi Melmann centrou a súa intervención en analizar o desenvolvemento do programa nuclear iraniano. As ambicións nucleares do Irán non son de agora, remóntanse, aproximadamente e de xeito máis directo, a 20 anos atrás. Xa na época do Sha, se procuraba este tipo de enerxía, oficialmente con fins de tipo civil, de abastacemento enerxético (estábase no medio da crise petrolífera) mas taméns con aspiracións militares menos manifestas. Coa revolución de Khomeini, e por motivos de tipo relixioso, o rexime non se mostrou especialmente interesado en procurar a bomba atómica; sen embargo, despois da guerra Irán-Iraque, o rexime dos mullahs foi considerando cada vez con máis forza esta hipótese, até o día de hoxe, no que é algo formulado explicitamente por Ahmedinejad de xeito ameazante e apocalíptico.
Así mesmo, resumiu a estratexia iraniana actual, que se basea en “gañar tempo” até dotarse da infraestrura e a tecnoloxía necesarias e alcanzar os seus fins, fora das regras da diplomacia internacional. No entanto, insistiu na importancia da presión diplomática e na toma de consciencia da ameaza iraniana, antes de que a situación desemboque nun conflicto bélico na zona, de consecuencias desatrosas; a este respecto, Melmann, como coñecedor directo da realidade en Israel, manifestou de xeito claro que as ameazas son percibidas como un feito en todo o espectro da sociedade israelí, por todos os diferentes grupos políticos e sociais do país.
Tomou a palabra entón o historiador Benny Morris quen afondou nas raíces deste tipo de islamismo político de carácter mesiánico, representado polo goberno de Ahmedinejad, onde o autosacrificio xoga un papel central; por este motivo, o desafío iraniano non pode ser comparado de ningún modo coa carreira nuclear doutros estados, tanto no pasado como no presente (caso da China, Rusia ou mesmo Corea do Norte). Morris reflexionou tamén acerca das consecuencias fatais de tipo belico ou mesmo dunha destrucción masiva que se poderían derivar, en caso de que a políticas de disuasión non deran resultado.
Neste punto gustaríanos puntualizar que, en ningún caso, este profesor apuntou como primeira saída ao conflicto a militar, tal a como se suxería de xeito totalmente parcial (e mesmo malintencionado) no xornal austríaco “Der Standard” no día de hoxe. O resume que na páxina 4 do número do luns día 5.05.08 se fai do acto titúlase de xeito torticeiro “Ameazas de Guerra desde o auditorio universitario”, e abranxe apenas o primeiro día das exposicións de xeito superficial e eludindo de xeito incríbel as intervencións que tamén tiveron representantes iranianos, a falar da situación de represión que vive a poboación iraniana. Sería que o obxecto do debate non se axustaba ao “guión” que este medio tiña previsto?
Esta trivialización do tema (presentando o acto case como o mero producto dun “lobby de presión”) por parte dun xornal da entidade que “Der Standard” ten en Austria e coa influencia que un xuizo deste tipo pode ter na opinión pública (este xornal xoga un papel semellante a “El País” en España) demostra o grao de irresponsabilidade ao que tamén a imprensa centroeuropea pode chegar e resulta un verdadeiro insulto para os que padecen un rexime como o dos ayatollas. E isto resulta algo aínda máis inaudito no caso dun xornal que se apresenta como voceiro dunha tendencia progresista e socialdemócrata.
Por último, como representante da “Realpolitik” europea e para fechar esta primeira mesa de intervencións, falou o europarlamentario portugués Paulo Casaca. Este veterano político socialista leva tempo traballando de xeito decidido por dar unha visión equilibrada e realista no conflicto de Oriente Medio e por alertar das ameazas iranianas de exterminio.
Nas súas palabras puxo especial énfase na necesidade absoluta de determinacións diplomáticas conxuntas por parte da UE para frear as aspiracións do rexime iraniano. Por iso, a respeito desta toma de decisións en común, lembrou por exemplo o caso do primeiro ministro británico, quen ten manifestado de maneira decidida a necesidade de presionar o goberno de Ahmedinejad; mais é evidente que esta decisión non ten ningún efecto real no escenario da diplomacia internacional se non se toma de maneira conxunta con todos e cada un dos membros da UE.
Así, e ainda que non sexan as únicas, as sancións económicas tamén serían vitais, segundo Casaca, para disuadir o expansionismo iraniano e as súas ameazas contra Israel. Por último, foi tamén moi elocuente ao advertir do perigo que representa o rexime de Teherán e das responsabilidades morais e políticas que están en xogo.
Logo da rolda de intervencións, estableceuse un diálogo co público, que puido formular as súas cuestións de xeito directo aos conferenciantes, diálogo que se prolongou até perto das 22:00 horas; con éste rematou o primeiro día da Conferencia que, como dixemos nun principio, contou cun número moi importante e variado de asistentes: estudantes, membros da comunidade xudía de Viena, profesores, exilados iranianos, representantes de dereitos civis, etc...
Como colofón a esta primeira parte da nosa crónica, gustaríanos anexar varios enderezos de interese e algunhas referencias bibliográficas básicas que poden axudar a analizar mellor os temas tratados nestes dous días de Conferencia en Viena:
- Sitios webs:
www.stopthebomb.net
http://www.cafecritique.priv.at/
http://memri.org/index.html
http://matthiaskuentzel.de/contents/
http://www.paulocasaca.net/artigos.htm
- Bibliografía:
Melmann, Yossi & Javedanfar, Meir: The nuclear sphinx of Tehran, Carrol & Graf Punlishers, New York, 2007.
Küntzel, Matthias: Djihad und Judenhass (Über den neuen antisemitischen Krieg), Ça ira, Freiburg 2002.
(Ilana Steiner e Carlos Penela)
Comentarios