Por Enrique Arias Vega
Artigo publicado no xornal gratuíto Metro (17/03/08)
Por fortuna, comenza a remitir esa epidemia de novelas retrospectivas, que reconstrúen unha historia dubidosa, chea de referencias esotéricas e inverosímiles. Resultou entretida mentres durou, iso si, sempre que non a tomáramos moi en serio. Agora emerxe outro tipo de narrativa, máis ben ciencia ficción, da que é un bó exemplo "Materia Escura", de J.J. Gómez Cadenas, científico español que exerce coma tal, coma lle ocurriu ao precusor do xénero, Isaac Asimov. Dígoo porque o presente artigo está a cabalo entre a historia que non sucedeu e o futurible predecible que podería acontecer.
Que acontecería se Israel non existira?
Para comenzar, desaparecería o único país democrático da zona, con liberdade de partidos, prensa sen mordazas e oposición política que poida manifestarse coma tal. Claro que tampouco morrerían civís palestinos a mans de soldados israelíes, por suposto, pero probablemente a súa sorte non sería mellor que a actual, na que tamén hai árabes asentados en Israel, e ben asentados, dende millonarios a ministros do Goberno. Os países de Oriente Medio, faltos da coartada de Israel, seguirían marxinando aos palestinos e ata poderían mantelos en campos de refuxiados. Iso si: Exipto quizáis se anexionase Gaza, e Xordania faría o propio coa outra beira do río Xordán. Sen a disuasión que hoxe exerce o estado israelí, os países árabes probablemente guerrearían todos contra todos, os extremistas apoderaríanse de Arxelia e Marrocos, o islamismo desestabilizaría o Golfo Pérsico e ata poderían desaparecer os poucos Estados laicos, coma Túnez. Todo isto é unha hipótese case literaria, por suposto. Pero plausible. No seu día realicei un exercicio parecido coa presunta desaparición dos Estados Unidos e, debido ao proamericanismo que se me achacou, logrei que moitos leitores me puxeran a pingar. Imaxino que o mesmo volverá a acontecer agora. Pero qué lle vou a facer, se o conto tal e coma o vexo.
Comentarios