O Álbum de Auschwitz é a única evidencia visual da masacre perpetrada en Auschwitz-Birkenau. É un documento único e foi doado a Yad Vashem por Lilly Jacob-Zelmanovic Meier. As fotografías foron tomadas a finais de maio e principios de xuño de 1944 por Ernst Hofmann e Bernhard Walter, dous homes da SS cuxa función foi tomar fotos identificatorias e pegadas dixitais aos presos (non aos xudeus que eran enviados directamente ás cámaras de gas). As fotografías mostran a chegada dos xudeus húngaros de Carpatho-Ruthenia. Moitos deles proviñan do gueto Berehov, o cal reunía a xudeus doutras cidades pequenas. O comezo do verán de 1944, foi o momento cume da deportación dos xudeus húngaros. Con este propósito unha liña de tren especial foi estendida desde a estación de tren fóra do campo ate unha rampla dentro de Auschwitz. Moitas das fotografías do álbum foron tomadas na rampla. Logo os xudeus debían pasar un proceso de selección, levado a cabo polos médicos e gardas da SS. Aqueles considerados apropiados para o traballo, eran enviados ao campo, onde eran rexistrados, despiollados e distribuídos nas barracas. O resto era enviado directamente ás cámaras de gas. Levábanos ate alí coa escusa de tomar unha inofensiva ducha, logo os seus corpos eran cremados e as cinzas esparexidas nun pantano veciño. Non só explotaban despiadadamente a aqueles xudeus que non asasinaban inmediatamente, senón que tamén os desposuían de todas as pertenzas que traían con eles. Inclusive arranxos dentais de ouro eran extraídos das bocas dos mortos por un grupo especial de prisioneiros. Os efectos persoais que os xudeus traían consigo eran seleccionados e gardados nun área denominada polos prisioneiros "Canadá" a terra da abundancia. As fotos no álbum mostran o proceso completo, excepto os asasinatos en si mesmos. O obxectivo do álbum é pouco claro. Non tiña propósitos propagandísticos, nin se advirte tampouco ningún evidente uso persoal neles. Asúmese que foi preparado como documento oficial para algunha autoridade superior, do mesmo xeito que ocorreu con álbums de fotos doutros campos de concentración. Lily nunca escondeu o álbum e en varias ocasións se publicou sobre a súa existencia. Inclusive presentouno como testemuño durante os xuízos de Auschwitz en Frankfurt nos anos 60. Ela gardouno durante todos eses anos ate que o famoso cazador de nazis Serge Klarsfeld a visitou en 1980 e convenceu de doar o álbum a Yad Vashem. En 1994 chegou o álbum a mans do laboratorio de conservación de Yad Vashem, onde se gardou información sobre cada unha das fotos no banco de datos computarizado do arquivo. O equipo do arquivo logrou comparar e facer coincidir as fotografías con fotos aéreas tomadas pola Forza Aérea dos Estados Unidos en diferentes ocasións durante 1944 e 1945. No ano 1999, o álbum na súa totalidade foi escaneado cun equipo dixital da máis alta calidade. O álbum contén 56 páxinas e 193 fotografías. Algunhas das fotos orixinais non se topan no álbum, aparentemente aquelas entregadas por Lily a sobreviventes que identificaron nelas a parentes. Unha destas fotografías foi doada recentemente a Yad Vashem. O álbum foi recentemente editado en español nunha edición do propio Yad Vashem e a Casa Sefarad-Israel.
Máis referencias:
Encyclopedia of the Holocaust, [Enciclopedia do Holocausto], Tel-Aviv, 1990. Gilbert, Martin, Auschwitz and the Allies, [Auschwitz e os Aliados], New-York, 1981. Greif, Gideon, We Wept without Tears, Testemuñes of the Jewish Sonderkommando from Auschwitz, [Choramos sen Bágoas, Testemuño dos Xudeus de Sonderkommando desde Auschwitz] Yale University Press and The Sue and Leonard Miller Center for Contemporary Judaic Studies, University of Miami, 2005 Hoess, Rudolf, Commandant of Auschwitz, [Comandante de Auschwitz],Cleveland, 1959. Klarsfeld, Serge (ed.), The Auschwitz Album, [O Álbum de Auschwitz] Lilly Jacob's Album, New-York, 1980. Kraus, Ota
Comentarios