ESPIÑOS E ESCORPIÓNS



Por Amós Oz

Israel non debe caer na trampa que lle tende Hamás e entrar en Gaza. A cantidade de vítimas nunha invasión terrestre á franxa será moito maior que o número de feridos polos Kassam durante sete anos. Ademais, en cinco dos sete anos consecutivos de lanzamento de foguetes, dominamos Gaza na súa totalidade, e de todos xeitos foron disparados desde alí centos de foguetes sobre Sderot, iso aparte dos ataques sanguentos que se repiten contra os habitantes das poboacións. Polo visto esquecémonos.
Tzáhal - Non caer na trampa de Hamás
A conquista de Gaza non forzosamente porá fin aos disparos de mísiles sobre Sderot e arredores. Ademais, Tzáhal será atacado diariamente con atentados suicidas sanguentos. Ésto e máis: unha invasión a Gaza unificará á poboación palestina e ao mundo árabe musulmán ao redor de Hamás, que actualmente está illado e denigrado pola maioría deles. Coa invasión das forzas israelís a Gaza, os combatentes de Hamás veranse aos ollos dos palestinos, do mundo árabe e da opinión pública como unha Massada palestina: algúns poucos contra decenas de miles, barrios marxinados enfrontándose a un poderoso exército, campamentos de refuxiados contra avións de combate, novos fronte a tanques, David fronte a Goliat.
Campos de refuxiados - Sobre espiñas e alacráns
Como conquistadores de Gaza, asentarémonos sobre espiñas e alacráns. Os nosos efectivos non terán un só día en paz, tampouco Sderot nin os seus arredores. Aínda nestes momentos de rabia, cando os nosos corazóns sofren ao unísono co padecemento contínuo dos habitantes de Sderot e as poboacións do Neguev, non debemos esquecer que a raíz do problema de Gaza está inmersa no feito de que miles de seres humanos podrecen alí en campamentos de refuxiados, castigados invernadoiros de pobreza, desesperación, odio, violencia e extremismo relixioso e nacionalista. Nunha perspectiva histórica non hai unha solución ao problema de Gaza sen que exista, aínda que sexa no horizonte, un chisco de esperanza para esa pobre xente desafiuzada.
Gaza - Massada palestina?
Que se pode facer agora? Débese chegar a un cesamento do fogo con Hamás. Un armisticio ten, por suposto, un prezo político difícil. Pero entre todo o que Israel pode chegar a pagar por unha determinación precipitada e errada, este é o menos fatal e o máis soportábel.
Artigo publicado no xornal israelí Yediot Aharonot - 13/2/2008

Comentarios