CARTA DE DEMISIÓN DE ABEL GARCÍA



4 de Febreiro de 2008

Quero antes de nada dicir que a miña dimisión non está motiva por ningún problema cos membros da Asemblea Local do BNG en Neda, nin tampouco co meu compañeiro do grupo municipal do BNG Manolo Castro. De todos eles sempre recibín bo trato, comprensión, respeto e cariño. Presento a miña dimisión como Concelleiro do BNG no Concello de NEDA (A Coruña) despois de ver como o grupo parlamentar do BNG no Parlamento Galego, co Sr. Aymerich ao frente, facía todo o posible para que non houbera Declaración Institucional o 27 de Xaneiro, DIA INTERNACIONAL DA MEMORIA DAS VITIMAS DO HOLOCAUSTO.
O BNG presentou á mesa do Parlamento un texto de “Declaración Institucional non negociable”, a sabendas de que non ia ser aprobada por PSOE e PP ou por algún dos dous grupos, co cal se non habia consenso, non habia Declaración Institucional, xa que a Presidenta do Parlamento esixia que houbera unanimidade entre os tres grupos, algo lóxico neste tipo de declaracións.O texto do BNG comezaba cun tímido e escuro recordo ao Holocausto, sen nomear en ningún momento a palabra “Holocausto” e sen nomear tampouco a palabra “xudeo” ou “pobo xudeo”. Sustituia a palabra Holocausto por “barbarie” e a palabra xudeo por “etnia”.

Pero o anterior non era o peor, o peor era a segunda parte desa “declaración intitucional non negociable” .A segunda parte era, nin máis nin menos, un ataque en toda regra ao Estado de Israel. Se “denuncia sen paliativos a blocaxe que sofre a franxa de Gaza, ou o muro de separación que está a construir o estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina que supoñen unha conculcación da legalidade internacional e dos dereitos das persoas e dos pobos” O dia que o mundo lembraba ás vítimas do Holocausto, na súa inmensa maioría xudeos, o BNG realizaba un ataque aos descendentes desas persoas, fillos e netos, que hoxe viven no Estado de Israel.O BNG ten tan pouca vergoña, que con toda intención esquécese de poñer no seu escrito, aparte da “violencia” de Israel, a violencia de Arxelia (120.000 mortos), Sudan (30.000 mortos e 1.200.00 persoas perseguidas e desprazadas )Irán (100.000 executados desde a instauración do réxime islamista, 6000 deles por ser homosexuais), Iraq (40.000 mortos polo terrorismo), España (1200 mortos polo terrorismo de ETA e islamista), etc…O BNG non di nada do grupo terrorista Hízbulá con máis de 30.000 cohetes apuntando a Israel e os seus membros entrenados por Irán e Siria .O BNG non di nada dos centos de cohetes lanzados contra poboacións israelíes por o grupo terrorista Hamás.O BNG non di nada dos máis de 2500 israelíes mortos dende o ano 2000 por atentados terroristas .¡¡¡ Pero claro esas violencias mencionadas non teñen importancia, non contan, nin se denuncian porque non son xudeos os causantes !!!.Que se pode esperar do BNG, cando un dos seus principais dirixentes e responsable máximo do principal partido dos que forman o BNG, a UPG (marxista-leninista), dixo na última Asemblea nacional do BNG que “Irán é un referente para a esquerda”Eu non podo permanecer máis tempo nun partido cunha cúpula dirixente que non ten respeto polas vítimas do Holocausto.
DIMITO por dignidade .
DIMITO porque dentro de moi pouco tempo visitarei o campo de exterminio de Auschwitz e non quero pasar por aquela terrible porta de entrada, coa frase “ O Traballo faravos libres”, sendo militante do BNG.
DIMITO porque non quero estar nun partido onde os seus principais dirixentes odian aos xudeos e ao pobo xudeo.
DIMITO porque non quero estar nun partido dominado pola extrema esquerda e que se comporta igual que a extrema dereita .
E DIMITO por vergoña, porque sinto moita vergoña.
Asdo: Abel García López (membro de Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI) ex–concelleiro e ex–militante do BNG.

Comentarios