ESE NIE FAI MÁIS PROBÁBEL A GUERRA CON IRÁN


Por Daniel Pipes
Jerusalem Post (13.12.2007)


Coa difusión o 3 de decembro do informe desclasificado National Intelligence Estimate completamente inesperado "Irán: intencións e capacidade nuclear" emerxeu un consenso ao redor de que a guerra contra Irán "agora parece estar fóra da axenda". Na práctica, o presidente de Irán, Mahmoud Ahmadinejad, afirmaba que o informe causa "un golpe fatal" aos inimigos do país, á vez que o portavoz do seu ministerio de exteriores chamábao "unha gran vitoria". Discrepo con ese consenso, entendo que a acción militar contra Irán agora parece máis probable que antes de que o NIE saíse á luz. O principal punto do NIE, contido na súa primeira liña, sostén célebremente: "Estimamos con elevada confianza que no outono de 2003, Teherán detivo o seu programa armamentístico nuclear". Outros analistas -John Bolton, Patrick Clawson, Valerie Lincy, Gary Milhollin, Caroline Glick, Claudia Rossett, Michael Rubin ou Gerald Steinberg- diseccionaron con destreza e refutaron esta parodia mal realizada, politizada e indignante de propaganda, así que non necesito explaiarme niso aquí. Ademais, importantes membros do Congreso "non están convencidos" coas conclusións do NIE. Os líderes francés e alemán rexeitábano, do mesmo xeito que a Organización do Tratado Atlántico Norte, e ate a Axencia Internacional da Enerxía Atómica expresaba as súas dúbidas. A Intelixencia británica está segura de que a súa homóloga norteamericana aceptou feitos falsos coma verdadeiros por motivos descoñecidos, á vez que a Intelixencia israelí respondía con sorpresa e decepción. Vaiamos pois un paso máis aló, e expoñamos cales son as implicacións a longo prazo do informe 2007. Polo ben do argumento, asumamos que o informe NIE de maio de 2005, no que 16 axencias de Intelixencia norteamericanas afirmaban "con elevada confianza que Irán actualmente está decidido a desenvolver armamento nuclear" estaba no certo. Asumamos tamén que hai tres posibles respostas norteamericanas ao incremento da capacidade nuclear iraniana:
1/Convencer aos iranianos para deter o programa de armas nucleares.
2/Detelo por a través da intervención militar (que non tería que ser necesariamente un ataque directo contra a infraestrutura nuclear, senón que podería ser máis indirecto, como un embargo aos produtos petroquímicos refinados que entran no país).
3/Permitir que culmine no logro por parte de Irán da bomba nuclear.
En canto á opción 3, o Presidente Bush observaba recentemente que quenqueira que "estea interesado en evitar a Terceira Guerra Mundial... tería que estar interesado en evitar [que os iranianos] dispoñan do coñecemento necesario para fabricar unha bomba atómica". Ate hoxe, o inútil NIE non lle fixo mudar de opinión. Parece compartir a opinión de John McCain de que "só hai unha cousa peor que Estados Unidos exercendo a opción militar. É un Irán con armamento nuclear". Xa que logo, a verdadeira pregunta non é se Irán será ou non detido, senón como. O NIE 2007 finiquitou na práctica a opción 1, convencer aos propios iranianos de deter o seu programa nuclear, porque este camiño esixe un amplo acordo externo. Cando países crave pecharon filas para aprobar a resolución 1737 do Consello de Seguridade en decembro de 2006, iso fixo que a dirección iraniana respondese con cautela e medo. Pero a tranquilizadora conclusión do NIE socava tan ampla cooperación e presión. Cando Washington presiona a algúns estados occidentais, Rusia, China e a axencia da enerxía atómica, eles sácano do caixón, airéano diante dos americanos, e rexeitan cooperar. O que é peor, o NIE deu mostras á dirección de mentalidade apocalíptica de Teherán de que o perigo de sancións externas terminou, que pode proseguir sen molestias co seu asunto da construción de bombas. Iso deixa a opción 2, a intervención directa dalgunha clase. Si, iso parece improbable agora, co NIE caendo como unha bomba e alterando o debate. Pero seguirá este exercicio de 1000 palabras moi criticado dominando o entendemento norteamericano do problema de verdade? Fará cambiar a opinión de George W. Bush? É moi inverosímil, porque estas proxeccións dan por sentado o equilibrio --que este informe pode por si só refutar todas as demais interpretacións, que non van ter lugar máis avances en Irán, que o debate acerca das intencións nucleares iranianas pechouse a principios de 2007, para non renovarse nunca. O máis seguro é que o debate continúe para evolucionar e a influencia deste NIE se desvaneza e se converta simplemente nunha de tantas valoracións, técnicas e non técnicas, oficiais e oficiosas, americanas e non americanas. En resumo, coa opción 1 desbotada e a opción 3 inaceptable, a opción 2 -unha guerra librada ou ben polas forzas norteamericanas ou as israelís- convértese no máis probable. Así axudaron a inxeniar o seu propio pesadelo os burócratas da Intelixencia abertamente partidistas de mentalidade e previsión limitadas que intentan agochar as realidades desagradables.

Comentarios