QUE HAI NA CABEZA DUN NEGACIONISTA?


Por Bernard Henri-Lévi

Coñecen a historia do SS que lle di a Primo Levi que non quedará nin un só xudeu para dar testemuño e que, se por casualidade queda algún, faríase todo o posible para que o seu testemuño non fose crido? Coñecen os eufemismos utilizados -evacuación, tratamento especial, reinstalación no Leste, etcétera- para evitar dicir «matanza masiva» e para borrar, polo tanto, ate nos discursos, as pegadas do que se estaba facendo?

[...] E, ademais, está o feito de que, neste asunto, xa non se trata de verdade e de desmentidos. Porque, a final de contas, que hai na cabeza dun negacionista? Cal é a fonte desta estraña paixón, que só se manifesta para ofender aos xenocidios e nunca para, por exemplo, negar que a terra sexa redonda ou que Mozart sexa un músico austríaco? Hai un odio dunha calidade sen igual. Unha vontade de ofender tan absoluta que só se pode comparar co odio antisemita ou racista. E o peor é que todos sabemos que, contra este odio, a verdade atópase inerme.

Comentarios