TEXTO DA DECLARACIÓN CONXUNTA DE PAZ ISRAELO-PALESTINA


A continuación, texto da declaración conxunta israelo-palestina, lido o martes en Annapolis polo presidente estadounidense George W. Bush:
"Os representantes do goberno do Estado de Israel e da Organización pola Liberación de Palestina (OLP), representados respectivamente polo Primeiro Ministro Ehud Olmert e o Presidente Mahmud Abbas, en calidade de presidente da Autoridade Palestina, conviñeron en Annapolis (Maryland), baixo o auspicio do Presidente de Estados Unidos George W. Bush, e co apoio dos participantes a esta conferencia internacional, o seguinte acordo conxunto:


"Expresamos a nosa determinación de pór fin ao derramamento de sangue, os sufrimentos e as décadas de conflito entre os nosos pobos: a entrar nunha nova era de paz, fundada na liberdade, a seguridade, a xustiza, a dignidade, o respecto e o recoñecemento mutuo; a difundir unha cultura de paz e non violencia; a combater o terrorismo e a súa incitación, veñan de palestinos ou de israelís. "Co obxectivo de chegar a dous Estados; Israel e Palestina, vivindo o un xunto ao outro en paz e seguridade, convimos lanzar de inmediato negociacións bilaterais para lograr un tratado de paz que resolva todas as cuestións pendentes, incluíndo as cuestións esenciais sen excepción algunha (...). "Covenimos establecer negociacións vigorosas, activas e permanentes, e a facer todos os esforzos posibles para chegar a un acordo antes de finais de 2008. "Con este obxectivo concluír que un comité directivo guiado conxuntamente polo responsable da delegación de cada parte reunirase con regularidade. "O primeiro encontro do comité directivo terá lugar o 12 de decembro de 2007. "O Presidente Abbas e o Primeiro Ministro Olmert continuarán reuníndose cada dúas semanas para seguir as negociacións e achegar toda a axuda necesaria para o seu progreso. "As partes tamén se comprometen a cumprir de inmediato as súas respectivas obrigas decretadas pola folla de ruta sobre unha solución permanente a dous Estados que resolva o conflito israelo-palestino tal e como estableceu o Cuarteto o 30 de abril de 2003, e conveñen formar unha estrutura estadounidense-palestino-israelí, dirixida por Estados Unidos, destinada a supervisar a aplicación da folla de ruta. "A menos que as partes o decidan doutra forma, a implementación do futuro tratado de paz estará suxeito á aplicación da folla de ruta, baixo supervisión de Estados Unidos".
Annapolis, 27 de Novembro de 2007

Comentarios