O FINAL DE TODOS OS FINAIS


Por Eitan Haber
Cando regresen todos os primeiros ministros de Israel do cumio de Annapolis, ou da posterior en Seattle, ou máis tarde de Dallas; unha vez que acougue o clamor das trompetas e os festivais da paz; dentro dun ano, cinco ou dez, esta será a situación: Israel volverá á súa casa, moitas decenas de poboacións detrás da Liña Verde serán desmanteladas, case 200 mil xudeus residentes en Cisxordania e nas Alturas do Golán construirán ou adquirirán as súas novas residencias no unha que vez denominouse, e aparentemente denominarase de novo, "a pequena Israel", dentro dos límites de 1967, máis ou menos. E Xerusalén, con toda a dor do meu corazón, será a capital de dous estados. Se isto non ocorre durante o goberno de Olmert, ocorrerá con Bibi Netanyahu como primeiro ministro, ou con Ehud Barak, ou Tzipi Livni, ou con alguén a quen aínda non coñecemos. Que non haxa malos entendidos. Persoalmente, non quixese que nada diso ocorrera. Como moitos israelís, tamén eu, un simple cidadán, quixera que Israel fose grande como o é hoxe en día, forte, poderoso e que saiba plantarse firmemente nas súas posicións. Lamento dicir que non é isto o que ocorrerá nos próximos anos e xeracións. O que aquí escribo xa se sabía inmediatamente logo da Guerra dos Seis Días; por iso, o entón Goberno de Levy Eshkol devolvería inmediatamente os territorios se os árabes acordaban a paz. Dito sexa de paso, Menajem Beguin era ministro dese goberno. Hoxe en día, en charlas fóra de protocolo e da prensa, destacados representantes da dereita din que eles entenden moi ben que iso é o que ocorrerá. Non hai outra alternativa. Fóra de Micronesia e as Illas Marshall, non hai quen acepte a "a gran Israel", e aqueles que saben o que un mundo adverso lle pode causar a Israel de 2008 en diante, comprenden tamén que finalizaron as dubitaciones. Aparentemente, iso é o que se ten que facer. Cando iso ocorra e Israel regrese a casa, o shock será insoportable e podería crebar a este difícil e amado país. Entón baixaranse os cartafois dos arquivos, os xornalistas furgarán nos protocolos, dos subsolos tirarán os programas e os nomes con telaraña de Rogers e Baker, e da Opción Xordana, e das conversas secretas con Nasser e Sadat, Hussein e Hafez Al-Assad, cos seus antecesores e sucesores. Porán todo, todo encol da mesa e o pobo de Israel preguntará con toda razón: Onde estivemos?, Que fixemos e porque non coincidimos con este ou aquel plan? Como foi que apedreamos con palabras -e unha vez a tiros- a persoas que apareceron e dixeron: acepten iso, iso é o que podemos. Calquera outra alternativa é peor? Unha ollada nos cartafois dos subsolos da historia ensinaranos que puidemos negociar cun Goberno en Cisxordania, razoable, prudente e simpatizante, pero iso si, xordano, e quedarnos con Xerusalén case toda xudía, cunha paz completa cos sirios -aparentemente sen a Meseta do Golán ou con ela arrendada por xeracións- e máis, moito máis. Entón xurdirán varios interrogantes. O máis difícil será: Se chegamos a isto logo de 40 ou 45 anos, por qué motivos matamos, e fundamentalmente, por qué razóns tivemos que morrer? Como foi que malgastamos recursos de varias xeracións en capital humano e económico? O que se percibe hoxe como "desastre nacional" para unha parte importante da cidadanía, será o ideal da mesma dentro de cinco, dez ou vinte anos. Isto é o que entenderon Menajem Beguin, Shimón Peres, Itzjak Rabin, Ehud Barak, e probablemente Bibi Netanyhau e Ariel Sharón. O mesmo Sharón -para moitos "o máis grande de todos"-, que foi o creador e promotor do "milagre dos asentamentos nos territorios ocupados". Iso é o que hoxe entende Ehud Olmert, e iso é o que calquera entenderá cando sente na cadeira de brazos principal da oficina do Primeiro Ministro. Polo tanto, Annapolis, esta semana é só un chanzo máis, só un, nese rañaceos cun interminable número de chanzos, onde en cada un deles descansan corpos sacros e puros, como raios resplandecentes, que nos alumean e exhortan a recapacitar e volver á realidade.

Comentarios