COMUNICADO SOBRE SENTENZA TC – NEGACIÓN DELITO XENOCIDIO



Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) queremos deixar pública constancia da nosa radical discrepancia coa recente sentenza do Tribunal Constitucional pola que vén de declarar inconstitucional o delito consistente na difusión de ideas ou doutrinas que NEGUEN UN DELITO DE XENOCIDIO.

Porque negar un xenocidio conleva, cando menos, un profundo desprezo pola dor das súas vítimas, e implica un ataque á dignidade de todas as persoas que conforman o grupo social perseguido, atacando así á base de calquera sociedade que se pretenda democrática.

E o Dereito como froito da sociedade da que xorde, non é neutral, establece sempre un sistema de valores, e coa súa punición delimita aquelas condutas que considera inaceptables. Neste sentido, ante o perigo actual que representa o racismo e a xenofobia, e aprendendo a tráxica lección que nos deixou o Holocausto nazi, a sociedade europea repudia a negación da súa existencia.

Eis a preocupación da Unión Europea para evitar que ningún Estado europeo se poida converter nun refuxio e centro de propaganda xenófoba que nos poidan levar a repetir novamente os terribles erros do século XX, lamentablemente coa recente sentenza, xa temos un erro, o noso.

Porque non é casual a presenza estes días entre nós do destacado negacionista e líder do KU KUS KLAN, David Duke, que ao abeiro da devandita sentenza pode percorrer con toda normalidade e tranquilidade España en actividades públicas nas que fai manifesta apoloxía do antisemitismo, da xenofobia e do odio racial. Lamentablemente en virtude da recente sentenza do TC a súa actividade é lícita.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) facemos un chamamento público á reflexión sobre este grave erro.

Vigo, 21 de Novembro de 2007


Comentarios

Jaume dixo…
Estimado Pedro:

Esta misma mañana he escrito un e mail de protesta y se lo he enviado al Tribunal Constitucional. Supongo que nisiquiera lo leerán pero no podía quedarme callado al ver que se le ofrece a los neonazis y a los racistas una tribuna para que puedan expresar sus mensajes de odio racial y de antisemitismo impunemente. Saludos!