Por Pilar Rahola
Mentres os esfameados e maltratados cidadáns da vella Birmania, manteñen o pulso á temible tiranía que os domina, e os primeiros mortos empezan a amontoarse na conciencia do mundo, a ONU volveu de demostrar a súa inoperancia máis flagrante, quizais a súa máis flagrante indecencia. E é a última dunha listaxe inacabable de vergoñas. O que pasou non é novo: unha ditadura, membro do consello de seguridade, China, e unha moi deficiente democracia, Rusia, vetaron unha simple resolución simbólica de denuncia contra outra ditadura, a do despótico réxime birmano. Todo queda en casa? É dicir, para preservar simbólicamente a decencia dos dereitos humanos, a ONU volveu a ser, por enésima vez, inútil. Días antes, fora a sede dunha das situacións máis ignominiosas das moitas que tamén acumula. cedera micrófonos e protagonismo ao líder dun réxime teocrático, totalitario, que se paseou pola Asemblea Xeral mostrando o seu rosario de homofobia, antisemitismo, machismo irredento e desprezo aos principios básicos da liberdade. Novamente, coa presenza sonora, estrafalaria, vergonzante de Ahmadineyad, a ONU servía para blanquear a unha ditadura, para darlle carta de igualdade co resto de países, e para cederlle un altofalante privilexiado desde onde chuspir o seu bilis. Nada do que pasou é novo, e desde que un día permitiu que un líder autoritario e violento entrase cunha pistola ao hemiciclo, e fixese o seu discurso, un tal Arafat, a porta abriuse a todo tipo de ditadores, imbéciles, indocumentados e provocadores: as pistolas lexitimábanse, e os violentos que cometían todo tipo de atentados, recibían carta de natureza. Algúns me dirán que Arafat era o líder dun pobo en loita, e que a ONU cumpría co seu deber de escoitalo. Sen dúbida, pero non recordo ningún outro líder de ningún outro país en loita, convidado a falar á Asemblea Xeral. E tampouco recordo nin unha soa resolución dese organismo en contra do uso de adolescentes palestinos en atentados, ou do terrorismo indiscriminado que se usa contra Israel. Dobre vara de medir? Máis ben, solidariedade sectaria e perversa. Se falamos das comisións, a vergoña chega a categoría de programa de humor. Libia presidindo comisións de dereitos humanos, Siria decidindo na comisión de loita contra o terrorismo (comisión que nunca serviu para nada serio, nin tan só para condenar o atentado de AMIA en Buenos Aires, onde está demostrada a implicación de Irán), China vetando resolucións, ningunha resolución contra a escravitude da muller nos países islámicos, inoperancia ante o drama do Sudán... A ONU é, hoxe, un vello dinosauro que mantén, extrañamente, unha patina de prestixio, alimentado permanentemente por unha progresía dogmática que esqueceu o sentido crítico no caixón dos recordos, e que usa a ONU para darlle no traseiro aos Estados Unidos e a Israel. Non serve para nada máis. Non serve para loitar contra ningunha ditadura. Pero é moi útil para desprestixiar a dúas das democracias máis sólidas do mundo. Agora é Birmania quen sofre a súa inoperancia, e así, a súa traxedia, móstrase aínda máis abandonada. Triste papel o dunha organización que naceu para preservar a liberdade no mundo, e converteuse na principal coartada das tiranías.
Comentarios