Unha entrevista de Pilar Mera
La Opinión de A Coruña (23.10.07)
En 1939, cando os nazis ocuparon Viena, a súa cidade natal, fuxiu coa súa familia a Budapest. Alí sobreviviu como puido ate que en 1946, despois de que os alemans e logo os soviéticos ocuparan Hungría, logrou chegar a Barcelona grazas á mediación dun diplomático español. Naqueles anos Jaime Vándor, que onte relatou a súa historia en Santiago, só era un cativo, pero hoxe recorda con detalle os horrores da persecución orquestrada polos nazis contra o poblo xudeu, na que foron asasinados máis de cen familiares seus
"As películas sobre o Holocausto son suaves, o que pasou foi moito peor". "En Budapest, vivíamos 51 persoas nunha habitación. Vin a moita xente morrer de fame e algúns, como o meu curmán de 16 anos, executados en plena rúa".
Jaime Vándor chegou a España hai 60 anos, cando tiña 14. Pero para entón a súa vida xa estaba marcada pola traxedia de ter sobrevivido á masacre de todo un pobo, incluidos "máis de cen" familiares seus en Austria, Hungría e Polonia. Agora, xa xubilado como profesor da Universitat de Barcelona, dedícase a relatar a súa historia, "porque vale máis o testemuñoo de alguén que sufriu aquelo que calquer libro ou película". Onte luns foi en Santiago, nunha conferencia organizada pola Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI).
-A súa infancia veu marcada polas mudanzas forzosas, sempre fuxindo dos nazis.
- En efecto, nacín en Viena en 1933. Pero cinco anos despois o tercer Reich se anexionou Austria, así que fuximos a Hungría, pois o meu pai era húngaro e logramos o visado. Unna vez en Budapest, él foise a Barcelona; quería levarnos alí canto antes porque él xa sufrira a I Guerra Mundial -foi prisioneiro dos rusos en Siberia durante tres anos- e confiaba en que España non entrase na II Guerra Mundial. Pero non foi ate 1946 cando as miña nai, o meu irman e máis eu logramos fuxir de Hungría.
- Cómo foron aqueles anos en Budapest?
- Ainda que por entón noutros países os alemans xa reclutaban a miles de xudeus para envialos á fronte -só sobreviviron 7.000 dos 50.000 soldados hebreos- en Hungría estivemos relativamente a salvo ate marzo do 44, cando os nazis ocuparon o país. Desde entón ate xaneiro do 45, cando o Exército soviético entrou en Budapest, foi cando sufrimos a verdadeira persecución nazi. Nese período, que na historia húngara se coñece como "os dez meses tráxicos", foron deportados a Auschwitz 600.000 xudeus nas provincias húngaras; a maioría morreron. E en Budapest faleceron case a mitade dos 200.000 xudeus que por entón vivíamos alí. Lembro que o primeiro día de bombardeos se suspenderon as clases, e que desde ese mesmo día todos os xudeus estábamos obrigados a levar a estrela amarela no peito.
- Cómo se as arranxaron para sobrevivir?
- Vivíamos 51 persoas nunha habitación, con só un cuarto de baño, o que xeneraba moitos problemas de salubridade, como piollos, etc. Ademáis, facía frío porque todas as fiestras foran destruidas nos bombardeos e no fogo cruzado dos cañóns. Cando víamos os avións, refuxiábamosnos nas habitacións interiores, porque non había lugar para todos no refuxio do sótano. Para buscar comida, as veces a miña nai se quitaba a estrela amarela e ia ao noso antigo barrio, arriecándose a ser fusilada se a descubrían. Recordo, sobre todo, o medo. Con todo, hai que dicir que a miña familia e eu éramos privilexiados, porque vivíamos nunha das oito casas que xestionaba a embaixada española en Budapest, que tiñan unha protección especial, como por exemplo que os que vivíamos alí non podíamos ser deportados. Aquilo foi unha iniciativa do diplomático español Ángel Sanz Briz e o italiano Giorgio Perlasca. Grazas a eles máis de 5.000 xudeus de Budapest logramos fuxir dos nazis. De feito, foi Perlasca quen nos consiguiu a miña familia, en 1946, os papeis para sair de Hungría.
- Máis que os libros de historia, a principal referencia que temos en España do Holocausto son películas como A lista de Schlinder oo O pianista. Son fieles ao que sucedeu?
-O cine nunca pode reflectir o sufrimento real, porque non sería soportable para a xente. Imaxina unha cámara de gas filmada en realidade? Non hai ninguén que poida soportar iso na sala dun cine. As películas sobre o Holocausto sempre están suavizadas, edulcoradas ao respecto do que realmente pasou, que foi muito peor. Eu vin tantas cousas horribles... vin a moita xente morrer de fame, execucións, suicidios pola desesperación, vin cómo violaban a mulleres... a un curmán meu de 16 anos pegáronlle un tiro na rúa.
- O antixudaísmo responde a herdanza do nazismo ou se debe máis ben á actitude de Israel en Oriente Próximo?
-O odio aos xudeus é unha hidra de mil cabezas que comezou hai 2.500 anos, por ser a única relixión monoteísta da época que, ademáis, non recoñecia aos deuses doutros credos. Hoxe en día o antixudaísmo se confunde ou máis ben se desfraza de antiisraelismo, cando ser israelí non é máis que unha nacionalidade. O conflito cos palestinos é territorial, non ten nada que ver coa relixión nin co Holocausto. Ademáis, hai outro Israel máis alá do conflito, e debemos dalo a coñecer.
Comentarios