AS PREMISAS DO DEBATE DO VEO

Por Josep Antoni Duran i Lleida

Desde hai uns días, a posibilidade do uso ou non do veo islámico nos colexios xera un amplo debate que vai moito máis alá do caso concreto vivido na escola pública Annexa-Joan Puigbert de Girona. Neste contexto, unhas declaracións miñas solicitando unha regulación clara da cuestión foron motivo suficiente para recibir máis descualificacions que razoamentos. O pasado día 9, o señor Abdennur Prado, presidente da Junta Islàmica Catalana, cargaba sen ambaxes contra a miña persona nestas páxinas. Outros, invocando o nome da multiculturalidade, e cun descarado reducionismo, tamén se sumaron tan contentos ao debate. A pesar de comenzar recibindo estas descualificacions que aportan ben pouca cousa, benvidas sexan se todo isto nos permite avanzar cara un debate serio e bastante máis construtivo ca o que se levou a cabo ate agora. Creo que no asunto do veo mestúranse argumentos diversos, algúns deles dun peso esmagador. A liberdade relixiosa ten que ser respetada, o dereito dos pais a decidir a formación dos seus fillos é, sen dúbida, dunha importancia fundamental: ninguén está obrigado a renunciar á súa cultura. Nisto non creo que discrepe nin un ápice do que di opinar, por exemplo, o señor Prado. O problema radica en definir exactamente as premisas do debate. Non podemos comezar a debater nada se non sabemos con qué criterios temos que facelo. A miña opinión é que calquera debate sobre a liberdade relixiosa ou a pluralidade cultural ten que facerse situándoo sempre no marco do respeito aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais. As liberdades democráticas non son as regras propias de ningún club cristiano nin de ningunha sociedade ocidental, senón conquistas da humanidade, avances irrenunciabeis polos que moitas persoas morreron e se sacrificaron de xeito heroico. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos non pode ser mediatizada por ningún costume nin por ningún afán desfrazado de respeito multicultural. As consecuencias dos costumes e incluso das manifestacións públicas relixiosas nunca poden supor unha violación destos dereitos. Nisto, o señor Prado e eu tamén estaríamos dacordo, e se el non está dacordo comigo, eu non podo estar dacordo con él. Isto significa que o uso do veo, por si mesmo, non posúe ningún elemento que non mereza o maior respeito. En cambio, non sería lexítimo se obedecera a unha práctica que o impuxera por razón da supeditación da muller ao home. Nestos asuntos do propio velo, San Paulo, na súa primeira Carta aos Corintios, afirma que a muller ten que cubrirse o pelo, así coma a súa sumisión ao home. Un veo islámico ou cristiano que se fundamente nesta argumentación propia de épocas e de mentalidades que xa deixamos atrás topa frontalmente co principio aínda máis importante da plena igualdade entre todas as personas, sen distinción de sexo, raza ou crenzas. Tampouco a invocación da "multiculturalidade" ou o dereito a manter a propia cultura están por riba do respeito aos dereitos e ás liberdades fundamentais. Díxose moitas veces que todas as culturas son valiosas, pero nin a evolución nin os avances en materia de dereitos humanos poden verse recortados nen hipotecados por ningún multiculturalismo acrítico. Se fose así, os dereitos afectados non serían nin universais nin fundamentais. O debate non debe ser tanto se pode ou non levar un veo como síntoma e garantía do pluralismo relixioso, senón se tras el existe imposición ou liberdade. O veo, é unha libre opción ou unha consecuencia da sumisión da muller ao home da cultura do islam? No primeiro caso, sería un debate que afectaría por igual ao veo ou a cualquera outro signo visible e ostentoso doutra relixión. No segundo caso, non é un debate relixioso, senón moito máis complexo. Se é por tanto, exclusivamente relixioso, nada que dicir. Se vai máis alá, quero engadir algunha reflexión máis. Os dereitos fundamentais da persoa non habitan só no teórico mundo da abstración académica, senón que se materializan en sociedades concretas. Giovanni Sartori, nun par de libros sobre o pluralismo, multiculturalismo e inmigración extranxeira, fala con claridade do multiculturalismo, e eu comparto a súa posición. O multiculturalismo non busca unha integración diferenciada, senón unha diferenciación multiétnica. Non todas as culturas merecen respeito nin todas teñen o mesmo valor. Atribuirlles a todas o mesmo valor é adoptar un relativismo que destrue a noción mesma de valor: se todo vale, nada vale: o valor perde todo valor. A nosa cultura fundaméntase no respeito aos dereitos da persoa, na súa dignidade, da muller e do home, e istos son valores superiores a calquiera outro. Manteño o meu respeito por todo o mundo, incluso cando, nunha entrevista neste mesmo xornal o pasado 3 de octubre, pregúntanlle ao pai de Shaima, Belkasen Saidani, se apoiaría a posibilidade de que a nena se quitara o velo aos 18 anos, xa que o islam non obriga a elo, e el responde: "Non, e a miña muller tampouco. A partir dos 16 años, as rapazas teñen que levalo". Estamos, pois, ante un debate de valores culturais máis que de pluralismo relixioso? Se iste fose o caso, hai que debatilo a fondo. É máis, creo que hai que facelo antes de que a sociedade comece a dividirse.

Comentarios