Este foi o discurso de Tzipi Livni o pasado martes nunha manifestación diante do edificio da ONU para expresar a súa disconformidade en que una persoa que amenaza con eliminar a outro estado membro de dito organismo, e nega reiteradamente o Holocausto teña a posibilidade de falar tranquilamente nese foro supostamente valedor da democracia e o respecto dos dereitos humanos no planeta.
Estimados Amigos,
Detrás nosa está Nacións Unidas; edificio fundado sobre a promesa do "nunca máis". E hoxe, reclamamos, a Nacións Unidas, vivir en conformidade con esa promesa. Facemos un chamado, a Nacións Unidas, a pechar as súas portas a Ahmadinejad, cun sinal dicindo "Ti non tes lugar aquí entre as nacións libres. Abandona o teu odio, incitación, terrorismo e ambición de armas nucleares e só entón poderás pasar. Deica entón; ¡sal de aquí e permanece fóra!
Queridos Amigos, Quixera agradecerlles, a todos, por vir. Sei que algúns querían estar na protesta, na Universidade de Columbia, onde deuselle, a este home, un podio para falar. E, saben que?: penso que Ahmadinejad si debe ir á universidade. Non a dar conferencias senón a aprender. Este home ten moitísimo que aprender sobre historia -especialmente sobre o Holocausto e a vitoria dos aliados! Necesita aprender sobre democracia e os seus verdadeiros valores. E necesita que se lle recorde onde, aqueles que promoveron a súa clase de odiosa ideoloxía, terminaron. Amigos, Non se equivoquen. Irán é non só unha ameaza para Israel, nin para os seus veciños. É unha ameaza para o mundo enteiro.
E hoxe preguntámonos, onde está o mundo? Onde están os seus valores? Por que dubidan mentres Irán bota a súa escura sombra de terrorismo en todo o planeta? Mentres o seu presidente ridiculiza o Holocausto e comercializa o odio.
Estamos aquí para dicir ao mundo, para reclamar do mundo, que se esperte ¡antes que sexa demasiado tarde! Estamos aquí para esixir que os aliados terroristas de Irán -Hamas e Hezbollah-, liberen aos nosos fillos Eldad Regev, Udi Goldwasser e Gilad Shalit ; e libérenos ¡Agora!
Estamos aquí para protexer a democracia, a verdadeira democracia, daqueles que abusan, fomentando a tiranía e o terrorismo. E estamos aquí -unidos- para apoiar ao Estado Xudeu, o meu Fogar Nacional, Israel, democracia orgullosa e vibrante, cuxos dereitos non poden negarse e non serán crebados.
Amigos meus, Isto non é unha manifestación de medo; é unha declaración de determinación. É unha afirmación daqueles que cren na paz e na coexistencia. Pero é, ademais, unha proba para aqueles que agardan que, Nacións Unidas e os estados do mundo, vivan conforme á súa promesa.
Para dicir ¡xa abonda! ¡Para defender os seus valores! ¡Para terminar coa súa hipocrisía! Non descansaremos nin calaremos ate que o fagan.
Manterémonos fortes, xuntos e unidos, contra este tirano. E triunfaremos.
Shana Tova para vostedes e todo o pobo de Israel.
Comentarios