ISRAEL E O CAMBIO CLIMÁTICO


Por Emanuele Ottolenghi

A semana pasada, o Parlamento Europeo foi escenario dunha conferencia patrocinada polo Comité para o Inalienable Exercicio dos Dereitos do Pobo Palestino (ou CEI), un grupo cun nome moi longo e unha orde do día moi curta: demonizar a Israel. O resultado da conferencia era previsíbel. A acusación máis común contra Israel consistiu en que era un estado de apartheid, unha acusación compartida pola maior parte dos asistentes. De todos xeitos, houbo innovacións no repertorio, como sinalou Daniel Schwammenthal no Wall Street Journal Europe. Clare Short, deputada británica e antiga ministra que dimitiu pola guerra de Iraq, culpou a Israel do recalentamiento global. O seu razoamento era que, xa que Israel distrae ao mundo co seu comportamento indomábel, o mundo non dedica o tempo suficiente, a atención e os recursos aconsellables ao verdadeiro problema: o cambio climático xerado polo home. Mentres tanto, o belga Pierre Galand estivo preocupado por se as tentativas de Israel de protexerse das ameazas de mísiles serían daniñas para a paz. (Un escudo de mísiles podería ser prexudicial para o desexo de Irán de destruír a Israel, o que por outra banda fai que a concepción da paz por parte de Galand pareza un pouca estraña.) No medio deste espectáculo, podíase ver ao ancián Aharon Cohen, membro da seita radical antisionista Hasidic Neturei Karta e quen recentemente asistiu ao congreso de negación do Holocausto de Teherán, paseándose pola reunión cunha pequena bandeira palestina fixada ao seu peito. Cohen non estaba entre os conferenciantes, pero a súa presenza foi estelar. Os abrazos que recibía nos ateigados corredores indicaban que os participantes estaban a moi pouca distancia do presidente de Irán Mahmoud Ahmadinejad e do supremacista branco David Duke.

Comentarios