O responsábel de actividades culturais da Casa de Sefarad en Córdoba, Jaime Sánchez, denunciou onte na Policía Local a aparición de pintadas nazis con símbolos como a esvástica e frases en alemán que dicían "xudíos fóra" e "atención xudíos". Sánchez se atopou estas pintadas pola mañá na fachada da Casa de Sefarad e na Sinagoga. Ás 11 da mañá Sadeco procedeu a limpar as pintadas ante a sorpresa de moitos turistas que pasaban pola rúa, xa que os debuxos, en vermello e negro, eran de grandes dimensións. Entre eles se encontraba a nova esvástica, que é un círculo cunha cruz no seu interior. Según Sánchez, a policía non se presentou e "o único trámite que fixeron foi recoller a denuncia". Esta non foi a primeira vez, posto que este centro cultural xa amaneceu con pintadas deste tipo hai 9 meses. Sánchez lembrou que a estatua de Maimónides tamén tivo unha gran cruz gamada pintada no peito, a cal "estivo 3 meses sen que a limparan". Criticou tamén a pasividade das autoridades ante este tipo de actos vandálicos, xa que a Xudería de Córdoba sofre cada certo tempo as consecuencias de actividades antisemitas. Sánchez cre que, a pesar de que as frases estean en alemán, os autores son cordobeses, porque, segundo él, son públicos grupos de cabezas rapadas con comportamentos semellantes, como por exemplo, dicindo "vamos a la Judería a pegarle patadas a los judíos". O empreado da Casa de Sefarad opina que isto se debe a "pouca sensibilidade e concienciación que hai en España sobre estos temas, porque España non sufriu de forma directa a barbarie nazi. E isto, á súa vez, xenera incultura e pouco coñecemento por parte de mozos que siguen unha estética porque lles gusta simplemente", di. A Jaime Sánchez non lle molesta que se produza unha simple pintada "senon que isto significa unha agresión e unhas ameazas, non só ao patrimonio, tamén ao pobo xudeu", explica o responsable de actividades culturais da Casa de Sefarad, que é un centro cultural privado e laico, que se encarga de recuperar a través de exposicións e actividades o legado sefardí (xudeo español). Ten un museo e para setembro están programados concertos. No verán recibe unha media de 100 visitantes diarios.
Comentarios
Ciertamente se trata de una triste notícia.
Lástima que en un país como España, con un pasado judío tan notable, exista tan poca sensibilidad hacía la cultura judía y la historia del pueblo judío, que también forma parte de la historia de España.
Hace algunos meses, a finales de Febrero, estuve en la ciudad de Toledo con unos amigos y visitamos varias Sinagogas, hoy museos, y la libería "Casa de Jacob". Pues en su fachada, aunque borradas, todavía eran visibles las pintadas de grupos neonazis. Lamentable y muy triste. Un saludo desde Catalunya!