Por Shlomo Ben Ami
O feito de que se convocase un cumio en Damasco do “eixo do mal” de Oriente Próximo -Irán, Hezbollah, Siria e Hamás- inmediatamente despois de que o presidente George W. Bush reclamase unha conferencia de "moderados" para promover un acordo de paz entre Israel e Palestina, volve mostrar ate que punto están entrelazados os problemas da rexión. A reunión de Damasco reflicte a concepción que ten Irán da paz entre israelís e árabes como unha importante ameaza estratéxica, que lle condenaría ao illamento nun contorno árabe hostil e liberado do seu conflito con Israel. Ademais, os iranianos convocaron o encontro para tratar de forxar unha alianza contra un posible ataque de Estados Unidos ás súas instalacións nucleares. Estados Unidos sempre soubo que os problemas de Oriente Próximo están interrelacionados, pero, durante moitos anos, equivocouse ao decidir as súas prioridades, porque non se deu de conta de que, para atopar un momento Arquímedes no problema de Oriente Próximo, era preciso buscalo na cuestión palestina, non na "guerra contra o terror", Iraq nin na necesidade de democracia nos países árabes. Bush tardou seis anos de políticas obstinadas e erróneas en recoñecer, por fin, que "Iraq non é o único asunto fundamental en Oriente Próximo". A iniciativa de Bush é un esforzo á desesperada para salvar a posición de Estados Unidos nunha rexión na que se topa á defensiva en todas as frontes. Resulta especialmente irónico que, en claro contraste coa súa propia retórica, o chamamento que fixo para que se celebre unha conferencia de paz de Oriente Próximo é un chamamento á guerra contra Hamás, o partido que gañou as eleccións, e á paz con Al Fatah, o partido que as perdeu. Non entanto, a iniciativa de Bush ten algunhas virtudes. Por fin recoñeceu o fracaso da Folla de Ruta e, por conseguinte, a necesidade de omitir as etapas intermedias e pasar directamente a un acordo definitivo entre israelís e palestinos. Ademais, tanto el como a secretaria de Estado, Condoleezza Rice, foron moito máis tallantes que de costume ao advertir a Israel que o seu futuro non reside en "a ocupación continuada de Cisxordania". Por outra banda, Bush mostrouse máis cerca que nunca de apoiar o plan de paz do ex presidente Bill Clinton, ao afirmar que "as fronteiras do pasado, as realidades do presente e os cambios acordados" serán os elementos que definirán a súa solución de dous Estados. Pero a estratexia de Bush ten graves contradicións. As regras básicas da conferencia exclúen aos radicais -Siria e Hamás-, co que lles empuxa a seguir actuando como terceiros en discordia. É absurdo crer que é posible alcanzar a paz sen a participación das forzas radicais. Mentres Hamás e Siria queden á marxe do proceso de paz orquestrado por Estados Unidos, non terán máis remedio que permanecer na órbita de Irán. Os sauditas, desde logo, están interesados en apoiar este desesperado intento estadounidense de lograr unha paz entre israelís e palestinos, sobre todo agora que, por primeira vez na historia, Israel non se opuxo a un acordo de venda de armas entre Estados Unidos e Arabia Saudita; o medo que teñen todos a Irán é un factor importante. Con todo, o feito de que Arabia Saudita desexe participar na conferencia pode ter un prezo demasiado elevado para Israel: o respaldo á iniciativa árabe de paz. Este é o motivo polo que a secretaria de Estado, Condoleezza Rice, tivo unha reacción precavida ante a ambigua aceptación saudita da súa invitación a asistir á conferencia.
Bush tivo razón ao pedir aos Estados árabes amigos que contribúan ao acordo de paz entre Israel e Palestina. Pero canta presión pode exercer sobre eles cando, ao mesmo tempo, sonlle tan necesarios para a súa "guerra contra o terror" e para conter a Irán? A súa petición de que Exipto e Xordania substitúan a Israel como porta de saída das exportacións palestinas, unha idea nova e valiosa, seguramente atopará resistencia. Para estes "moderados" e aliados de Estados Unidos, paz quere dicir concesións israelís, non sacar as castañas do lume a Israel, polo menos mentres se negue a apoiar o plan de paz árabe. A iniciativa estadounidense actual parece razoable, pero é moi pouco realista. Tony Blair, novo enviado especial do Cuarteto (Estados Unidos, a Unión Europea, Nacións Unidas e Rusia), pediu "unha conferencia con sustancia". Pero a Israel só se lle esixirá que estableza negociacións de paz se os palestinos toman medidas enérxicas contra o terrorismo -é dicir, arríscanse a ter outra guerra civil entre Al Fatah e Hamás- e eliminan a corrupción. Esa formulación -xunto a unha conferencia cuxo obxectivo é "examinar os avances cara á construción de institucións palestinas, buscar xeitos de apoiar novas reformas e apoiar o esforzo que están realizando as dúas partes"- axústase perfectamente á posición israelí. Pero as milicias palestinas demostraron, unha e outra vez, que non van abandonar a loita armada ata que exista un Estado palestino coas fronteiras de 1967 e a Xerusalén árabe como capital. Este é o escollo fundamental dunha estratexia baseada en crear a división entre os "moderados" do presidente palestino, Mahmud Abbas, e os "extremistas" de Hamás. Se Abbas pretende resultar vencedor, non será mediante "xestos" nin grazas a un proceso de "construción de institucións", por moi importantes que sexan estas. Só un acordo de paz como cómpre, que satisfaga as aspiracións fundamentais do nacionalismo palestino, poderá darlle a lexitimidade popular necesaria para facer fronte aos radicais.

Comentarios
Shalom. Un interesante análisis de una persona tan perspicaz como es Shlomo ben Ami.
Creo que la política de la administración Bush en Oriente Medio y Asia Central ha sido errónea y ahora intenta salvar los muebles como puede. Veamos, la democracia nunca debe imponerse a cañonazos y la gestión de la post-guerra en Irak ha sido desastrosa. Creo que si la administración bush quiere salir de Irak minimamente bien deberá negociar con siria e Irán, pues se corre el riesgo que el país árabe se convierta en un satélite iraní o que acabe siendo un estado islamista de corte sunní, como fue el Afganistán de los talibán.
Tiene razón Shlomo ben Ami cuando crítica a Bush su desentindimiento del conflicto de Israel con los palestinos en su primera legislatura. Un acuerdo de paz entre israelíes y palestinos sería muy bueno para una salida honrosa de la administración bush en Oriente Medio y lógicamente para la región. Pero ese acuerdo no debe a alguna de las partes, pues esa parte, como bien indica ben Ami, se lanzará a los brazos de Irán. Posiblemente Hamas ya lo haya hecho...
Desde mi punto de vista, la inseguridad de Ehud Olmert y su gobierno y la fragilidad de Abbas, tras la última fitna del mes de Junio con la toma del poder por parte de Hamas en Gaza, pueden obstaculizar el proceso de paz entre israelíes y palestinos. Esperemos a ver como se van presentando los acontecimientos. Interesante artículo. Saludos!