NAZIS
















Por Marc Vidal

O 5 de agosto de 1940 Janusz Korczak, ergueuse da liteira que presidía a sala principal do Orfanato da rúa Krochmalba de Varsovia. Sementou a súa cara de proxectos cun auga de seda que tapizaba o chan e as paredes de verde vello. Con todo, o médico polaco, coñecido polos seus contos infantís, e director do centro para orfos, foi arrestado. Xunto a 196 nenos foi deportado a Treblinka. Contan que ningún neno chorou. Ningún deles tratou de fuxir. Tragando a súa dor aferráronse ao seu mestre. Korczak marchou á fronte de todos eles. Unha testemuña describiu a escena dicindo que ate as pedras da rúa choraban en silencio ao ver a procesión. Os nazis non eran rebenta-mitins, nin independentistas. Nunca falaban de balcanización, pero tampouco obrigaban a saber catalán. Non vendían peixe nun mercado. O que a historia nos lembra é que os nazis enviaban, a diario, milleiros de seres humanos ás cámaras de gas. Deseñaron métodos para matar persoas en serie do xeito máis produtivo posíbel. Co gas Zyklon-B perfeccionaron o sistema de eliminar razas, pensamentos, opcións sexuais. Co fin de fundamentar terroríficas teorías raciais, científicos psicópatas no nome do nacionalsocialismo, inxectaban cloroformo no corazón de persoas de diferentes razas para comprobar os efectos nos órganos unha vez mortos. Korczak morreu en Treblinka, xunto aos nenos, ao chegar ao campo de exterminio. O seu recordo, e o dos case oitocentos mil polacos xudeus, civís eslavos, prisioneiros soviéticos, disidentes, xitanos, discapacitados, homosexuais e testemuñas de Jehová que morreron nese sinistro recinto pérdense na historia xunto aos seis millóns que aniquilaron os nazis no outros campos de exterminio. Temos a obriga moral de manter intacto o recordo das vitimas do holocausto. As torturas dos nazis non poden agora ficar na metáfora. Non é xusto, para os que foron aniquilados, utilizar o nome dos seus verdugos para definir ao contrario político cando este ten unha actitude intolerante. Non podemos chamar nazi, e xa esta, a quen non pensa coma nós, por moi violento que pareza, por moito que berre, por moito que nos zarandee. A intolerancia foi o xerme, xunto con outros factores, do exterminio e dos campos de concentración. Por sorte, agora a intolerancia, no peor dos casos e como moito, levaranos perante un xuíz.

Comentarios