Pregunta. Pódense facer historietas sen telas lido antes?
Resposta. En Israel non se podían ler cómics como en América ou en Europa. Así que comecei a facelos de xeito natural: gustábame debuxar e contar historias. Cando era pequena, xa debuxaba as historias que me inventaba, aínda que lle tiña que pedir á miña nai que puxese os textos. E non parei desde entón. Ate durante a guerra do 73, con apenas sete anos. Era unha visión infantil e cun compoñente macabro se pensamos que é unha nena que plasma unha situación durísima.
P. Hai máis dificultades en Israel para debuxar cómics por ser muller?
R. Hai dificultades para dedicarse ao cómic. Ser muller non creo que mellore nin empeorado as miñas posibilidades. En Israel é moi difícil facer cómics, pero non por ser muller. É curioso que, en Europa, é unha pregunta que sempre me fan, porque creo que a situación aquí si pode ser diferente.
P. "Metralla" é moi complexa, con tres historias entrelazadas: a procura do pai, o amor dos dous protagonistas e a situación política. Foi difícil escribir o guión?
R. Interactúan de forma natural. É un proceso estraño, pero cando algo é lóxico na vida, o é tamén na historia. A miña idea non era combinalos, pero ao escribir os personaxes cobraron vida.
P. Sorprende como a violencia é asumida polos israelís, pero na súa obra non hai xuízos. Tiña esa intención?
R. Nunca quixen facer cómics políticos, pero sempre quixen que a miña obra fose verídica. E na vida real o prosaico mestúrase co dramatismo máis extremo. Esa dualidade interésame e reflectila fai que a miña obra sexa universal.
P. O protagonista está ausente pero se converte nunha presenza constante. Foi difícil construír unha historia sobre un personaxe ao que non vemos?
R. Cre que é o protagonista? Si, é posíbel, aínda que non o pensei cando comecei a escribila. É parte do misterio da creación! Eu deixei que a historia fluíse e é posíbel que se vise afectada por ser unha obra que, en certa maneira, baséase na relación co meu pai, pero non é autobiográfica. De feito, a miña inspiración era un documental sobre as vítimas de atentados que non son identificadas e que ninguén reclama, pero é evidente que hai elementos autobiográficos nela.
"Metratralla" está editada pola editorial SINS ENTIDO
Comentarios