SREBRENICA, 12 ANOS APÓS O XENOCIDIO


Por Predrag Matvejevic, escritor croata, profesor de Estudos Eslavos na Universidade de Roma.


O duelo segue vivo no verán de 2007, doce anos despois do xenocidio de Srebrenica. Máis de 8.000 musulmáns bosníacos, de idades comprendidas entre os 14 e os 85 anos, morreron asasinados en xullo de 1995 nos arredores desta pequena localidade, próxima á fronteira que separa Bosnia de Serbia. “O maior xenocidio en Europa desdeo o xudeu na II Guerra Mundial” -así o chaman os bosníacos, e non só eles- está quizá máis presente hoxe que no momento no que se cometeu. botou raíces no sentimento, na memoria, na conciencia. Nin os habitantes de Srebrenica e a zona de ao redor que, logo de todo o que lles sucedeu, permaneceron no seu pobo, nin os que fuxiron para establecerse noutro lugar teñen xa fe en ninguén, nin sequera nos seus representantes directos en Saraievo. Considéranse traizoados por todos: polo xeneral francés Morillon, que proclamara de forma patética que a zona ía estar “protexida”, e polos demais: os soldados holandeses alí presentes baixo a bandeira de Nacións Unidas e o mando do xeneral Janvier, que lles deixaron en mans dos asasinos; Boutros Gali, secretario xeral da ONU, e ate o mando supremo do pequeno exército bosníaco, que, a pesar de ser un débil e posuír poucas armas, debería acudir na súa axuda. Como tamén lles traizoaron numerosos políticos que eles contribuíran a elixir e traizoáronlles os medios de comunicación internacionais, que non dedicaron a atención suficiente ás súas vítimas. Os habitantes de Srebrenica xa non teñen nada que perder, así que non é de estrañar que persigan ate aquilo que non poden obter: separarse da chamada “república serbia” en Bosnia-Herzegovina. Unha nova escisión nos Balcáns, coas consecuencias que poden imaxinar. Non é fácil describir a dimensión histórica dos feitos, e aínda menos a dimensión política, sempre determinada e imposta polos intereses e esixencias doutros, que non teñen suficientemente en conta a aqueles a quen se refire a realidade en cuestión. Son moitos os que falan sen cesar sobre a necesidade de axudar a Srebrenica, pero moi poucos os que o fan. Hai momentos nos que resulta verdadeiramente difícil saber que se debería de facer e como. Existe, ademais, en toda esta situación un erro innegable dos países occidentais que vén xa de antes. Os musulmáns bosníacos, uns eslavos convertidos tardíamente ao islam, eran quizá os musulmáns máis moderados do mundo. Un gran escritor pertencente a esa nación, Mehmed Mesa Selimovic, escribiu nun libro extraordinario titulado “O derviche e a morte”, traducido a case todas as linguas europeas: “Eramos demasiado poucos para ser un lago e demasiados para que nos tragase a terra”. Os nacionalistas serbios de Bosnia e os nacionalistas croatas de Herzegovina querían velos a todos engulidos pola súa terra natal. Europa prestou oídos cómplices á propaganda tendenciosa dos secuaces de Slobodan Milosevic e Franjo Tudjman, que presentaban aos musulmáns bosníacos como unha “plataforma”, unha cuña mediante a cal o islam ía poder penetrar en Europa. E, en cambio, non os viu como o que eran: o islam máis laico do mundo, un modelo que podía servir para contrapolo aos verdadeiros fundamentalistas islámicos, un modelo de islam europeo. Agora, feridos de morte e reunidos ao redor dos féretros dos seus irmáns, quizais perderon parte dese laicismo. De quen é a culpa? Non só dos criminais Mladic e Karadzic. estiven hai uns días en Srebrenica, pero non para participar, en absoluto, nas manifestacións e nos rituais conmemorativos. Vin o novo cemiterio musulmán (mezarje) e os Potocari nos que se produciu gran parte da traxedia, percorrín a cidade e os seus arredores. Puiden ver unha longuísima ringleira de mulleres, de criaturas infelices que perderon aos seus maridos, os seus pais, os seus fillos, os seus irmáns, os seus amantes -calcúlase que houbo máis de 8.000 mortos, todos homes- no pogrom máis espantoso ocorrido en Europa desde a furia antisemita de Hitler e Stalin. Tamén as “mulleres de negro” serbias foron a unirse ás viúvas musulmás. É difícil reprimir os sentimentos en presenza de escenas dese tipo; eu non puiden. Aínda sintome mal a pesar de estar de volta en Roma. ”Un número de vítimas case catro veces superior ao das Torres Xemelgas de Nova York”, din, e parece que é verdade. E a pesar diso, as noticias sobre Srebrenica foron a parar desde o primeiro momento ao fondo da páxina, entre outros sucesos de discreta importancia. A traxedia non inflamou as pantallas de todo o mundo. Ate nós, os ex cidadáns da antiga Iugoslavia, preguntabámonos, ao principio, se aquilo podía ser certo. Pois si, ocorrera o imposible. Ratko Mladic e Radovan Karadzic, os principais culpables -aínda que non os únicos- da matanza, cualificada polo Tribunal da Haia de “crime contra a humanidade”, están aínda en liberdade. E talvez o estéan por sempre. Nun número recente do semanario montenegrino Monitor, cóntase que a policía local tivo no seu poder a Karadzic xa en 1996, pero recibiu ordes superiores de non tocalo. Tamén tivo nas súas mans a Mladic un ano despois, cando este grotesco personaxe foi a “tomar o sol” á costa de Montenegro acompañado de quince gardacostas armados ate os dentes. E tamén a el deixáronlle tranquilo, porque era perigoso rodealo e desarmalo, e ninguén tiña ganas. Estiven hai pouco en Grecia, en Salónica, con motivo dun acontecemento literario. O guía que nos mostraba a cidade levoume a unha suntuosa vila que era a residencia real cando o soberano visitaba a cidade. “Nesta casa viviu tamén Radovan Karadzic”, dixo, case con orgullo. ¡Ai! Estamos na parte ortodoxa da Unión Europea. Pero é posible que Karadzic estea agora en Rusia. Aínda que tamén din que quizais se tope na montaña sacra, en Athos. En Bosnia puiden ler unha declaración, ao mesmo tempo cínica e vergoñosa, dun dos corifeos ultranacionalistas do aparello político atribuíble ao dúo Milosevic-Seselj: dicía que os musulmáns bosníacos amontoaron nos arredores de Srebrenica cadáveres procedentes de todas partes, e non só da súa xente, senón doutros grupos, para sumalos á conta e exhibilos. É unha historia que xa oímos cando se produciu a matanza -causada por granadas- de inocentes que buscaban un pouco de pan no mercado de Markale, en Saraievo: “Mátanse entre si mesmos para chamar a atención do mundo”, este foi o ton do comunicado ultranacionalista dos serbobosnios de Pale. Nunca se me ocorreu acusar de crimes semellantes ao pobo serbio, ao que amo e do que me considero irmán, do mesmo xeito que me opoño a identificar a todos os croatas cos ustasha nazi da II Guerra Mundial e coa súa reaparición en tempos de Tudjman. Pero non basta con pedir desculpas de xeito xeral ou abstracta: aos delincuentes hai que chamalos polo seu nome, condenalos e castigalos. É a única forma de proceder para restituír a dignidade a un pobo e lavar a conciencia. De non ser así, os Balcáns poderían volver incendiarse, Deus sabe cando, onde e como. Despois de todo o que aquí recordei, talvez resulte asombroso que quen viviu e soportado o imposible reclame agora máis do que sabe que pode obter. Se a Bosnía-Herzegovina actual conseguise librarse da mordaza colocada polos acordos de Dayton, se o Estado de Bosnia e Herzegovina se convertese verdadeiramente nun só Estado, unha comunidade formada por todos os cidadáns que o constitúen, sen divisións internas derivadas dunha guerra absurda, non faría falta facer ningunha petición concreta dese tipo; sería a consecuencia dunha situación natural. E, con todo, non sabemos canto tempo imos ter que agardar aínda para que se faga realidade.

Comentarios