REFLEXIÓNS SOBRE O MEDIO ORIENTE


Por Tzipi Livni

Durante demasiado tempo, Medio Oriente foi gobernado pola lóxica do “total = a cero”. A perda dunha das partes foi considerada como ganancia para a outra. Este pensamento traeu sufrimento á nosa rexión, axudou a polarizar a visión de cada parte con respecto da outra e a ferir a aqueles que buscan un terreo común. A verdade é que os pobos de Medio Oriente comparten o mesmo destino. Estamos “condenados” a ser veciños. Os nosos futuros están inevitablemente unidos. E ningunha paz será duradeira se fracasamos á hora de tomar en conta este feito. Isto é tan verdadeiro para Israel como para outras nacións da rexión. Construímos unha forte e dinámica sociedade democrática da cal moitos nos enorgullecemos. Aínda con todos os logros do país continuamos sendo unha nación que loita por cumprir o seu dereito básico a unha existencia pacífica, lado a lado cos nosos veciños da rexión. Con moita frecuencia, as posicións de Israel foron terxiversadas ou malentendidas. A miúdo houbo unha brecha entre a percepción e a realidade. E, raramente, a xente do Medio Oriente falou de forma directa aos outros, aberta e honestamente, sen esforzarse por botar culpas polo pasado, senón intentando compartir a responsabilidade polo futuro. Quero aproveitar esta oportunidade para compartir, directamente con vostedes, a visión de Israel e os seus intereses, de xeito tal que poidamos comezar un diálogo xenuíno, polo beneficio total da rexión. A razón de Israel foi -e continua sendo- ser unha democracia pacífica e un Estado xudeu, con eses valores presentes en harmonía e non en contradición, con eses mesmos valores que nos levaron a ter a visión de dous fogares nacionais, dous Estados -Israel e Palestina- vivindo un ao carón do outro, en paz e seguridade, aspirando a unha paz xenuína cos nosos veciños. Non desexamos controlar as vidas dos palestinos. Os terroristas palestinos tomaron, como obxectivo, a israelís, e nós debemos defendernos, se ben iso traeu parello traxedia aos palestinos. Tal como nos mostran os recentes feitos de Gaza, mentres os terroristas afiramn defender a promoción dos dereitos palestinos, na realidade só logran socavalos. Israel ten un interese persoal, compartido polos moderados de toda a rexión, na creación dun veciño estábel, próspero e pacífico, comprometido en facer avanzar ao Estado palestino non como algo oposto ao Estado xudeu. Tal como o demostramos a través da desconexión de Gaza, Israel está listo para dar dolorosos pasos, avanzando cara esta meta. Pero necesitamos saber se os nosos socios tamén están listos para o compromiso histórico e se o noso sacrificio traerá unha paz segura e duradeira. Nós tamén merecemos un horizonte político. O principio de dous fogares nacionais para dous pobos non é novo. Máis aínda, o seu significado máis profundo non sempre é apreciado. O establecemento de Israel proveu a resposta ás aspiracións nacionais históricas do Pobo Xudeu, daqueles que viven na Terra Santa e daqueles que viven fóra dela, daqueles refuxiados que fuxiron dos horrores do Holocausto e daqueles que deixaron ou foron expulsados de terras árabes e outras. Este debe ser, ademais, o verdadeiro chamado dun futuro Estado palestino, ser a solución aos reclamos nacionais do pobo palestino, aqueles establecidos na Marxe Occidental e Gaza e aqueles na diáspora; aqueles que esmorecen en campos de refuxiados e aqueles que gozan de iguais dereitos que os cidadáns doutros Estados. O establecemento de Palestina debe, en si mesmo, constituír a resposta ao reclamo palestino de retorno, sen permanecer como unha ferida aberta que manteña vivo o conflito. O principio de que ambos Estados deben vivir en paz e seguridade é evidente. O futuro Estado palestino non debe ser un estado terrorista. Nin os partidos, nin a rexión poden afrontalo. Por esta razón, a comunidade internacional insistiu en que o camiño para o establecemento do Estado palestino pasa pola aceptación dos principios do Cuarteto, incluíndo a renuncia ao terrorismo e a implementación das obrigas da Folla de Ruta. Calquera futuro asentamento necesitará incluír os convenios e garantías para asegurar que a seguridade será efectiva. Estes non son obstáculos para a paz, senón os principios fundacionais na que se asentará. Israelís e palestinos necesitarán, tamén, acadar un acordo nun límite común, que inclúa unha retirada territorial adicional. Están os que creen que se só puidésemos volver as manecillas do reloxio ate 1967, todo estaría resolto. Pero en 1967 non había un Estado palestino, non había unha conexión entre a Marxe Occidental e Gaza, e non había seguridade. Unha fronteira internacional, entre Israel e un Estado Palestino viable, é unha nova creación que non pode ser imposta, aínda que necesitará ser negociada de acordo coa Resolución 242 do Consello de Seguridade. Creo que estes principios básicos expresan un interese común compartido por aqueles que apoian a reconciliación israelí-palestina. Estas aperturas non son prol-israelís ou prol-palestinos. Son, simplemente, prol-paz. Para avanzar, israelís e palestinos -comprometidos cos principios do Cuarteto- teñen a responsabilidade de implicarse un co outro, cara a cara e, xuntos, crear as condicións para negociacións exitosas. Neste contexto, o Primeiro Ministro Olmert e o Presidente Abbas acordaron que, xunto coas medidas necesarias para mellorar a seguridade e a situación humanitaria, comprometeranse en discusións, frecuentes e substanciosas, sobre a natureza do futuro e viabilizar o Estado palestino como parte de calquera futuro acordo. Estas conversacións poden prover, a ambas partes, o horizonte político que buscan e ofrecer un modo -fóra da desconfianza e inseguridade- que caracterizan ás relacións israelí-palestinas desde hai tanto tempo. Mentres que non haxa un substituto para o diálogo directo israelí-palestino, o rol de apoio da comunidade internacional é esencial. Todos aqueles que apontoan a causa de paz necesitan manter unha postura inflexible contra os extremistas, atacar a incitación e a intolerancia, mentres fortalecen a aqueles que están verdadeiramente comprometidos coa coexistencia. Só así podemos demostrar que o diálogo e o recoñecemento mutuo, e non a violencia e o rexeitamento, producen resultados. Neste contexto, o rol do mundo árabe é crítico. Erramos no pasado por non involucrar o suficiente a actores construtivos rexionais que colaborarían co proceso de facer a paz entre israelís e palestinos. O marco da iniciativa árabe de paz presenta, xustamente, esa oportunidade para un compromiso rexional positivo. Se se utiliza correctamente, pode servir non como un ditado, que ate as mans ás partes negociadoras, senón como un vehículo para os Estados árabes de prover apoio e lexitimidade aos compromisos acordados que, ambos, israelís e palestinos necesitarán realizar como parte de calquera acordo futuro negociado. O mundo árabe e musulmán pode, ademais, actuar como catalizador para a reconciliación israelí-palestina por medio do avance, en paralelo, dos pasos para a reconciliación rexional e o outorgamento, a todos os pobos de Medio Oriente, de indicacións tanxibles dos beneficios que gozarán cando a rexión se atope en paz. Dese modo, o principio de normalización pode transformarse dunha vaga recompensa, ofrecida ao final do conflito, nun proceso concreto que axude a producila. Hai algúns signos alentadores neste sentido. O primeiro encontro histórico entre Israel e representantes da Liga Árabe, mantido no Cairo o mes pasado, pode ser un sinal do comezo dun proceso de traballo conxunto para apoiar a causa da paz e crear o clima no cal poida arraigarse. Non debemos facernos ilusións. Os inimigos da coexistencia, encabezados polos simpatizantes de Irán, Hezbollah e Hamás, farán todo o que estea no seu poder para sabotar calquera perspectiva de paz. Están determinados a transformar os conflitos, que son políticos e solucionables, en relixiosos e irreconciliables. Se o logran, prometen -para todos nós- un futuro de violencia, odio e desesperanza. Non podemos pechar os nosos ollos aos perigos que expoñen e non acadaremos a paz a menos que traballemos xuntos para conseguila. Non é suficiente -para os pobos de Medio Oriente- desexar pasivamente que os escuros designios dos extremistas non se materialicen. Si, hai unha alternativa de paz que ofrece un futuro máis claro, máis seguro e máis digno para todos nós. Ofrece, ademais, unha realidade alternativa para unha rexión construída sobre a esperanza máis que sobre o temor. Pero os pobos de Medio Oriente e os seus líderes deben ter a sabedoría e a coraxe de elexirla.

*Viceprimeira Ministra e Ministra de Relacións Exteriores de Israel Tzipi Livni

Comentarios