DISCURSO DE INVESTIDURA DE SHIMON PERES COMO PRESIDENTE DO ESTADO DE ISRAEL


Señora Presidenta do Parlamento,

Os meus colegas membros da Knesset: *

Compañeiros no longo camiño nos diferentes gobernos e no sistema de seguridade, na vida política e entre os colonizadores do Negev e da Galilea, Honorables todos. Atópome aquí, hoxe, emocionado e agradecido pola confianza que depositaron en min en representación do noso pobo. A vosa confianza éme moi valiosa; son o custodio dun gran deber, o cal eu, como Presidente do Estado, levarei con reverencia e profundo sentido de misión. Comprometereime a nutrir, incesantemente eses finos fíos de tea, que nos entretecen xuntos como nación, cando entre nós se atopa xente con opinións variadas, que loita ferozmente por elas. Debo recordar, sempre, que somos os fillos e fillas da Terra de Israel. Non temos, nin estamos buscando, outro país. Vostedes, aquí, na Knesset, continuarán mantendo polémicas existenciais, como debe ser nun parlamento democrático, mentres eu dedicareime a unificar, a fin que non haxa prexudicados no fervor da treboada. Hoxe, no meu corazón, conviven a alegría, fronte ao desafío que me encomendaron, e, tamén, a tristura á hora de partir. Deixo esta casa, o corazón latexante da democracia israelí, logo de ocupar as súas bancadas durante corenta e oito anos, máis da metade da miña vida. Amei o seu volume enxordecedor, os grandes debates, o tumultuoso espírito alcanzando e as reconciliacións inesperadas. Sei que aquí se é capaz de tomar decisións históricas aínda cando a democracia estea convulsionada. Sei que, agora, estoume indo do brazo executivo ao ombreiro unificador. Xa non son o mensaxeiro dun partido senón o administrador dunha nación, de todos os cidadáns do Estado. A partir deste momento, serei a voz e o comportamento para todo cidadán do Estado de Israel, para cada bebé e neno, muller e home, para o pobre e o ancián. A miña casa estará aberta para todos; as miñas mans estarán estendidas para todos e cada un. Cheguei, de mozo, a Israel e tiven o gran privilexio de servir á Nación. O home madura pero a fe nunca envellece. Renóvase, todo o tempo, a si mesmo. Como nas palabras do Profeta Xoel: "Os vosos anciáns terán soños, os vosos mozos verán visións". (Xoel 2: 28). Hai quince anos, fun a Vishniova, preto de Volozin, o meu lugar de nacemento, un berce israelí en chan estranxeiro. A aldea enteira foi destruída polo lume. Estiven alí, parado, con bágoas nos meus ollos, cerca da chea de pedras que cubrían a fosa común dos últimos xudeus que foron levados á sinagoga, feita de madeira, e queimados vivos -entre eles o Rabino Zvi Meltzer, o meu avó, de bendita memoria- coas súas talits (chales de rezo) sobre os seus ombreiros e a súa cabeza. O meu avó estudou na Yeshivá de Volozin xunto con Jaim Nachman Bialik. Formou a miña vida de neno. Ensinoume a páxina diaria da Gemara. Tocaba, no violín, tristes cancións xudías. No Día do Perdón, dirixía o servizo e, coa súa fermosa voz, lía a oración de "Kol Nidre". Ate o día de hoxe, esa pregaria fai ecos nos meus oídos e emociona o meu corazón. Desde Vishniova, continuei ate Volozin para ver o edificio da Yeshivá, establecida en 1804. Por fóra, sobre as pedras da parede, aínda seguen gravados os Dez Mandamentos. Por dentro, agora, hai unha pastelería, non kosher, por suposto. Fun a examinar as lápidas que quedaran no cemiterio. Estaban espalladas e, algunhas, rotas. Nunha delas, identifiquei o nome "Szymon Perski", un membro da familia, de quen, ao parecer, recibín o seu nome. Quedeime parado, en silencio, e estremecido fronte a esas pedras da nenez. A aldea na que nacín estaba completamente destruída. A casa onde nacín desapareceu entre as chamas. Só quedou a fonte. Probei a súa auga. Non cambiara. Pero o lume destruíu por completo todo o que era. Parecíame estar escoitando un berro das bocas do meu avó, a miña avoa e o seu único fillo que lles quedaba para mantelos. Gustoume poder murmurarlles, ao oído, sobre a nosa Independencia e contarlles sobre as Forzas de Defensa de Israel, sobre Dimona, sobre Entebbe. Sobre o extraordinario privilexio que lle foi dado ao seu neto de participar na restauración das ruínas do noso pobo, cumprir co verdadeiro contido do xuramento, "Nunca máis". Cando cheguei a Israel, estudei Agricultura en Ben Shemen. As miñas actividades públicas enfocábanse en "Hano-ar Ha-Oved" (Movemento de Xuventudes Traballadores). Caseime coa miña dona Sonya no Kibutz Alumot. En 1947, un ano antes da Guerra de Independencia, fun enrolado -por David Ben Gurión e Levi Eshkol- para servir nos cuarteis da Haganá e mudeime de Alumot aos cuarteis de defensa. Tiven o privilexio, mellor que calquera outro, de servir baixo as ordes do xudeu máis grande que coñeza, David Ben Gurión. Del aprendín que só unha gran indixencia, ten decretada unha gran salvación; que non existe, na vida, nada máis sabio que dar preferencia ao chamado moral. Tamén aprendín del que, na guerra, non hai opcións. Un debe triunfar. E para a vitoria, son necesarias persoas con coraxe e as ferramentas necesarias. Con todo, cando a oportunidade para a paz está creada, non a debemos perder. Non sabía por que Ben Gurión elixiume a min. Pero sabía o que agardaba de min: Arriscarse e non arrepentirse, non renderse ante as dificultades, non alarmarse pola visión, non temer ao mañá, non ser falso comigo mesmo nin cos meus compañeiros. Nese entón, era difícil imaxinar que, de 650.000 habitantes, medrariamos a un estado de 7.2 millóns de cidadáns, dos cales 1.2 millóns non son xudeus: árabes, drusos, beduínos, circasianos; unha fascinante rede de sociedade humana. Sabía entón, como o sei agora, que se non gozan de completa igualdade, non estaremos en paz con nós mesmos nin cos nosos semellantes. Resultaba difícil, por entón, imaxinar que deberiamos loitar polas nosas vidas, en sete guerras, en dúas Intifadas e en innumerables batallas. Estivemos sós. Con números inferiores e illamento internacional. Nunca desesperamos. Non perdemos unha guerra. E, en cada oportunidade volvemos sempre a levantarnos. Revivimos o noso antigo idioma, establecemos células sociais de avanzada, como os "kibbutzim" e "moshavim". Descubrimos unha particular habilidade para facer florecer o deserto. E unha brillante aptitude para a capacidade defensiva. Fomos innovadores na industria, progresamos e fomos visionarios na ciencia. Aínda os críticos severos de Israel non lograron agochar eses logros extraordinarios, eses momentos cume que xorden no horizonte da historia. Case sesenta anos do Estado. E o meu corazón está orgulloso de todo o que, xuntos, logramos. E do que nós, como unidade, soñamos: vivir con fe, buscar a paz, construír un futuro mellor. Pero houbo un pesado prezo. Aqueles que caeron na batalla. As familias aflixidas. Os fisicamente discapacitados. Sen o sacrificio demostrado polas Forzas Israelís, non teriamos alcanzado esta instancia. Deica hoxe, encabezando a axenda das nosas forzas, está a liberación dos tres soldados secuestrados: Gilad Shalit, Udi Goldwasser, Eldad Regev e todos os outros soldados. Eles son os nosos fillos e non descansaremos ate que os vexamos de regreso a casa, nos seus fogares, o noso fogar. Tamén, nesta ocasión festiva, duelo no meu corazón polo asasinato de Yitzhak Rabin. mataron ao noso gran líder, feriron os nosos corazóns. E nesta festiva ocasión, rezo polo benestar de Arik Sharon, o gran loitador e valente guía. Non soñei en converterme en Presidente. A miña fantasía de neno era ser pastor ou un poeta das estrelas. Ser elixido é unha gran honra para min, e non o menosprezo, ao expresar o secreto anhelo e os obxectivos manifestos da Nación de facer cumprir a xustiza. Expresar o unificador e respectar o singular. Sei que o Presidente non é gobernador, nin xuíz. Non é lexislador pero estalle permitido soñar. Establecer valores, dirixir con honestidade e compaixón, con coraxe e amabilidade. Non hai nada que prohiba ao Presidente efectuar boas accións. El ten o dereito, e ate a obriga, de servir á súa Nación, que é o seu pobo; educar co amor do pobo, do estado, de todos os individuos. Achegar a aqueles que se topan lonxe. Ocuparse da distancia remota. Axudar ao féble. Brindar consolo ao aflixido. Reunir ao pobo. Incrementar a igualdade. Tender unha ponte sobre as diferenzas. Apoiar a creatividade espiritual e científica. O Presidente debe mirar con coraxe a totalidade da película, e ver que se pagou un prezo pola construción do país e o seu crecemento vigoroso: a redución dos recursos naturais, o dano ecolóxico da paisaxe. E, como o resto do mundo, debemos movernos cara a unha economía limpa, responsábel e xusta. A viaxe máis fascinante, no século XXI, será o retorno do equilibrio na natureza. Trátase dunha oportunidade única para nós na que se deberá aproveitar a creatividade e o coñecemento israelí, en cooperación cos nosos veciños, e así crear unha nova rexión e unha nova paisaxe para o país e no noso contorno, retornando á cortesía, ao respecto do espiritual e ao amor ao libro. Os logros literarios de Israel non son menos que os seus froitos científicos e, de modo similar, garanten axuda e sublimidade. Incrementar o interese na cultura, ser considerados dos seus próximos. É deber do Presidente recordar á xeración, representada aquí na Knesset, que é moralmente responsábel daqueles que están aínda na súa plena mocidade. Permitirlles construír as súas propias vidas, correctamente establecidas, criados coa gran herdanza do noso pobo e guiados polo descubrimento de novos mundos. De feito, a sabedoría non é regresiva. E a responsabilidade non debe envellecer. A desesperación non ten ningún rol. E a corrupción pode ser eliminada. As guerras non son ideais xa que, tanto o vencedor como o vencido, pagan un pesado prezo. A paz é sostida por xente viva que respecta a vida. Vexo a necesidade de alentar á nova xeración para que se inicie na vida política e as xerarquías de liderado, a fin de comezar de novo. O seu entusiasmo é esencial para o noso futuro. Non hai lugar para o abatemento. De feito, o pobo xudeu é o inventor da insatisfacción. Somos un pobo que nunca aceptamos, nin aceptaremos, o asasinato, a falsidade, o dominio, a escravitude, a discriminación, a explotación, a claudicación ou ficar quedos. Desde que establecemos o Estado, debemos manter eses principios no noso país. As 169 palabras dos Dez Mandamentos, son, ate hoxe en día, a base de toda a civilización occidental. E a visión social de Amós e a política de Isaías, son o compás do noso camiño. Si. Creo en esclarecer ao mundo, en levar luz tanto aos pobos como ás nacións. Recordemos que a primeira oración no Xénese foi: "Que se faga a luz". Einstein dixo que o noso lema era a "chutzpah" (audacia); a "chutzpah" para socavar os convencionalismos, a "chutzpah" para renovar, crear, contribuír, para elevarse por encima do existente. A "chutzpah" creativa do pobo xudeu. Son consciente que existen normas. O Presidente debe ser como o Estado. Defender á lei, fortalecer a xustiza, axudar ao brazo executivo a cumprir cos seus deberes respectando a minoría. Pero ten o dereito de tratar co desexable. A carencia. A visión. Debe alentar os procesos de paz. Dentro da casa. Cos nosos veciños. En toda a rexión. A nova era, en calquera caso, rebaixa as fronteiras territoriais e reduce a discriminación entre a xente. Está baseada máis na creatividade que no gobernar. Israel debe ser non só un ben senón un valor. Un chamado moral, cultural e científico ao crecemento do home, de todo home. Debe ser un bo e cálido fogar para os xudeus que non son israelís, así como para os israelís que non son xudeus. E debe crear oportunidades iguais para todos os segmentos da poboación sen diferenciar entre relixión, nacionalidade, comunidade ou sexo. O Presidente debe apelar a cidadanía relixiosa e laica para que atopen aquilo que lles sexa común. Debe apelar aos palestinos e os países árabes, sen desdebuxar a súa herdanza, a participar na gran viaxe a través dun mundo construído sobre o intelecto, non só sobre a terra. Dar supremacía á educación. No futuro mapa de Israel, deben marcarse catro prioridades: Xerusalén, o Negev, a Galilea, e o Val da Paz. Xerusalén ten ansias de impulso e está sedenta de renovación. De ser a cidade, prometida para nós e santa para todos os crentes. Ser o centro espiritual e político para o pobo xudeu e o niño de pregarias para os que buscan a paz de todos os crentes. Ser un centro universal para a ciencia e un desafío intelectual para todos aqueles que chegan ás súas portas. A singularidade de Xerusalén é, tamén, o seu destino. O Negev (Rexión sur de Israel) comezou a espertar. Non se lle debe permitir xamais quedar durmido, outra vez. O Negev fai posible duplicar a área colonizada de Israel. Combateremos a súa aridez así como loitamos contra a hostilidade fóra del. Agora, os mísiles teñen radios de alcance distantes, que fan borrosa a diferenza entre a fronte e as zonas remotas (traspaís). Como os asentamentos están máis dispersos, a concentración dos obxectivos dos mísiles reducirase. O Negev permítenos aproveitar a enerxía solar e crear electricidade non contaminante para o Estado e desalinizar auga do mar e preservar augas de tempos remotos. Permite formar un terreo común de relacións económicas cos tres veciños: os xordanos, os exipcios e os palestinos. A Galilea: o seu encanto renóvase. Posúe unha beleza abafadora. A metade da súa xente son xudeus e a outra metade son árabes. É unha oportunidade para crear verdadeira igualdade. A Galilea invita á nova xeración a enriquecela con enerxía intelectual e establecer industrias non contaminantes, cubrila con vides e recibir a turistas. Chegará o día en que o Líbano se libere dos seus destrutores e Siria sexa redimida das súas ataduras, e a paz chegará desde o norte. O Val da Paz esténdese ao longo da fronteira entre nós, o Reino Hashemita e os palestinos. Poderá converterse nun refuxio de cooperación entre Israel, Xordania e Palestina. Xa os tres deron o seu consentimento. A Aravá será unha asombrosa área turística. Alí, unha serie de lagos artificiais poden darlle vida e facela atractiva. Ao longo dela un acueducto será construído cara ao Mar Morto para compensalo pola súa perda de auga. No dilatado do val, estableceranse parques industriais que ofrecerán moitas oportunidades de traballo para todos os socios. No Val da Paz veremos como, por primeira vez, será posible aproveitar a economía como trampolín para a paz. Unha sociedade -entre Xordania organizada e Israel moderno- axudará aos palestinos a superar a súa indixencia e establecer o seu país. Creo que a política se ocupará das fronteiras e a economía das relacións. As boas relacións fan posible a determinación de fronteiras seguras e acordadas. O Val da Paz é un desafío que pode crear entusiasmo entre os nosos irmáns na Diáspora, para participar no camiño dunha ampla visión co obxectivo de crear vida e paz. Tamén pode traer apoio dos países do Golfo. É posible entusiasmar á xente nova, ao unir a ciencia, o desenvolvemento e a paz nun só feixe. Teño a intención de dedicarme a promover as relacións entre Israel e a Diáspora, sumando unha dimensión intelectual e creativa. E, isto, xunto ao estímulo de relacións modernas cos países árabes. Dentro de nós existen enormes poderes creativos ocultos nas áreas espirituais, filosóficas, científicas e culturais. E no profundo tópase a obriga de asistir na aflición humana en calquera lugar, o lugar do pobre do voso pobo e o lugar do necesitado na súa rexión.

Os meus amigos, Membros da Knesset, Estimados convidados: Fun novo e tamén envellecín. Os meus ollos viron a Israel nas súas horas máis difíciles e tamén en momentos de logros e inspiración espiritual. Os meus anos sitúanme nun punto de observación desde o cal vese a escena da nosa vida como Nación renacente, que se estende con toda a súa gloria. É verdade que aparecen manchas na imaxe. É verdade que as veces erramos, pero por favor, créanme: non hai espazo para a melancolía. Os extraordinarios logros de Israel, nos seus sesenta anos, xunto coa coraxe, sabedoría e creatividade da nosa nova xeración, dan orixe a unha clara conclusión: Israel ten a forza para alcanzar gran prosperidade e converterse nun Estado exemplar, tal como nos foi encomendado polos nosos profetas. Permítanme seguir sendo optimista. Permítanme ser un soñador do seu pobo. Permítanme presentar o lado luminoso do noso estado. E tamén, se en ocasións a atmosfera é outonal, ate se hoxe, o día parece repentinamente gris, o Presidente que vostedes elixiron, nunca se cansará de alentar, espertar e recordar; porque a primavera estanos agardando no limiar. A primavera chegará definitivamente! E, como conclusión, quero expresar o meu agradecemento e amor aos meus dous bisnetos, aos meus oito netos, aos meus tres fillos, e á miña dona Sonya, quen nos uniu a todos entre doces lazos de amor e con modestia no seu corazón. Señora Presidenta do Parlamento

Grazas por cumprir o rol de Presidente con sabedoría e encanto. encheu un baleiro nun período difícil.

Señor Primeiro Ministro, Grazas pola confianza e cooperación, que me demostrou durante o período en que fun membro no seu goberno.

Estimados Amigos, Hoxe dígolles "Shalom" e "Au Revoir".

A miña residencia estará aberta para vostedes e para todo o pobo de Israel xa a partir de mañá pola mañá e o número telefónico estará dispoñible para todos. Deséxolles, desde o profundo do meu corazón, un continuo servizo leal en nome do Estado de Israel e o seu marabilloso futuro. Servirei a esta Nación dun modo diferente pero non con menos fe. Doulle grazas ao Creador do Universo, ao meu pobo, e a vostedes por darme tan grande privilexio.

Miles de grazas. Shalom para vostedes, e "Au Revoir" novamente.

Longa vida ao Estado de Israel!
* Discurso pronunciado na Knesset o pasado 21/07/07 con motivo da súa investidura como Presidente do Estado de Israel.

Comentarios