A OUTRA ANA FRANK. O DIARIO DE RUTKA.


A outra "Ana Frank".
O diario íntimo de Rutka, moza asasinada en Auschwitz, foi entregado ao Museo do Holocausto, Yad Vashem. A autora tiña 14 anos cando foi deportada a ese campo de concentración e puxo en mans dunha amiga súa os relatos. Yad Vashem, en Jerusalem, recibiu o diario dunha adolescente xudía que o escribiu baixo a ocupación alemana de Polonia, e que confiara a unha amiga antes de ser deportada.
Unha voceira do museo asegurou que o documento -que xa é comparado co "Diario de Ana Frank"- relata as vicisitudes de Ruth na súa vila de Bandin, ate abril de 1943, e que foi entregado pola súa medio irmá, residente en Israel. O pai de Rutka, que sobreviviu o Holocausto do pobo xudeu e emigrou a Israel, volveu a casar e tivo unha filla, Zehava Shertz, que recibiu hai dous anos o diario de Ruth de mans de quen fora a súa veciña en Bandín, Stanislava Spinska. "Teño a sensación de que estou escribindo por última vez. Hai unha redada na cidade. Non se me permite saír e éstoume volvendo tola, cativa na miña propia casa", escribiu Laskier o 20 de febreiro de 1943 desde o gueto xudeu en Bedzin, Polonia. Ao longo do manuscrito, dunhas de 60 páxinas -redactado en polaco- Laskier escribe sobre o amor, a morte e a vida rutineira no gueto. Unha voceira de Yad Vashem explicou que se cree que a moza foi asasinada inmediatamente despois de chegar a Auschwitz, en agosto de 1943.
A súa amiga ocultouno ate que topou á familia do seu pai, quen tamén perdeu á súa primeira esposa e a outros fillos na guerra, antes de emigrar a Israel. "Ela quería que o diario sobrevivise para que o mundo poidese ver como sufriron os xudeus", aseverou Spinska, de 82 anos de idade.

Comentarios