![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhBZgjqsrvM501ktRFfIoMX7GUo4jM74KAhtWXiGBs2DjGjKEeIMqhufSLhf1Uf3NVL18hXE_IoOYWMhri_UyZ7Gvwyi_IpEb4Le_StZR1h8dB7OVzJWiY_KRm-XQ3buGeZr2qi/s400/1.gif)
Por Pilar Rahola
Non é a primeira vez que expreso a miña simpatía co líder de Al Fatah e actual (e precario) presidente palestino. Durante o longo periplo do conflito palestino-israelí, Abbas sempre se mostrou como un home firme na defensa do seu pobo, pero, á vez, pragmático, diposto a consolidar pontes de diálogo seguros, e contrario ás vías mortas da violencia sectaria e a confrontación permanente. É certo que no seu pasado planea a sombra dunha tese doutoral e un libro ("O outro lado: a relación secreta entre o nazismo e o sionismo"), onde se coquetea abertamente co negacionismo, pero tamén é certo que pediu reiteradas desculpas, acoutou as súas afirmacións e, nunha famosa entrevista no Haaretz israelí, asegurou que o Holocausto era un crime indiscutíbel contra a humanidade. O feito é que este home, que acompañou a Arafat durante o exilio de Xordania, Líbano e Tunez, e foi o contacto clave na creación dunha rede árabe de espionaxe a favor dos palestinos, tamén foi o cerebro gris dos acordos de paz de Oslo, e no proceso de Camp David, foi contrario á inflexibilidade obtusa de Arafat. No longo periplo de violencia terror
ista, Abbas enfrontouse aos sectores violentos, e das moitas frases para a historia, recollo esta expresión nídia: "O pobo palestino ten dereito a expresar o seu rexeitamento á ocupación por métodos populares e sociais, pero utilizar as armas fai dano e é urxente detelo". Xente moi ben informada explícame un aspecto significativo do carácter deste político que podería ser o estadista que os palestinos nunca souberon ter. Minutos despois da caída das Torres Xemelgas, e con Mahmoud Abbas de viaxe a Estados Unidos, espertou a Arafat, díxolle que aquilo era un desastre, que tiñan que ser inequívocos no rexeitamento frontal a esa tolemia, e que era necesario parar, de raíz, a Intifada. O rais non lle fixo ningún caso, continuou permitindo e alentando os actos de terrorismo, e tardou poucas horas en organizar manifestacións de aberta celebración, a favor dos terroristas do 11-S, nas rúas de Gaza. Din os máis entendidos nos intrinculis palestinos, que Abbas sentiuse profundamente derrotado. Este home que finalmente detent
a a presidencia palestina, que ten unha visión intelixente e pragmática do futuro do seu pobo, e que podería ser o artífice dunha solución definitiva, chegou ao lugar oportuno nun dos tantos momentos inoportunos da historia palestina. Lonxe de poder gobernar a un pobo con horizontes afastados, viuse imposibilitado de xestionar o pesado lastre da herdanza de Arafat, unha herdanza de corrupción xeneralizada, militarización masiva, adoutrinamento fanático dos cidadáns e éxito do fundamentalismo islámico, alimentado durante décadas polas enormes irresponsabilidades dos países do contorno, e do propio Arafat, un líder funesto para un pobo errático. Abbas é o lider necesario para unha Nación que quere ter futuro. Pero este líder, decidido e dia
logante, non ten presente. O drama de Abbas é o drama de Palestina, un pobo usado e manipulado por todos os países árabes, secuestrado pola tolemia fundamentalista islámica e abandonado no calexón sen saída do odio xeneralizado. A situación actual non é culpa súa, pero é a culpa da suma inxente de graves irresponsabilidades que cometeron os palestinos ao longo da historia. Recordemos a cita do histórico Abba Evans segundo a cal, "os palestinos nunca perderon unha oportunidade para perder todas as oportunidades". Novamente se repite a tráxica historia.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg-nSYQ5kYgIAIduwa5k-9idhdL_Ba0gDNpCDvTtCHGLSnmyT57W3roU78PUbJOZLetLlqSvg6BKntAv1tdrsd3iL_fE7AnmSpSZWN0Ceccb77tZyFbycUs14GfRI68KMxc9Gdl/s400/2.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiDIqB58C3fPnYYD1HWLoZ8z3qMH5A4ilwnTViqRS6iDMkCvwTgbTR3wzgSjixhM2qJif58PeNXHBHMiuxxLFec9grRAYHhS62XX9uLHjAn0x6uEaRD1dWbO8eFEGIm9KU5vnci/s320/3.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi-dcb55Euu0kP_JtIHefUmi6ui4W7RVfv9RtEnk3SBW2Pw_BjmUCuL_zWpY_JGda57SH_Ge6KgW8kYUBN1VJilkscn6lk25zTIKG33rsoyZPnSjY4c8YJWE0-KWQvLsR3uXZo5/s400/4.jpg)
Comentarios