Por Daniel Pipes
Un dos grandes enigmas do Oriente Medio moderno é por qué tivo lugar a Guerra dos Seis Días, da que cumprense 40 anos estes días. Nin Israel nin os seus veciños árabes querían ou esperaban unha loita en xuño de 1967; a opinión de consenso entre os historiadores sostén que o indesexable combate foi produto dunha secuencia de accidentes. Aparecen Isabella Ginor e Gideon Remez, un equipo de marido e muller, para desafiar a teoría do accidente e ofrecer unha explicación plausible das causas da guerra. Como é suxerido polo título do seu libro, "Foxbats sobre Dimona: a xogada nuclear dos soviéticos na Guerra dos Seis Días" (Yale University Press), eles argumentan que foi orixinada froito dunha conspiración do Politburó soviético para eliminar a instalación nuclear de Israel en Dimona, e con ela as aspiracións do país por desenvolver armas nucleares. O texto reza igual que a solución a un misterio, manexando información de fontes de peso, guiando aos lectores paso a paso pola trama, establecendo unha versión intuitivamente lóxica que debe tomarse en serio. En suma, di así: Moshe Sneh, un líder comunista israelí (e pai de Ephraim Sneh, o actual ministro de defensa en funcións do país), dixo ao embaixador soviético en decembro de 1965 que un conselleiro do primeiro ministro informáralle "das intencións de Israel de fabricar a súa propia bomba atómica". Leonid Brezhnev e os seus colegas recibiron esta información con seriedade supina e decidiron - á igual que fixeron os israelís con Iraq no 1981 e poderían estar facendo con Irán no 2007 - abortar este proceso a través de ataques aéreos.
En lugar de facelo directamente, sen embargo, Moscova concibiu unha complexa trama para convencer aos israelís de comezar unha guerra que terminaría cun ataque soviético contra Dimona. Militarmente, o Kremlin preparouse rodeando a Israel cun exército de forzas con armamento nuclear tanto no mar Mediterráneo como no Mar Vermello, apostando efectivos sobre o terreo, e adestrando efectivos perto coa expectativa de utilizalos. A información máis sorprendente talvez en "Foxbats sobre Dimona" alude aos plans detallados das tropas soviéticas para atacar territorio israelí, e especificamente bombardear as refinerías e reservas de petróleo, e mobilizar aos árabes israelís. Non menos iluminador é saber que avións de recoñecemento fotográfico soviéticos MiG-25 (os "Foxbats" do título) sobrevoaron directamente o reactor de Dimona en maio de 1967.
Politicamente, o plano consistía en inventar informes de Intelixencia acerca de ameazas israelís a Siria, instando así ás forzas exipcias, sirias e xordanas a poñerse en pé de guerra. Segundo instruiron os seus amos soviéticos entón, o Gamal Abdel Nasser de Egipto desprazou as súas tropas contra Israel, eliminou a zona de contención das Nacións Unidas, e bloqueou unha ruta naval clave para Israel --tres medidas que xuntas obrigaron aos israelís a pasar a unha defensa aberta a todas as posibilidades. Incapaces de manter esta situación moito tempo, golpearon primeiro, caendo así disque na trampa soviética. Pero entón as Forzas de Defensa de Israel fixeron algo sorprendente. En lugar de loitar ate o esgotamento, como esperaban os soviéticos, lograron rapidamente o que eu chamei "a vitoria máis esmagante dos anais dos conflitos bélicos". Utilizando medios puramente convencionais, derrotaron a tres estados inimigos árabes en seis días, evitando así a invasión soviética proxectada, que tivo que ser desbotada. Este fracaso facía parecer de torpe o elaborado plano soviético, e comprensiblemente Moscova decidiu censurar o seu propio papel incendiando a guerra (a súa segunda debacle estratéxica importante da década - sendo a primeira a tentativa de despregar mísiles en Cuba). O texto tivo tanto éxito que a responsabilidade de Moscova na Guerra dos Seis Días esfumouse das crónicas do conflito. Así, un especialista na guerra como Michael Oren, recibiu con frialdade a tese Ginor-Remez, dicindo que non topou "ningunha evidencia documental" que a apoie. Se "Foxbats sobre Dimona" non é a última palabra, ofrece unha interpretación viable e excitante a sopesar por outros, con moitas implicacións. O conflito árabe israelí hoxe, coa súa atención nos territorios gañados en 1967, acompañado do antisemitismo virulento, orixínase en gran medida das decisións que tomou o Kremlin hai catro décadas. Todo o exercicio resultou baldío, posto que a posesión israelí de armas nucleares tivo impacto limitado sobre a Unión Soviética antes de que esta desaparecese no 1991. E, como observan os autores, "a nostalxia do século XXI pola presunta estabilidade da Guerra Fría é en gran medida ilusoria". Para acabar, 40 anos máis tarde, onde estarían as cousas se a Guerra dos Seis Días dos soviéticos non tivera lugar? Por malas que sexan as circunstancias no presente, presumiblemente serían aínda moito peores sen esa sorprendente vitoria israelí.
Comentarios