CONTRA ISRAEL SON MÁIS FELICES


Por Pilar Rahola

Foi Manolo Vázquez Montalbán quen acuñou unha desas frases que marca os pálpitos dunha xeración. O "contra Franco viviamos mellor", que el apuntou como un dardo contra unha esquerda anquilosada que non avanzaba máis alá da súa adolescencia, converteuse na metáfora dun estado de ánimo. Ao fin de contas, toda situación extrema é fácil de lidiar, non en van os bos e malos están definidos, algunhas tristes vidas acadan soños épicos, e a felicidade dos simples choupa nos territorios maniqueos. Na actualidade, algún líder político aínda habita na frase de Manolo, e así lle vai cos Mossos... Deixando a Franco baixo a lousa, o certo é que a concepción ideolóxica á contra, resulta cómoda nas formulacións que obrigarían a unha complexidade intelectual que non se dá nestes tempos de pensamento "fast food". E así vemos coma moitos conflitos, midense en función dos lentes antiamericanas e antiisraelíes que marcan a mirada da "esquerda auténtica". Contra EEUU viven tan ben estes solidarios de pacotilla, que só lles preocupan os conflitos onde as barras e estrelas ou a estrela de David ondean ao vento. E así, mórrense a milleiros en Darfur, porque non interesan os asasinatos do fundamentalismo do Sudán. Ou o horror das mulleres oprimidas do islam. Ou as guerras do África esquecida. Agora volve o horror ao Líbano, e as noticias explican, con sorprendente delicadeza, os movementos do Exército libanés. Son das que están encantadas de que o Líbano remate co santuario terrorista financiado por Siria e Irán. Pero chámame a atención que esa delicadeza non se dese cando Israel entrou no Líbano para o mesmo: acabar cun Hezbollah armado ate os dentes, que ameazaba a súa integridade. Se Israel se defende, é culpábel. Se ataca, é culpábel. Se morren os seus, son culpábeis. E se matan, son culpábeis. E é que hai unha progresía que explica o mundo en función da maldade israelí, e cando non lle cadra, a inventa. Díxoo un sabio hai xa tempo: para que preocuparse da realidade, se un é propietario dun bo prexuízo.

Comentarios