COMO MANIPULAR UNHA NOVA (SEGÚN "A NOSA TERRA")


ACHEGAMOS UNHA NOVA APARECIDA NO NÚMERO DA SEMANA QUE ANDAMOS (nº 1270) DO SEMANARIO "A NOSA TERRA", O DENOMINADO POR MOITOS, PRAVDA ENXEBRE. VÉXASE O TRATAMENTO DA NOVA E A CÓMICA INSISTENCIA EN CULPABILIZAR A ISRAEL DE... DE TODO. PEDIRLLE OBXECTIVIDADE A UN MEDIO QUE OBEDECE A LIÑA IDEOLÓXICA DA UPG, É UNHA PERDA ABSOLUTA DE TEMPO. LAMENTÁBEL MANIPULACIÓN. PROPAGANDA NO LUGAR DE INFORMACIÓN.


-------------------------------------------------------------------


O Líbano, campo de batalla entre Irán e Israel


Israel alimenta o conflito interno entre as diferentes faccións palestinas, favorece o avance de Fatah el Islam nos campos de refuxiados do Líbano e puxa por impoñer gobernos dóciles en Beirut e Ammán. Pola contra, Irán apoia a Autoridade Palestina e é partidario dun acordo con Siria para estabelecer un novo gabinete libanés antiisraelí. Nas costas mediterráneas vívese unha xogada letal dentro da gran partida bélica entre Teherán e Tel Aviv.
Hamas volveu iniciar os ataques con mísiles qasam contra posicións israelís. Responde así aos intentos de Israel de agrandar o conflito interno entre as faccións palestinas e á ameaza directa contra todos os membros do goberno de Ismail Haniia ao consideralos terroristas. Unha vez máis, Tel Aviv quere influír no equilibrio interno dos seus ocupados co afán de desestabilizar as súas precarias institucións políticas e contrarrestar o apoio iraniano ao goberno palestino, único soporte a día de hoxe dun país bloqueado en todos os aspectos.Mais onde o tirapuxa con Irán é máis evidente é no Líbano.
Israel aínda non esqueceu a dura derrota que sufriu na guerra do verán pasado a mans de Hezbolá (milicia apoiada por Teherán) e négase a perder influencia nun veciño tan próximo. Un dos xeitos de desestabilizar o país –que aínda paga os danos en infraestruturas que provocaron os bombardeamentos israelís– é provocar tamén nos campos de refuxiados o conflito entre palestinos. Moitas fontes indican que Israel apoia o crecemento de Fatah el Islam, un grupo islamista próximo a Al-Qaeda, composto por milicianos chegados doutros países muslimes, enfrontado a Hamas e Fatah.Os disturbios de Trípoli non agochan, no entanto, que no Líbano se está a vivir unha loita xorda polo poder entre as faccións máis favorábeis a Irán e Siria e aquelas que prefire Israel.
Os gobernos de Teherán e Damasco perfilan un gabinete equilibrado capaz de se arrepoñer aos ditados israelís e garantir a independencia dun país que segue intimidado polo exército veciño, que mantén tropas armadas en alerta permanente na fronteira e que, de cando en cando, ataca supostos campos de adestramento de Hezbolá no sur do país.O consenso existente entre todas as faccións libanesas antes da guerra do 2006 veuse abaixo cando Hezbolá considerou que o seu papel fora moi destacado, moito máis que o papel que tiña no gabinete de Fuad Siniora. As tensións no gabinete apartaron varios grupos do poder e creouse un ambiente favorábel a un adianto electoral.Israel mostrouse moi interesado en que as tensións políticas avanzasen un chanzo e se convertesen nun conflito armado.
A través das chancelarías occidentais e dos medios de comunicación, o goberno israelí quixo alertar sobre as arelas sirias para recuperar a influencia sobre o país –o presidente Emil Laud é partidario das boas relacións con Damasco. Por primeira vez en anos, até o goberno dos EE UU utilizou a diplomacia de Arabia Saudita para contrarrestar a influencia de Hezbolá e os partidarios de Laud.Estes mesmos medios falan hoxe do perigo que existe de que no Líbano estoure unha guerra civil entre xiítas e sunnitas ao xeito do Irak. Como se no Irak estivese ocorrendo iso espontaneamente e non pola presión dos intereses invasores dos EE UU e Israel.

Comentarios

Anónimo dixo…
ista xente en que realidasd viviran? matrix ou algo asi?.
Anónimo dixo…
E logo nom foi Israel quem arrasou parte do Líbano o mês passado?