Texto escrito o 11 de novembro de 1975 por Herbert Pagani, en reacción á adopción por parte da ONU dunha resolución asimilando o Sionismo cunha forma de racismo. Resolución posteriormente anulada.
ALEGATO POLA MIÑA TERRA
Por Herbert Pagani
Onte, estaba no metro e oín a dúas mulleres que dicían:"Viches outra vez eses xudeus coas súas historias na ONU. Sempre fodendo!"
É verdade.
Somos fastidiosos.
Hai séculos que levamos fastidiando ao mundo.
Esta na nosa natureza, que lle imos facer!
Abraham co seu Deus único,
Moisés coas súas Táboas da Lei,
Xesús poñendo a outra meixela agardando a segunda labazada.
Despois Freud, Marx, Einstein,
todos foron leantes, revolucionarios, inimigos da orde.
Por que?
Porque ningunha orde, calquera que fora o século, podía satisfacelos,
posto que sempre estiveron excluídos.
Reordenar as preguntas, ir máis lonxe aínda,
cambiar o mundo para cambiar o destino,
ese foi o destino dos meus antepasados.
Por iso son odiados polos defensores de todos os ordes establecidos.
O antisemita de dereitas reprocha aos xudeus ter feito a revolución bolxevique.
É verdade, había moitos, en 1917.
O antisemita de esquerdas reprocha aos xudeus ser os donos de Manhatan.
É verdade, hai moitos xudeus capitalistas.
A razón é sinxela:a relixión, a cultura, o ideal revolucionario por un lado,
as carteiras e os bancos polo outro,
son os únicos valores transportables,
as únicas patrias posibles dos que non teñen patria.
E agora que existe unha,
o antisemitismo renace das cinzas...
-¡perdón! das nosas cinzas -
e chámase antisionismo.
Aplicábase aos individuos, aplícase a unha nación.
Israel é un gueto,
Xerusalén, é Varsovia...
Os nazis que nos asedian falan árabe.
E se a súa media lúa disfrázase a veces de fouce,
é para mellor enganar ás esquerdas do mundo enteiro.
Eu que son un xudeu de esquerdas, non teño nada que facer con certa esquerda que quere liberar a todos os homes do mundo a custa dalgúns deles, porque son precisamente un destes.
De acordo coa loita de clases,
pero tamén polo dereito á diferenza.
Se a esquerda quere contarme entre os seus, non se pode aforrar o meu problema.
E o meu problema é que desde as deportacións romanas do primeiro século da era común, estivemos en todos os sitios deshonrados, desterrados, acosados, denunciados, esmagados, aldraxados, despoxados, queimados e convertidos á forza.
Por que?
Porque a nosa relixión,
é dicir a nosa cultura era perigosa.
Pois si!
Algúns exemplos...
O xudaísmo foi o primeiro en crear o Shabbat, día do Señor, é dicir o día de repouso semanal obrigatorio.
Imaxinádevos a alegría do faraón, sempre atrasado dunha pirámide!
O xudaísmo prohibe a escravitude.
Imaxinádevos a simpatía dos romanos, os máis importantes maioristas de man de obra gratuíta da antigüidade!
Esta dito na Biblia:
"A terra non pertence ao home, senón a Deus." Desta frase resultou unha lei, a da cancelación automática da propiedade hipotecada cada 49 anos.
Vedes o efecto dunha lei semellante sobre os Papas da Idade Media e os fundadores dos imperios do Renacemento!
Era necesario que os pobos non soubesen.
Empezouse por prohibir a Biblia, despois foron as maledicencias, muros de calumnias que se converteron en muros de pedras e que chamaron guetos.
Despois foi a inquisición, as fogueiras e máis tarde as estrelas amarelas.
Auschwitz é só un exemplo de xenocidio industrial, pero houbo xenocidios artesanais por milleiros.
Tardaría polo menos tres días nomeando só todos os pogroms de España, de Rusia, de Polonia e de África do norte.
A forza de fuxir, de moverse, o xudeu foi a todas partes.
Extrapólase e xa está: non é de ningures.
Estamos entre os pobos coma o neno na asistencia social.
Non quero máis ser adoptado.
Non quero máis que a miña vida dependa do humor dos meus donos.
Non quero máis ser un cidadán de aluguer.
Estou farto de petar nas portas da historia e agardar a que me digan: "Entre".
Entro e berro!
Estou na miña casa sobre a Terra e sobre a Terra teño a miña terra:
ela me foi prometida, ela será mantida.
Que é o Sionismo?
Redúcese a unha sinxela frase:
"O ano próximo en Xerusalén".
Non, non é un eslogan do Clube Mediterráneo.
Está escrito na Biblia,
o libro máis vendido e peor lido do mundo.
E este rezo volveuse un berro, un berrido que ten mais de 2000 anos,
e o pai de Cristóbal Colon,
de Kafka,
de Proust,
de Chagall,
de Marx,
de Einstein,
e ate do señor Kissinger,
repetírona, esta frase, este grito,
cando menos unha vez ao ano, o día de Pascua.
Entón o Sionismo, é racismo?
Non me fagan rir!
É acaso: "Doce Francia, querido país da miña infancia" un himno racista?
O Sionismo, é o nome dun combate de liberación.
No mundo, cada cal ten os seus xudeus.
Os franceses teñen os seus:
son os bretóns, os occitanos, os corsos, os traballadores inmigrantes.
Os italianos teñen os sicilianos,
os yanquis teñen os seus negros,
os españois os seus bascos.
Nós, somos os xudeus de TODOS.
Aos que me din: "E os palestinos?",
contéstolles: "Son un palestino de hai 2000 anos. Son o oprimido máis vello do mundo".
Discutirei con eles, pero non lles cederei o meu sitio.
Alí hai lugar para dous pobos e dúas nacións.
As fronteiras son a determinar xuntos.
Pero a existencia dun País non pode en ningún caso excluír a existencia do outro e as opcións políticas dun goberno nunca puxeron en xogo a existencia dunha nación, sexa a que sexa.
Entón por que Israel?
Cando Israel este fóra de perigo,
escollerei entre os xudeus e os meus veciños árabes,
os que me sexan irmáns nas ideas.
Hoxe, debo ser solidario con todos os meus, incluso cos que detesto, no nome deste inimigo insuperábel:
o RACISMO, a XUDEOFOBIA.
Descartes non tiña razón:
"penso logo existo", non quere dicir nada.
Nós, hai 5000 anos que pensamos, e aínda non existimos.
"Deféndome logo existo!"
Comentarios
O único que me gustaría engadir e que sen os xudeus probablemente, e lle pese a quen lle pese, viviríamos somerxidos na escuridade da ignorancia.
Moito lles debemos e moi mal agradecidos somos.
Que mala e a envexa.