Por Noemí Serra. Licenciada en Filosofía e Letras
"A cuestión xudea é unha cuestión nacional; para solucionala debemos de facer dela unha cuestión mundial que deberá ser resolta nun consello de nacións civilizadas. Nós somos un pobo, un pobo”, Theodor Herzl, Estado xudeu, 1896.
Despois de ter sufrido moito máis da conta, de perder polo camiño a seis millóns de compatriotas nos campos de exterminio nazis e outros moitos, no campo de batalla, defendendo con firmeza as súas posicións en Israel, conseguiron a súa independencia. Contra todo prognóstico, xa que os mesmos americanos non o vían posíbel. Preferían ir sobre seguro, non arriscarse en aventuras que prexudicasen os seus intereses na zona. Maniobraron contra as aspiracións dun Estado xudeu, tan lexítimo como calquera outro, tan merecedor como as vidas que foron arrincadas pola forza, diante mesmo dos ollos impasíbeis de Europa…
O dereito a volver a casa despois de ter sido expulsado por outros ocupantes, o dereito de emanciparse da tolemia que asfixiaba a súa vida, sinalada como responsábel do sufrimento da humanidade. Grazas ao sionismo e a loita pola existencia, chegaron ate onde están agora. O sionismo –o dereito de existir dos xudeus como Nación– foi a clave para as súas aspiracións nacionais, cousa que non podemos dicir do catalanismo político de 1892 coas Bases de Manresa, as cales quedáronse niso, un intento, unha idea, unha intención.
Aquila covardía innata do vencido, daquel ao que o acomodaron demasiado e lle escuece o feito de perdelo todo en calquera arremetida. Choveron moitos intentos durante a nosa historia contemporánea, pero os cataláns saíron cada vez máis debilitados. Entre as capillitas supostamente independentistas, non hai quen se entenda. Todos levan a súa razón aos mítines, non se mesturan entre si; engánannos con múltiples nomes, para aparentar unha loita unida, chea de diversidade e cor. Os outros independentistas xa institucionalizados están máis pola poltrona que polas necesidades de Catalunya e prefiren ceder ás lambetadas e coaccións no nome da democracia e do bo xogo politico. Discuten polo liderado, por quen sae máis na televisión, por quen pode facer mellor papel como interlocutor e, quen se pensa que se pode sacar de onde non hai. E finalmente, queda a burguesía rexionalista que se escandaliza por calquera petición honrada, lexítima e digna, pero só se contenta con lamber o cu en troques dun ministerio e esquécese de Catalunya mentres están arriba do todo; pero cando están na oposición, envelenan os aires que sopran a favor da emancipación: recurtan un Estatut que esixiron a berros e que votaron eles, cando hai oito anos negáronse en redondo.
Aquel catalanismo xurdido após séculos sufrindo represión estranxeira, é un espellismo para a sociedade catalá que vive conformada e feliz; todo o mundo co seu coche e o apartamento na praia, que vai a esquiar ou que viaxa en vacacións, que conseguiron un estatus inmellorábel, deulle a costas á responsabilidade de poder mellorar como colectividade. Son coma parte da comunidade xudia americana, que viven coa costas recta e esváralles o que poidan facer os seus irmáns rodeados de perigos. Sufriran demasiado no seu antigo fogar europeo e non lles convén ou non lles interesa comprometerse. A pesar da moda cada vez máis furibunda de moitos cataláns empeñados en declararse antisionistas, deberían de recoñecer, sen ambaxes, a nosa semellanza; somos unha sociedade complexa, cunha vontade inmensa de existir máis alá de toda prohibición ou rabieta española.
Comentarios