ONDE FORON PARAR OS PACIFISTAS PALESTINOS?


Por que cando se trata de inxustizas que o propio establishment palestino xera no seu pobo, levándoo unha e outra vez ao desastre, este non se rebela? A explicación de que "así son os árabes" non é suficiente para explicar o fenómeno.

Por Moshé Elad

Ynet A mediados dos anos '90, co inicio da implementación dos acordos de Oslo, aos activistas de dereitos humanos nos territorios parecíalles que Palestina sería un estado occidental e democrático. Comezaron a fundar a sucursal palestina de B'tselem, a organización israelí de dereitos humanos, a publicar notas de investigación sobre o goberno e ate a atacar a altos dirixentes que se corromperon. Todo iso durou ate que se toparon da noite para a mañá encarcelados coma o último dos delincuentes, sufrindo torturas que lles aprenderon unha cousa ou dúas sobre a "democtatura" palestina.

Recordo ate como un membro do Parlamento, que se atreveu a dicirlle a Arafat que era un presidente corrupto, foi baleado nas súas pernas ese mesmo día por un membro dos aparellos de seguridade da Autoridade Palestina, e quedou eivado para toda a súa vida. "Como é que non foi liquidado?", preguntei. "Para que quede un monumento", contestoume. "Para que sexa un exemplo vivinte do castigo que lle cabe a quen protesta". A anarquía que domina na Franxa de Gaza xera unha vez vez máis a pregunta: como pode ser que un millón 400 mil persoas se rendan con tanta facilidade a unha situación imposta que lles arruína a vida, e son levados como gando humano a unha "masacre" socioeconómica? Máis dunha vez escoito a quen non coñecen os costumes palestinos, preguntarse en voz alta: por que cando se trata de inxustizas palestinas o pobo non se rebela? Por que non se levantan contra a súa situación desastrosa? Onde están os palestinos moderados? Quen o escusa explicando que se trata dunha sociedade árabe, recibe coma resuposta inmediata o exemplo libanés: en Beirut hai unha sociedade que sabe saír á rúa coas súas bandeiras e manifestarse cando se sente mal.

Musulmáns e cristiáns saíron xuntos a manifestacións xigantes contra Siria, contra Nasrallah ou incluso contra Israel. Entón, pregúntase o preguntador, ¿por que en Gaza non os poden imitar? En verdade, existe un limiar de protesta nos territorios, pero se desprega sobre escalas separadas: está a protesta "israelí", ideolóxica, que é moi activa, empapada dun discurso de odio que comeza á idade parvularia. Esta protesta exprésase nun abano moi amplo de actividades contra "o inimigo sionista", desde manifestacións na rúa ate cruentos atentados terroristas. Esta vía sempre está en ascenso, e a súa máxima expresión son a nais "misericordiosas" que aceptan enviar ao froito do seu ventre a suicidarse nas rúas de Israel como mártires da protesta.

No outro bando está a protesta "palestina". Protesta, dixemos? Unha charla queixosa de reclutas no Najal co seu comandante de pelotón soa máis forte. Houbo, durante os últimos anos, non poucos intentos de organismos israelís e internacionais de inducir á sociedade palestina a ser máis crítica e menos sumisa para cos seus líderes e gobernantes. Quixeron crear unha situación na que hoxe houbesen movementos como un Paz Agora palestino, un Meretz palestino, ou quizais un Yossi Beilin ou un Amir Peretz (o da Central Obreira...) palestinos.

Oficialmente comezou co proxecto "Xente para a xente", concibido en embarazo extrauterino polos acordos de Oslo. Máis tarde os institutos de investigación, organismos de asistencia e fundacións filantrópicas (como a de Jimmy Carter) inxectaron sumas astronómicas de diñeiro para que, chegado o día, os habitantes de Jan Iunis e Rafah puidesen berrar "Pan, traballo" ou efectuar unha revolución en vivo e en directo, como no Bucarest de Chauchescu. Que lles ocorreu a eses organismos? Foron acusados polos palestinos de ser enviados do Mossad ou de estar auspiciados pola CIA, e para xustificar a súa existencia, hoxe en día confórmanse coa loita polo acceso dos cantantes da Autoridade Palestina ao festival Eurovisión, ou na convocatoria da selección de fútbol conxunta israelo-palestina, que xogará con Ronaldo ou Bekham.

Non xurdiu unha esquerda palestina anti-establishment verdadeira; non xurdiu ningún sistema de protesta lexítima nos territorios. A protesta interna afogada provocou á fin e ao cabo que unha sociedade netamente civil, non relixiosa e non extremista, elixise a un movemento islámico radical, destrutivo, para que os represente ante o mundo occidental. Iso é protestar! Nada valen o fame, a pobreza, a falta de seguridade nas rúas, a parálise do sistema educativo e un 50% de desocupación, fronte a un póster do Hamás que festexa unha vitoria Divina nas rúas de Gaza. A sociedade palestina paga o prezo dunha división que tan ben lograran disimular durante anos.

Existen varias sociedades palestinas, unha distinta da outra, na súa narrativa histórica, na súa mentalidade e na súa concepción do futuro. Os habitantes da "Costa", por exemplo, que se converteron nos homes da OLP no exilio xordano-libanés-tunisiano, enarbolan ante todo a bandeira do dereito ao retorno, mentres que os da "Montaña", que nunca abandonaron os territorios, puxeron como alta prioridade o "Tzumud", unha permanencia firme cuxo principio é a loita polas terras na Marxe Occidental. Os palestinos se empecinan en saír ás rúas e protestar como un corpo único, porque non hai unha sociedade palestina única. Tamén pagan o prezo da súa propia propaganda de anos de duración, ou sexa: quen sementa unha propaganda de mentiras, que non se sorprenda dunha colleita con forma de guerra civil.

Os "palestinos moderados" do tipo de Saeb Erekat, Hannan Ashrawi e Nabil Shaat serven para seminarios en Harvard, non para xerar cambios. Superan ao esforzo de esclarecimiento israelí, pero non poden sacar a un só palestino ás rúas de Gaza. Que se esforcen. E cando triunfen, saberemos que hai ao lado palestino un verdadeiro socio para a paz.

*Moshé Elad foi alto oficial do exército nos territorios, e hoxe en día investiga á sociedade palestina no marco do Instituto Shmuel Neemán no Technion de Haifa.

Comentarios