HAI UN TEMPO, CASE TODOS ERAMOS PROSIONISTAS


Por Jaume Oliveras i Custa.
Historicamente, Catalunya foi un país prosionista, e incluso a recuperación do Estado de Israel foi empregada coma ilusionante exemplo de futuro. Agora, a tendencia está mudando. En Catalunya, case todos fomos prosionistas. Durante moito tempo foi unha maneira de ser e incluso viuse a formidábel historia do pobo xudeu como a transmutación do soño catalán, na resistencia e no proxecto de futuro. Ser nacionalista catalán era ver todas as virtudes daquel pobo vigoroso que loitaba por reconquistar a súa terra, que “chorreaba leite e mel” e que da nada rexurdía para ser un estado potente e respectado.
A mediados dos anos sesenta, os que nos desvelabamos no compromiso de futuro pasabámonos de man en man o ciclostilado "Justificació de Catalunya", prohibido pola ditadura, no cal mosén Armengou formaba o espírito resistente do pobo catalán e facíao partindo do exemplo do pobo israelí. Posteriormente, moitos nos confesariamos influenciados polo libro do mosén Berguedano, e ate o President Pujol recoñeceu como lle marcou profundamente a lectura na súa determinación política. É verdade que o sábado de Gloria –antes do Vaticano II non era sábado santo– os nenos saíamos a “matar xudeus”, pero faciámolo dunha maneira simpática, coma un xogo que nos permitía meter barullo e a marxe de calquera compoñente ideolóxico ou teolóxico. Non nos daba ningún medo os xudeus, e tampouco tíñamos odio ningún.
Despois, emocionaríamonos coa epopea cinematográfica de Exodus, de Otto Preminger, e iriamos descubrindo o terríbel viacrucis do Holocausto que nos esixía a solidariedade e facíanos expiar un certo sentimento de culpa colectiva. Por outra banda, simplicando excesivamente, rexeitabamos o panarabismo da ditadura franquista, e incluso vituperábamos a estética da Garda Mora do xeneral golpista. Seguro que todo viña de máis lonxe, e a historia demostra que, en Catalunya, os xudeus sempre conviviron en boa harmonía. A cultura das xuderías e a interrelación de xudeus e cristiáns foron boa mostra de iso, e as comunidades xudías sempre contaron coa protección dos Condes de Barcelona e Reis de Aragó, ate que a persistencia do inquisidor Torquemada conseguiu da raíña castelá, mal chamada Católica, o Edito de expulsión. O rei Fernando resistiuse a asinalo, ate que, a regañadientes, foi obrigado polo gran inquisidor. Pola contra, os cataláns viron con malos ollos á comunidade mourisca, contra a que deberon de loitar para consolidar a súa influenza no Mediterráneo e da cal a xente dos pobos costeiros houbo de protexerse polas constantes incursións da pirataría sarracena.
Non é preciso facer historia, pero a partir da destrución do Segundo Templo, o ano 70 da nosa era, e a gran diáspora, os xudeus viviron case vinte séculos dunha dificilísima loita para a supervivencia como pobo. Nunca tiveran a oportunidade que se lles presentou despois da Segunda Guerra Mundial, o reasentamiento na súa antigua terra. Pero o mundo cambiara moito, e unhas tribos árabes facían valer os dereitos adquiridos sobre un territorio histórico. Todo difícil de encaixar nun universo que se rexe máis pola razón da forza que pola forza da razón. Ademais, os intereses de terceiros, que contemplaban o escenario a partir dunha prudente distancia. E o longo conflito estaba aberto nun taboleiro complicado. Con todo, a razón dos aparentemente fortes é moito máis difícil de comprender que a razón dos aparentemente febles. E o forte, en ideoloxía, economía e tecnoloxía, é o pobo de Israel. Ademais, nun rosario de conflitos que xeran accións e reaccións violentas, a desproporción do forte e do feble é máis que evidente. Na espiral da pugna, é normal que moitos que se reflectían na tenacidade e a harmonía do pobo xudeu comecen a dubidar da súa estética de pobo escolleito.
De aquí ás seguintes preguntas, hai un paso: non ten o pobo palestino parte de razón?, e pódese consentir a (cando menos en apariencia) arrogante aposta do Estado de Israel?, e ademais non é xusto porse ao lado dos palestinos? Tempos difíciles para a lírica. As imaxes dos últimos días son bastante comprensibles para pedir unha toma de posición colectiva a favor da paz e do entendemento entre os pobos. Cada vez menos prosionistas e máis proárabes, os cataláns debemos de facer unha profunda reflexión que axude a rachar os esquemas da guerra, onde todo vale. E mentres imos mudando as nosas simpatías de futuro, debemos de vixiar non caer no antisemitismo. Xogámonos moito como para ser indiferentes.

Comentarios