Por Afonso Vázquez-Monxardín
Baixo a vía do tren hai unha vella pintada que di: "Non á guerra: Destruír Estados Unidos e Israel". Moléstame a incorrecta utilización do infinitivo como imperativo, pois a estupidez da segunda parte dáme pé a falarlles sobre un modo despistado de entender a esquerda, pasotista e obtuso.
Estados Unidos e Israel son dúas democracias. Israel, a única do Oriente Medio. Outra cousa é a valoración que fagamos das respectivas políticas. E ademais, como son democracias, cambian. A Inglaterra democrática portouse moi mal cos nosos irmáns irlandeses e deixounos morrer de fame no XIX. Estados Unidos gañou por nós a guerra de liberación que foi a II Mundial e logo meteu o zoco varias veces. Pero non se debe falar de destruír democracias. Contradicir, combater políticas, claro, pero non destruír democracias. En Israel hoxe hai ministros árabes. O país de Edgar Alan Poe, de Woody Alen, do Bruce Springsteen que falou galego no Monte do Gozo, non é o inimigo. Nin o de Bill Clinton que en Camp David, con Arafat e Rabin, intentou a paz. Non debemos pois caer na simplicidade. Promovamos aliados internos de paz e progreso. Ah. Pero con Israel todo vale. De nada serve a historia e que a Organización das Nacións Unidas intentase no ano 1948 o que segue a intentar hoxe Israel: dous estados, un israelí e outro palestino.
O vello demo antisemita, o que na idade media permitía matar xudeus acusándoos de deicidio, o que na vella Rusia tsarista publicou os Protocolos de Sión -un falso plan xudeu para controlar o mundo- e promoveu horribles progrooms... O vello demo antisemita que fixo que Hitler e Stalin funcionasen parecido, o que llepermite a Ahmadineyad ameazar co holocausto final, encarnouse galego: No BNG e baixo o maxisterio espiritual da UPG. É lícito seica defender a irmandade con Cuba ou con Corea do Norte, sen eleccións e con presos políticos. Pódense admirar as bandeiras que levan os suicidas ao entraren nos autobuses escolares de Tel Aviv. Pódese mesmo facer unha estraña e confusa referencia á defensa racial... como fai o punto 7 das "Medidas de tipo político administrativo" do hoxe delirante programa da UPG.
Ah, pero compartir a idea do socialista Shlomo Ben Ami, creador da esperanza, e organizar unha voz galega pola paz en Medio Oriente desde a óptica da defensa do dereito a existir de Israel, é delito para o antisemitismo galego. Pedro, amigo, amante de Europa e da xusta causa da paz entre Israel e os árabes de Palestina, pelexa pola túa razón... pero que creo que estarías mellor lonxe de moita desa xente.
Comentarios
Anton Millan *
Neto dun Ben (apelido de orixe gala, xudea, árabe ou celta?)
Animo Sr. Gómez-Valadés estamos con Vd.
Somos una pequeña familia que vive en la costa de Alicante. Queremos expresar nuestro cariño y apoyo incondicional a D.Pedro Gómez-Valadés. Gestos como el suyo son tan escasos en nuestros días que casi podríamos decir que son "gestos en extinción". Y precisamente por eso, son tan nobles y valiosos a nuestros ojos. Que el Eterno de Israel bendiga y guarde bajo la Sombra de Sus Alas a quienes, como D. Pedro Gómez, aman a Su Pueblo Israel.
Am Israel jai!
Natán y Leah Pellicer-Bisquert
natanleah@yahoo.es