Por Ricard Angoso
Hai uns meses foi portada en todos os medios de comunicación do mundo unha imaxe aterradora: dous mozos iraníes, case adolescentes, eran levados cos ollos vendados á forca na cidade de Mashhad. A execución, realizada públicamente na praza de Edalat, que paradóxicamente se tradúce por Xustiza en farsi, foi difundida por todas cadeas de televisión iraníes e a cruel instantánea publicada con todo luxo de detalles nos xornais deste país. Era un acto exemplarizante mediante o cal os líderes relixiosos deste anacrónico sistema político-teocrático pretendían avisar á opinión pública de Irán de cales son as consecuencias dunha visión liberal da sexualidade. Tamén tense constancia da execución de dous varóns homosexuais de 24 e 25 anos, en novembro do pasado ano, na cidade de Gorgan, aínda que non asistiron medios de comunicación e a prensa internacional non informou do asunto.
A homosexualidade está prohibida en todo o mundo islámico e constitúe un estigma social aos ollos dunha comunidade que padece un estrito control por parte das súas autoridades e o peso dunha tradición que tende a ver as relacións homosexuais como parte da nefasta herdanza de Occidente. Case todos os países islámicos, agás Turquía, perseguen nos seus códigos penais a homosexualidade e castigan con severas penas tal condición. En Irán, que padece unha das ditaduras máis implacábeis e intolerantes do mundo musulmán, a homosexualidade esta perseguida desde o ano 1979, en que a revolución islámica do ayatollah Jomeini se fíxo coas rendas do poder e foi eliminando, un tras outro, a todos os que lle axudaron na loita revolucionaria contra o réxime monárquico. Desde esa data ate agora, segundo varias organizacións internacionais de Dereitos Humanos, algo máis de 100.000 persoas foron condenadas á pena de morte e deste colectivo uns 4.000 serían gays e lesbianas executadas pola súa simple condición sexual.
Na maioría dos casos, como sucedeu cos dous adolescentes colgados en Mashhad, os reos pasan antes de morrer por unha longa tempada en prisión, onde son torturados, humillados, violados e expostos á vergonza do resto dos presos, e antes de cumprir a cruel condena son flaxelados en públicos a un número de latigazos que varia en función do capricho do xuíz relixioso que dita sentenza. Con todo, como revelan organizacións que actúan no país, moitas veces a simple sospeita de ser gay serve para condenar a un acusado con outras penas, como beber alcohol ou o acoso sexual, e de paso perseguir a condición homosexual do encausado. Actualmente en Irán constitúe delito ter relacións sexuais antes do matrimonio, no caso das mulleres, beber alcohol, exercer a prostitución, manter relacións homosexuais, o adulterio e un sinfín de actos que en Occidente e unha boa parte do mundo non o son.
A pena de morte é aplicada sen freo e as execucións son públicas, xeralmente en estadios e recintos abertos para que os cidadáns se sentan ameazados, atemorizados e persuadidos de non cometer tales actos. O pasado ano, pese a que as novas que chegan de Irán sempre fican suxeitas ao estrito control informativo, foron executadas máis de 350 persoas, aínda que a cifra de mortos podería ser moito maior e na mesma non se inclúen os mortos en prisión debido ás pésimas condicións das instalacións carcelarias iraníes e á práctica habitual da tortura.
Irán é, xunto con Arabia Saudita, Cuba, Libia e Sudán, un dos países do mundo máis represivos no que respecta á homosexualidade. É, quizáis, o primeiro violador do mundo en Dereitos Humanos, un infame e vergonzoso récord difícil de superar.
Comentarios