A IDEOLOXIA DO TERROR. Este video foi transmitido pola Al-Aqsa TV, unha canle de televisión de Hamas. No video vemos a unha pequena palestina cantar á súa nai. Trátase da filla de Reem Riyashi, unha terrorista suicida que matou catro israelís despois de facerse estoupar en 2004 nun posto de fronteira entre Israel e Gaza. A mensaxe do video non podía ser máis clara: «practicar un atentado terrorista é máis importante que criar aos propios fillos». Noxento. Sen palabras.
Comentarios
Son estudante de periodismo da UVA, teño un blog sobre Israel e os conflictos nos que se ve mergullado polos seus veciños.
Gustaríame facerlle unhas preguntas a xeito de entrevista para despois poder colgala no meu blog (entornohostil.wordpress.com).
Diríxome a vostede a través dun post porque non atopei dirección de correio.
Para as respostas, se lle parece ben, poderíamas mandar ó seguinte enderezo sergioxer@hotmail.com.
As preguntas son as seguintes:
1) Quén é vostede e en calidade de qué fai o blog (estudante, persoa con implicacións ideolóxicas, etc.)?
2) Cómo ve o futuro de Israel tras o cumio de Liga Árabe en Riad?
3) Ve correto o troco de terras por paz?
4) Cómo ve o futuro dos refuxiados?
5) Pertence a algunha institución pro xudea galega (nome e enderezo de internet se pertence)?
Moitas grazas por atenderme. Se desexa enviar algún outro tipo de comentario non dubide en facelo.
Espero a súa resposta
Un saúdo.