A ESQUERDA NO CONFLITO ÁRABE-ISRAELÍ

Por Herut

En primeiro lugar, non fago un gran descubrimento se dígo que a maior parte da esquerda é proárabe e propalestina. Só temos que ver os artigos que publican en "Rebelión", "Socialismo ou barbarie" ou nos medios máis politicamente correctos como "El País" para darnos de conta de iso. Defender a causa palestina é unha opción válida e lexítima, pero o que xa non vexo tan correcto son as posturas simplistas, maniqueas e dogmáticas que se adoptan para analizar o conflito e defender devandita causa. Vexamos, creáronse uns dogmas de fe que son case inamovibles:

1. Israel é un enxerto imperialista no mundo árabe: este é un dos principais. Mais é falso, ademais de estar moi influído polas ideas islamistas. Israel non é un enxerto do colonialismo é todo o contrario porque nace da loita descolonizadora de Palestina e representa o triunfo do Sionismo, o Movemento de Liberación Nacional do pobo xudeu.

2. Israel é unha aliada do imperialismo estadounidense: outro tópico que fixo fortuna. Talvez o que moitos articulistas de “Rebelión” descoñecen é que foi a alianza da URSS cos países árabes hóstiles e veciños de Israel (Exipto e Siria principalmente) o que provocou que a alianza entre Israel e EEUU se afortalara, especialmente trala vitoria israelí na Guerra dos Seis Días. Nun contexto de guerra fría, a URSS tratou de estender a súa influencia en Medio Oriente. Nun principio tantexou unha alianza con Israel e de aí o seu soporte na guerra da Independencia do 48, pero tras ver que o nacente estado israelí non ía a converterse nun satélite soviético na zona, a URSS volveuse cara os países árabes veciños e así logrou estender a súa influencia na zona. Perante esta situación, EEUU buscou aunar as súas forzas coas de Israel e comezou a fortalecer esa alianza que hoxe todos coñecemos e que sobreviviu ao contexto de guerra fría no que se orixinou. Pero de aí a presentar a Israel coma un mero satélite de EEUU en Medio Oriente dista un treito e é unha análise totalmente simplista e errónea.
3. Outro das grandes dogmas é o de comparar aos israelís cos nazis. Este é unha clara mostra da falta de sensibilidade e de antisemitismo. Vexamos, é certo que en ocasións a política represiva que ordenan os gobernos israelís é moi dura, pero esta política hai que enmarcala nunha situación de conflito moi longo no tempo e con grandes espirais de violencia por ambas bandos, pois os "fedaiyin" palestinos non son só nenos tirando pedras a tanques. Ademais, é unha falta de respecto enorme comparar ás vítimas do réxime nacionalsocialista cos seus verdugos. Iso creo que en parte é para tranquilizar a consciencia europea diante da súa patética colaboración co nazismo. É dicir, a idea podería resumirse máis ou menos así: "portámonos mal cos xudeus, pero mira o que están a facer eles agora, talvez nós non estabamos tan equivocados...". A absurda e inmoral comparación da política represiva israelí coa Shoah tamén iría neste sentido.

Ademais ese soporte á causa palestina é tremendamente parcial. Só hai soporte e solidariedade coas vítimas palestinas cando estas caen baixo fogo israelí. Non lin ningún artigo en “Rebelión” no que se condene a morte duns 10.000 palestinos na operación de Setembro Negro levada a termo polo goberno xordano contra a OLP e os civís palestinos nos anos 1970-1971. Non lin tampouco artigos de protesta pola pésima situación dos refuxiados palestinos en Xordania ou no Líbano, onde están marxinados pola lei, pero sempre estou lendo críticas cara Israel pola súa política de "Apartheid" coa poboación palestina con pasaporte israelí. non lin criticas pola incitación ao odio e ao antisemitismo que se fan nos medios palestinos e do mundo árabe-islámico. É máis, ate se lle rí as grazas ao patético e antisemita presidente do goberno iraniano, e fáiselle o xogo aos movementos islámicos e yihadistas, presentándoos coma "movementos de liberación nacional contra a ocupación".
Poderíamos seguir criticando máis aspectos pero creo que me estou a alongar en exceso. Son un home de esquerdas pero teño a miña propia opinión crítica e non me trago esa versión oficial coas súas análises simplistas, a súa visión maniqueísta do conflito, os seus absurdos dogmas de fe e seu latente antisemitismo, aínda que intente disimularse coa súa cacarexada escusa de que é antisionismo. E xustamente porque son de esquerdas, progresista e solidario, son un amigo de Israel e do seu pobo.

Comentarios