ENTREVISTA CON EFRAIM DAVIDO (PC DE ISRAEL).


Efraim Davidi, xornalista., docente, ex xefe de redacción de "Davar"' (un matutino obreiro que Berl Katzenelson fundara en 1920 e que deixou de editarse recentemente despois de oito décadas de existencia), membro da dirección do Partido Comunista Israelí e do Instituto de Relacións Internacionais da Histadrut (Central de Traballadores de Israel), elixiu para a súa tese de doutoramento na Universidade de Tel Aviv a historia do movemento obreiro arxentino entre os dous golpes militares (1966-1976) por considerar que 'eses dez anos que van de Onganía a Videla, da noite dos bastóns longos á feroz ditadura da última xunta militar, constitúen un período emblemático das loitas libradas en América Latina na segunda metade do século XX'. Ademais participou e coordinou "Volvendo a Marx", unha antoloxía do pensamento actual da esquerda marxista israelí que ver de publicar a vella editorial "Hakibutz Hameujad".
Durante o seu novo e fugaz paso por Buenos Aires, Davidi tomou contacto cos piqueteros, "que para nós, os israelís de esquerda, constitúen un gran referente". Tamén conversou con dirixentes do PC arxentino e estivo presente en "Memoria Activa" e nunha clase pública ditada por Osvaldo Bayer na Universidade Popular Madres de la Plaza de Mayo. Ademais mantivo unha cordial conversa, durante dúas horas, co embaixador de Palestina, Suhail Akel. O PC de Israel, fundado en 1918, ten nestes intres tres deputados na Knéset. Ademais son comunistas o vicealcalde de Haifa e os alcaldes de Nazaret e de numerosos localidades máis pequenas.
- Que forzas no teu país se opuxeron á invasión norteamericana a Iraq, tendo en conta a dereitización da sociedade israelí e os temores por unha represalia de Saddam Hussein?
- É certo que boa parte da sociedade israelí xirou ultimamente cara a dereita, mais tamén hai que ter en conta que Israel está chea de contradicións, sobre todo contradicións de clase. E, con respecto ao exterminio desatado polo imperialismo contra o pobo iraquí, hai polo menos unha metade do pobo de Israel que a ten repudiado activamente. E iso viuse nas decenas de manifestacións realizadas ao longo do territorio israelí, inclusive fronte á embaixada norteamericana. Incluso -unhas 5.000 persoas- tivo lugar diante das portas do Ministerio de Defensa, no corazón de Tel Aviv. Moitos dos que viñeron a estas marchas non adoitan sumarse ás nosas políticas e ideoloxía, pero quixeron compartir connos o seu repudio á acción belicista de Bush. Estas protestas, que comezaron hai uns seis meses, significan un claro apoio ao pobo iraquí. Nós mantemos fortes vínculos co PC de Iraq, que sempre estivo duramente perseguido. Tamén temos contactos con todas as forzas progresistas e comunistas do mundo árabe desde Irán a Marrocos, sobre todo co Partido do Pobo Palestino e con ambos sectores do PC sirio: o que apoia ao goberno e o que se topa na clandestinidade. E, xunto a todos os partidos do Medio Oriente, o PC israelí ten suscripto unha declaración conxunta que condena a invasión norteamericana a Iraq.
- Algúns xudeus progresistas tiveron que sortear non poucos atrancos para tratar este tema e trataron de saír a frote con esta fórmula: repudiamos a Bush e solidarizámonos co pobo iraquí, pero estamos en contra do réxime de Saddam Hussein. Que opinás desta hipótese?
- Nós tamén nos opuxemos ao sanguinario goberno de Saddam que masacrou ao pobo iraquí, entre eles a miles de comunistas que foron os que máis sufriron a represión. Nós saudamos a heroica tarefa do PC de Iraq que xoga un papel dobre e difícil: por unha banda loita con todas as súas forzas para expulsar aos asasinos invasores e, pola outra, segue traballando para construír unha verdadeira unidade popular polo socialismo.
- Hai un tempo un kibbutz de esquerda, Metzer, que sempre se salientara polas súas confrontaciones cos distintos gobernos israelís pola cuestión palestina, sufriu un atentado palestino. Houbo varias vítimas. E, en marzo, militantes xudeus que repudian a guerra sufriron en París unha malleira por parte de manifestantes de esquerda francesa. Todos os partidos da esquerda orgánica francesa, desde o socialismo ate o trotskismo, e inclusive as organizacións palestinas, repudiaron estas accións antixudías. De todos xeitos que opinas das dificultades que revelan hoxe non poucos grupos marxistas no mundo para recoñecer que, tamén no campo xudeu, hai loita de clases e sectores progresistas e revolucionarios.
- Hai, lamentabelmente, unha forte demonización de todo o conxunto do Estado de Israel, sen distingos. Todo o que moitos saben sobre materialismo histórico, materialismo dialéctico e loita de clases parece que non poden aplicalo para Israel, coma se fóra doutro planeta. A condena a Israel en bloque, incluíndo a quen loitamos contra o goberno de Sharon, é unha condena reaccionaria. Os que chaman á destrución de Israel con linguaxe oportunista de esquerda, son antisemitas ou axentes encubertos da dereita. Nós estamos pola autodeterminación dos pobos. Iso vale para os palestinos, mais tamén para os israelís. O pobo de Israel existe: hai loita de clases, sectores obreiros antiburocráticos e forzas moi importantes de esquerdas. É unha sociedade capitalista como calquera outra, con explotadores e explotados. Non é máis creación do imperialismo que, por exemplo, Panamá ou Xordania, pero a ninguén, agás que estivese tolo, se lle ocorrería dicir hoxe que eses dous países creados para satisfacer necesidades imperiais deben desaparecer. Nós non necesitamos que a esquerda mundial pida a nosa destrución, senón que nos alente para sacarnos de enriba ao réxime de Sharon. Xustamente non hai moito tempo tivemos unha folga xeral para repudiar o durísimo plan de axustamento elaborado polo ministro de Economía israelí, Biniamín Netaniahu, por esixencias do Fondo Monetario Internacional. Ademais de asasino do pobo palestino, nós cualificamos ao goberno de Sharon de menemista. E para os nosos compañeiros -sistematicamente expresado en distintas mobilizacións-, as loitas e experiencias dos piqueteros arxentinos (e das fábricas recuperadas polos obreiros, especialmente Zanón) constitúen magníficas expresións de resistencia ao modelo neoliberal pergeñado polo capitalismo. En varias das marchas que realizamos en Israel despois das formidábeis xornadas protagonizadas polo pobo arxentino o 19 e 20 de decembro do 2001 -especialmente unha desas marchas que tivo lugar coa participación de traballadores xudeus e palestinos-, o berro que predominou foi de "a Arxentina, a Arxentina"'. A sociedade israelí é, efectivamente, unha sociedade complexa e dóenos que non poucos sectores de esquerda, en distintas partes do mundo, non recoñezan os nosos esforzos e os nosos enfrontamentos. Nos satisface si que os palestinos digan abertamente que os seus mellores aliados son precisamente os sectores revolucionarios israelís que loitan polo mesmo. Con eles mantemos vínculos moi estreitos e traballamos en conxunto en todos os terreos. Opoñémonos ao racismo da dereita israelí, pero tamén rexeitamos o antisemitismo clásico aínda que veña de sectores presuntamente de esquerda.
- A esquerda sionista (e os intelectuais que a representan como Amós Oz) quéixanse: nós recoñecemos o dereito dos palestinos, pero eles non recoñecen o noso. E agrega: hoxe non hai con quen falar. É certo? Non hai con quen falar?
- No sionismo de esquerdas. o Meretz como principal referente propón un acordo de libre comercio entre Palestina e Israel onde está claro quen vai ser Estados Unidos e quen México. Meretz impulsa así para Medio Oriente unha sorte de NAFTA ou de ALCA, ou sexa a continuidade do colonialismo. A única saída son dous estados verdadeiramente soberanos, que se recoñezan mutuamente, non a continuidade da opresión por outros medios. No referente a iso de que non hai con quen falar, vello pretexto da dereita israelí para non avanzar nas negociacións, quero subliñar que nós si mantemos relacións con todas as forzas palestinas laicas, inclusive a Fronte Popular para a Liberación de Palestina que lidera Hawatmeh. Ademais, desde hai 18 anos, realizamos en forma conxunta os actos do Primeiro de Maio nos territorios ocupados. Neses actos non levamos nin bandeiras israelís nin bandeiras palestinas, senón a bandeira vermella do proletariado. Nas bases e nos partidos de esquerda, pese á terríbel situación que atravesan ambos países, se manteñen as mellores relacións entre palestinos e israelís. Únenos o denominador común da revolución e o recoñecemento recíproco. En cambio non mantemos ningún contacto cos grupos confesionais, como Hamas ou a Yihad Islámica, nin con ninguén que manteña como obxectivo a morte de civís inocentes.

Comentarios

O Candil dixo…
Recoñezo que é unha entrevista moi interesante. Expresión dese outro Israel que é posible. En paz e democrático.
Esperemos que algún día este outro Israel poña fin ao terrorismo de estado dos actuais mandatarios.
Israel e Palestina merecen ter outro futuro.
Solidariedade co outro Israel que sufre as políticas do Apartheid, solidariedade co Pobo Palestino masacrado e ocupado polo fascismo israelí.
http://manuelcendan.com