BENVIDOS A PALESTINA


Por Caroline B. Glick
Poucas cousas reciben máis apoio na area diplomática que a noción de que é fundamental establecer un Estado palestino. Os líderes mundiais están tan ocupados falando do esencial que é erixir un Estado palestino que, disque, non se deron de conta de que xa hai un Estado palestino. Dito Estado foi oficialmente fundado no verán de 2005, cando Israel retirou da franxa de Gaza ao exercito e á súa poboación civil e, polo tanto, estableceu de facto o primeiro Estado palestino completamente independente na historia. Ademais, Israel creou no norte de Samaria as condicións para o establecemento dun Estado similar destruíndo catro colonias israelís e limitando as súas operacións militares na zona. Xa que logo, repito: os activistas e homes de Estado que proclaman abertamente o seu compromiso co establecemento dun Estado palestino soberano pasan por alto o feito de que Palestina, de feito, xa existe.
E de certo é un pesadelo. No Estado de Palestina, o 88% da xente se sente insegura; pode que o 12% restante o conformen os integrantes da plétora de milicias regulares e irregulares. No Estado de Palestina, a proporción de policías/milicianos/homes armados é superior á rexistrada en calquera outro país. No Estado de Palestina se asasina aos nenos de dous anos sen que a ninguén lle importe. Aos nenos se lles acorda en metade da noite e se son asasinados diante dos seus pais. No Estado de Palestina, os fieis que acoden á mesquita A son tiroteados por terroristas que acoden á mesquita B; e a ninguén lle parece importar. Non hai organización internacional algunha que publique informes en que se pida o final dos matanzas. A ONU non condena a ninguén nin envía misións de investigación para que os crimes sexan esclarecidos.
No Estado de Palestina íspese ás mulleres e se lles obriga a desfilar polas rúas co fin de humillar aos seus maridos. Detense ás ambulancias que van camiño dos hospitais e son tiroteadas a sangue fría ás persoas que son trasladadas. Os terroristas entran nos quirófanos e desconectan á xente das máquinas. No Estado de Palestina a xente é secuestrada dos seus fogares a plena luz do día e diante das cámaras de televisión. Isto pode pasar porque os propios secuestradores fan as veces de cámaras. De feito, con moita frecuencia son os seus xefes os que controlan as cadeas de televisión. Dado que os terroristas controlan as televisións, a ninguén debería sorprender que se dediquen a voar polos aires as cadeas da competencia.
Hamás ataca a quen se anuncia na radio de Al Fatah, e pecha as emisoras desta porque, di, a partir dos seus micrófonos se incita ao crime. De feito, si que incitan ao crime. Que outra cousa cabería esperar dunha emisora comandada por terroristas? Xa que logo, no Estado de Palestina os xornalistas –estean ou non encadrados en grupos terroristas– forman parte dese 88% que ten medo. O reporteiro Alá Masharaui declarou ao Jerusalem Post: "Ninguén sae á rúa, ninguén se move sen pensalo dúas veces. As rúas de Gaza se converteron en algo terríbel, especialmente de noite. Gaza é unha cidade pantasma". De acordo con Jaled Abú Toameh, do Jerusalem Post, no Estado de Palestina os cristiáns son perseguidos, roubados e mallados, no que só pode considerarse unha campaña orquestrada para por fin á presenza cristiá en lugares como Belén. "Estou seguro de que dentro de quince anos non quedarán cristiáns en Belén. Haberá que tirar de lupa para topar algún aquí", lamentábase recentemente Samir Qumsiyeh, propietario da cadea privada de televisión Al Mahd TV (Natividade TV), radicada en Beit Sahur.
Son multitude os ministros do Goberno israelí e os comentaristas políticos que andan buscando unha significación estratéxica ao conflito que se vive no Estado de Palestina. A titular de Exteriores, Tzipi Livni, non para de falar de reforzar a "os moderados", é dicir, ao Al Fatah, en detrimento de "os extremistas", é dicir, Hamás. Na súa axuda acode o rais da Autoridade Nacional Palestina e xefe de Al Fatah Mahmud Abbás. Abbás e os seus homes contan aos occidentais o prooccidentales que son... ao tempo que bautizan rúas e instalacións deportivas financiadas por EEUU con nomes de terroristas que matan a soldados norteamericanos en Iraq. O voceiro de Al Fatah na oficina de Mahmud Abbás responsabilizou da escalada de violencia rexistrada en Gaza, Xudea e Samaria, e que se cobrou a vida de 29 persoas (dúas delas nenos) en catro días*, a Teherán e Damasco. "Irán e Siria están alentando a Hamás para que siga loitando contra Al Fatah", afirmou. De acordo co Shin Bet (Axencia de Seguridade Interior de Israel), Hezbollah (léase Irán) tomou o control das operacións de Al Fatah en Nablús. A partir da retirada de Israel do norte de Samaria, en agosto de 2005, o Shin Bet vén observando que Nablús, así como Gaza, se converteu nun mini-Afganistán. Así que, a día de hoxe, non só os terroristas de Hamás operan sob as directrices iranianas e sirias, tamén os encadrados en Al Fatah, o cal non impide a Israel e a EEUU seguir subministrando armas e diñeiro a Al Fatah. Non queren ver no que é.
Ditas armas non se están empregando para impulsar a moderación: estanse empregando, tanto contra os israelís como contra os palestinos, na batalla rexional que están librando para facerse co control do diñeiro, as armas e o poder. E a seguiran librando porque matar por diñeiro, armas e poder ten un gran atractivo. Durante os últimos 13 anos, desde que se establecese a Autoridade Nacional Palestina (1994), o contorno e as características do Estado palestino foron cobrando forma diante dos nosos ollos. Arafat empezou demolendo a legalidade e desatando unha campaña criminal contra os axentes inmobiliarios e os xornalistas; a ANP vai gañando poder cada ano que pasa, e a situación non fixo outra cousa que empeorar. Non obstante, as presións, por parte dos árabes, os europeos e EEUU, para que Israel ceda máis territorio, recorte a súa autoridade, esqueza as súas reclamacións sobre as áreas concedidas a Palestina e financie aos grupos terroristas que controla Al Fatah non fixeron senón cobrar maior intensidade. E, con cada ano que pasa, a vontade de resistir a presión por parte das autoridades israelís sofre unha maior erosión. O ministro de Defensa, Amir Peretz, chegou a dicir que é partidario de negociar con Hamás. Peretz é favorábel de estender a prohibición de operacións militares israelís sobre Gaza a Cisxordania, para así "dotar de poder" aos palestinos. Non é preciso dicir que tales operacións están encamiñadas a evitar matanzas de civís israelís como a perpetrada, recentemente, en Eilat. Lembremos, tres mortos nun ataque contra unha panadaría. Seica obxectivo militar lexítimo.
Pola súa banda, Livni se converteu na defensora internacional de Al Fatah. "Co fin de lograr a paz e a orde necesarios para promover un proceso, debemos manternos na defensa dunha solución baseada no establecemento de dous Estados e estudar cales serían as mellores medidas para iso", declarou en Davos (Suíza). Por suposto, nin Livni nin Peretz, que insisten en que a gran prioridade de Israel é o establecemento de Palestina, están dispostos a recoñecer que Palestina xa existe. Néganse a recoñecer o que xa sabemos: que Palestina é un caos propiciado polo propio poder palestino e adicto á axuda económica, da que depende por completo. Por certo, desde que Hamás se fixo coa vitoria nas lexislativas, a asistencia internacional aos palestinos se incrementou substancialmente. De acordo con Ibrahim Gambari, Subsecretario de Asuntos Políticos da ONU, a axuda occidental aos palestinos (é dicir, sen contar o apoio árabe e iraniano a Hamás e Al Fatah) aumentou un 10% no 2006 (fronte aos datos de 2005) e rondou os 1.200 millóns de dólares. Os palestinos, que reciben máis axuda por cápita que ningún outro pobo, non son pobres porque carezan de diñeiro. Son pobres porque optan pola vía da violencia e da guerra versus o diálogo, a paz e a moderación. O 67% dos palestinos apoia os ataques terroristas suicidas contra Israel. As multitudes que demandan en todo o mundo o fin da ocupación e o establecemento de Palestina, así como os políticos que falan de "visións" e "solucións sobre a base de dous Estados", deberían asumir que, de feito, Palestina xa existe. Palestina é isto. Pase, se quere; pero asuma as consecuencias.

Comentarios