Onde está o Sensacionalismo?
Por Daniela Chaim
Si, cando se trata da guerra interna entre Al-Fatah e Hamas non existen fotos impactantes dos corpos dos mortos, nin se explota o feito de que cativos foran asasinados, nais chorando e títulares rechamantes. Se Israel non está presente, que fin tería utilizar o sensacionalismo barato? O feito non é novidoso. Se lembramos o pasado, no comezo da década dos 90, veremos que os mass media non enfocan realmente para os palestinos, o que lles molesta é Israel. Explícome. Na primeira guerra do golfo, a OLP apoiou a Sadam Husein na invasión de Kuwait. Eran de vello aliados naturais, e Arafat non viu porque debería tomar calquera outra decisión. Coa derrota de Iraq, o goberno kuwaití decidiu vingarse e expulsar do país 400 mil cidadáns palestinos inocentes, que nada malo facían, a non ser traballar por aquelas terras. Sabe o que o feito da súa expulsión ocupou nos titulares dos noticiarios? Míseras liñas de rodapé na edición dos xornais do día seguinte. No ano seguinte, o entón primeiro ministro de Israel, Itzhack Rabin, decidiu expulsar 400 MEMBROS DE HAMAS do país. Saben o que iso rendeu nos mass media? Sete meses de novas mostrando como os "pobres palestinos de Hamas" padecían de fame, frío e enfermidades. Cando Israel non está na foto, o destino dos palestinos pasa a valer moi pouco. Deberían aparecer na prensa mundial agora fotos de palestinos mortos polos propios palestinos nesa actual pelexa de Hamas e Fatah?. Pola contra non vemos unha chea de cámaras e xornalistas amosando corpos de cativos palestinos sendo mortos por palestinos e nin de mulleres palestinas chorando os seus mortos. Se fose un palestino morto por un soldado israelí, teriamos imaxes todo o día nos mass media, e se fosen cativos entón... daría portada de grandes publicacións internacionais.
Onde está a imparcialidade á hora de cubrir o Medio Oriente? E que dicir entón dos títulares das novas? Xeralmente se pode ler por ai, sobre todo nas axencias de noticias e portais online, textos con titulares como, " Soldados Israelís Matan...", "Helicopteros Israelís Lanzan...", "Tanques Israelís Disparan....". E desta volta, como por arte de maxia, desapareceron as nacionalidades dos perpetradores da violencia, e os títulares pasaron para a voz pasiva.
Que titulares lemos? "Enfrontamentos en Gaza deixan X mortos", "Atentado en Naplusa mata a X cativos". Ademais de aforrar ao lector de ter que descubrir que palestinos estanse matando entre si, non son tan inocentes así, e que a culpa nin sempre é de Israel, como os mass media quere facer crer, e iste desaxuste aínda produce un efecto colateral curioso: para un lector máis despistado, que só pase os ollos polo titular, ou non lea con atención a materia, o mesmo aínda incluso é capaz de crer que o responsábel polos "enfrontamentos" e "atentados" é Israel. De feito, a prensa é sensacionalista. Pero, só cando lle convén. Nesta onda de secuestros, asasinatos e violencia, cativos non se salvan. Nun atentado en Gaza, os fillos dun dos máis importantes membros de Hamas, foron mortos nunha explosión. Alguén viu a foto do atentado? Os corpos? Algunha cousa máis que poucos segundos de imaxe na TV? Condenas á acción de Al-Fatah? Choro da nai destes cativos? Non, non é o mesmo? Imos ser sinceros: o tratamento dado nas dúas situacións é ben diferente, igualmente ao tratamento dado aos mísiles Kassam que caen en Israel todos os días e as respectivas represalias que ocorren na secuencia, do tratamento dado as medidas defensivas obrigadas polo lanzamento de mísiles K
ssam. Noutras palabras, os mass media non se preocupan co destino dos palestinos, ben como o de tantos outros pobos sen terra ou en confllito no mundo. Aos mass media preocupalles e ocúpalles por razóns estritamente políticas, ideolóxicas, de antisemitismo ou aínda por mera desinformación, só en culpar a Israel, o país que seica é a raíz de todos os problemas da rexión. O simple "non" dado as cuestións arriba expostas deberíanos dicir xa todo. Sen embargo, deixo a pregunta en aberto polo caso de que alguen teña unha resposta mellor:
Onde está o sensacionalismo agora?
Comentarios