O GRAN IRMÁN IRANIANO VIXÍA.


Por Nir Bombs

"A ignorancia é poder", escribía George Orwell no seu clásico 1984, aludindo á policía da información que censuraba as ideas malas da vista das boas persoas. O razoamento do Gran Irmán, desafortunadamente, aparece con demasiada frecuencia ao longo da historia. Segundo este enfoque, o único xeito de soster a forza dunha idea é eliminar toda sospeita ou dúbida. Se un non ten ningunha alternativa a partir da que cuestionar unha crenza, entón esa crenza perdura, e se a ausencia de cuestionamiento pode sosterse indefinidamente, entón a crenza será sostida indefinidamente. Benvidos a Irán. Mentres Occidente se prepara para implicarse, Irán ven de lanzar outra ampla ofensiva máis contra o que as súas autoridades consideran "inmoral cultura occidental". E en coherencia coa súa política de censura, Irán apunta agora ao New York Times, a enciclopedia on-line Wikipedia.com, a libraría on-line Amazon.com e os portais de cine imdb.com e YouTube.com. Os provedores de Internet de Irán (ISPs) recibiron recentemente a orde de reducir a velocidade de acceso privado ate un máximo de 128 kilobits por segundo (KBps), unha velocidade que lembra aos xa obsoletos modems de marcación que desapareceron do mundo desenvolvido hai máis dunha década. A velocidade inferior evitará o uso de aplicacións tales como a comunicación VOIP, que permiten a conversa telefónica fóra do estritamente controlado sistema telefónico iraniano. As novas regulacións prexudicarán aínda mais o traballo dos investigadores que teñen xa acceso moi restrinxido ao Internet censurado polo goberno. E se iso non é suficiente, o director da Axencia para o Desenvolvemento da Tecnoloxía da Información en Irán, Vafa Ghafaryan, declaraba á axencia oficial de noticias ISNA que o goberno vai incrementar a vixilancia tamén das mensaxes de texto "perxudiciais". Estes últimos decretos son un dos compoñentes da escalada de clausuras de medios de comunicación posteriores ao ascenso ao poder do Presidente Mahmoud Ahmadinejad. Vítimas recentes da campaña foron o Shargh, un xornal reformista, e o Nameh, un diario político. Os seus crimes? O Shargh publicou unha viñeta que parecía ridiculizar as negociacións nucleares iranianas. O Nameh foi pechado mediante a forza pola publicación dun poema da poetisa disidente exiliada Simin Behbahani. E tamén temos a xente como Arash Sigarchi, que comezou a bloggear nunha páxina colectiva chamada "O home de Gilán", e máis tarde na súa páxina persoal, chamada "A fiestra da esperanza". Sigarchi, de 28 anos de idade, era detido a comezos do 2005 e condenado a 18 anos de prisión por "propaganda contra o réxime", segundo Reporteiros Sen Fronteiras. Nunha resolución da semana anterior, ate a ONU manifestaba "seria preocupación" polo "hostigamento, a intimidación e a persecución" dos defensores dos dereitos humanos, en grupos de interese, contrincantes políticos, disidentes relixiosos, xornalistas, parlamentarios, estudantes, clérigos, académicos, membros de sindicatos e bloggers de Internet por parte de Irán. Mais Irán parece ter o seu propio sentido da realidade. Eis un comentario realizado por Hossein Maleki, Representante de Irán diante do Comité Político Especial da Asemblea Xeral da ONU: "O monopolio das noticias por parte das redes mediáticas dos estados desenvolvidos xeran unha barreira no camiño á paz e a seguridade da comunidade internacional", anunciaba Maleki, facendo un chamamento a que a comunidade internacional adopte medidas novas para "garantir a xustiza e a libre circulación de información". Impertérrito diante da cualificación de Irán no posto 162 dos 168 países clasificados no índice 2006 de liberdade de prensa de Reporteiros Sen Fronteiras, Maleki esixía "unha campaña internacional contra os informativos parciais e con segundas intencións"."A liberdade de expresión debe acompañarse por un sentido de responsabilidade e respecto ás ideas e relixións doutros", concluía. A información irresponsábel ou insensíbel -- como calquera crítica ao goberno iraniano -- non debe ser tolerada nas ondas. Así continúa a saga orwelliana, engadindo constantemente novos capítulos á historia. Mentres Irán desenvolve armamento nuclear, encarcela aos seus xornalistas, persegue ás súas minorías relixiosas, nega o Holocausto e estrangula cada vez máis as súas comunicacións co mundo - o seu expresidente Seyed Mohammed Jatami recibiu un doutoramento honorario de St. Andrews en recoñecemento ás súas contribucións á tolerancia.Jatami, que era topado culpábel por un tribunal alemán dos asasinatos de líderes da oposición de setembro de 1992 en Berlín e pola súa responsabilidade na autoría do atentado contra o centro da comunidade xudía en Bos Aires no 1994 (que deixou 85 mortos e centos de feridos), recibiu un doutoramento en recoñecemento aos "seus esforzos por impulsar o diálogo interrelixioso". No seu lugar, debería ter recibido un doutoramento en relacións públicas por unha operación propagandística brillante. "A ignorancia é poder" parece sempre relevante nesta recorrente historia que resume o triste verdade do enfoque occidental sobre Irán. Aqueles que militan en favor do diálogo, como Baker e Hamilton, poderían pronto caer na trampa de 1984. Confúndese o bo co malo, a guerra coa paz, e as armas nucleares co lombo embuchado. Entre tanto, Ahmadinejad mira e rí a gargalladas. Primeiro enganou ao seu propio, despois a Europa, e agora ten timado tamén a Estados Unidos. Apuntou alto e en pouco tempo - a este ritmo - poderá apertar o botón... e despois será realmente 1984.

Comentarios