O ANTISEMITISMO TAMÉN LATEXA NA ESQUERDA.




Pilar Rahola

España nunca fixo os seus deberes coa súa responsabilidade antisemita. Nin antes, nin agora, ate o punto que non sorprende a dura acusación de Pat Cox, quen foi presidente do Parlamento Europeo, no seu informe de marzo de 2004: España está considerada, hoxe, como a fonte principal de incitación contra os xudeus en Europa. Di o informe do European Monitoring Centre on Racism and Xenophobia, falando da cobertura mediática do conflito de Oriente Medio: “posto que os estereotipos que se atopan na devandita cobertura son os mesmos que contra os xudeus que reinaban nos anos 30 (matando nenos, controlando o mundo, relación co diñeiro, escuras intencións...), é imposible afirmar que a onda anti-israelí que percorre o estado esapñol sexa independente dun contido antisemita nas noticias”. Estas afirmacións complétanse cos resultados que Gallup presentou para a Liga Antidifamación, nunha enquisa recente: o 72% dos españois deportaría aos xudeus de Israel; só un 12% aceptaría ter veciños xudeus; o 69% cree que os xudeus ostentan demasiado poder e un 55% atribúelles “intencións escuras” que non saben concretar. Para a miña desgraza, o estudo é contundente: Catalunya e o País Vasco presentan os índices máis altos de xudeofobia.Datos recentes avalados por institucións serias. Sen embargo, preocuparon realmente a alguén? Diría máis, foron fachendosos, lidos, asumidos? Non só se converteron en papel mollado, senón que o global español mantén os estereotipos que motivaron a alarma de Estrasburgo. Convencida de iso, a acusación que lanzo é precisa: hoxe, o Estado Español, volve a ser antisemita. Antisemita ao estilo polaco, é dicir, en expresión feliz de Paul Landvai, “antisemita sen xudeus” E digo antisemita a sabendas que a maioría dos meus colegas (especialmente da esquerda) non só non aceptan o termo, senón que se senten ofendidos, coma se o antisemitismo fóra patrimonio exclusivo da extrema dereita e do catolicismo fanático. Sabemos, desde que Martín Luther King o denunciara na súa “Carta ao meu amigo antisemita” que moitos son os camuflaxes do antisemitismo, e que o antisionismo e o antiisraelismo son moito máis levadeiros para segundo que pel sensíbel. Mais aliméntanse das mesmas fontes de intolerancia. Por suposto que a crítica a Israel é perfectamente lexítima, e que non toda crítica pode englobarse no antisemitismo, pero hai tantos motivos de alarma que temos que analizalos se non queremos alimentar o noso ovo da serpe.Primeira alarma: a banalización sistemática e desalmada da traxedia do Holocausto. Unha banalización que non se produce só en panfletos aberrantes dos nazis de turno, senón en artigos e declaracións de intelectuais con prestixio e maioritariamente progresistas. Aínda resoan, para vergonza de millóns de mortos, os desprezos de Saramago á memoria da Shoá. Pero non só o venerábel Nobel ten minimizado a única industria de exterminio da historia da humanidade, senón que a súa actitude comeza a ser unha gramática colectiva. Humor gráfico con líderes israelís convertidos en nazis, acusacións de xenocidio e prácticas hitlerianas en calquera acción israelí, comparacións alegres entre o Holocausto e calquera continxencia violenta actual... Sen ir máis lonxe, López Agudín, expoñía un aberrante paralelismo entre Auschwitz e as prisións en Iraq. É dicir, a pertinente crítica ás torturas a presos iraquís, convertíase nunha alegre escusa para reducir unha monstruosidade incomparábel a nada –“a morte do alma humana”, como definiu Claude Lanzmann no seu monumental “Shoá”-, cun deplorábel capítulo de torturas. Banalizar o Holocausto é unha dupla vergonza moral: coa memoria tráxica de Europa, e coa nosa responsabilidade histórica. Pero nada xorde da nada. Hoxe podemos banalizar o Holocausto porqué nunca nos preocupou educar á nosa sociedade no seu tráxico significado, ate o punto de que o temos circunscrito a unha simple cuestión doméstica alemá. Auschwitz é a estación final de decenas de séculos de persecución contra a pel xudea de Europe, e España (Isabel a Católica en man) foi motor do odio antisemita que sempre percorreu a espiña dorsal europea. Todo o bo, no campo do dereito, as letras, as ciencias, a medicina, todo o bo que nos pasouno ten relación coa Europa xudea. Todo o malo que nos pasou ten relación coa Europa antixudea. Sen embargo, nin aprendemos, nin asumimos a responsabilidade moral que a memoria tráxica esixiría. Da desmemoria nace a banalización e o esquecemento. Do esquecemento renace o prexuízo. E no prexuízo volve a morar a intolerancia.En perfecta sinerxia coa banalización do Holocausto, a maioría da nosa Intelligentsia practica un antiisraelismo furibundo que vai máis alá da lóxica crítica ás accións israelís. Polo camiño, non só se maniquea a realidade converténdoa nunha partida entre bos e malos, senón que se magnifica a culpa xudea e se reduce, ate a desaparición, a culpa palestina. A minimización do terrorismo palestino, inimigo fundamental da propia causa palestina, é un dos exercicios de irresponsabilidade máis estridentes do pensamento de esquerdas español. Como estridente é a solidariedade selectiva que só chora polas vítimas palestinas e ningunea, ate o máis fondo desprezo, aos xudeus. Isto acontece en cada ámbito onde se fala deste complexo conflito, de xeito que poderiamos afirmar que sobre Israel non se informa, faise simple propaganda. Neste contexto de distorsión informativa, a banalización da Shoá toma especial relevo. Se o holocausto é comparábel a calquera acción violenta coxuntural, os israelís perden toda condición de vítimas e fican espidos diante da súa única condición de verdugos. Polo camiño, Europa líbrase da súa propia culpa. De aí a lanzar, sobre a cabeza de Israel, a acusación de “xenocidio” ou “nazismo”, vai unha estreita marxe que cada día se traspasa. E iso a pesar de que é especialmente inmoral lanzar sobre os restos do naufraxio do xenocidio, a acusación de nazi. Pero é unha inmoralidade ao uso, perfectamente asentada nos salóns finos do pensamento de esquerdas politicamente correcto. Intelectuais, líderes de esquerdas, opinadores, non temos responsabilidades morais que estamos vulnerando? A responsabilidade de facer pedagoxía da tolerancia, e non alimentar os vellos demos con vestidos novos. E lembremos que o antisemitismo é a escola fundacional da intolerancia. A responsabilidade de non traizoar á memoria tráxica europea, situando a maldade extrema do Holocausto no lugar único de horror que se gañou a pulso de millóns de mortos. Cada vez que un intelectual xoga frivolamente coa memoria da Shoá, por boas intencións que teña, está volvendo a asasinar ás súas vítimas. É a sutil dupla morte, a morte física, e a morte do esquecemento. Co agravante de que a minimización do holocausto non só despoxa ás vítimas do seu lugar na historia, senón que lanza unha mensaxe aberrante á sociedade: non é preciso vacinarse do longo camiño de odios que o fixeron posíbel. E, finalmente, vulneramos a responsabilidade de analizar a realidade en termos veraces e non estomacais, dando elementos que sirvan para obxetivar os problemas, e non convertelos en escusas doutrinarias. Respecto a Israel, substituímos ás ideas polas consignas, o debate pola pancarta, e o pensamento pola propaganda. O resultado é un odio furibundo a Israel, unha indiferenza absoluta polas implicacións de países da zona no terrorismo, e unha exculpación, vía martiroloxio, dos horrores que o terrorismo palestino perpetra. É dicir, o resultado non é útil nin para os propios palestinos, aínda que alimente baixas paixóns. Conclúo compartindo a alarma de Pat Cox: estamos creando un novo corpo doutrinario antisemita. Paralelo ao clásico? Non. O novo antisemitismo é de esquerdas, é de elites e é inconsciente. Mais é. Aínda que os seus altofalantes lle neguen a súa auténtica natureza.

Comentarios