A MIÑA HISTORIA PERSOAL.
Por Ayann Hirsi Alí
Naquela época, o xenocidio de Ruanda e a limpeza étnica da antiga Iugoslavia inzaban as noticias diarias. O día en que me visitou a miña media irmá, topábame dándolle voltas ao que lles ocorrera a seis millóns de xudeus en Alemaña, Holanda, Francia e Europa do Este. Souben que homes, mulleres e nenos inocentes foron separados uns doutros. Con estrelas prendidas ao ombro, foron trasladados en tren aos campos e gaseados pola soa razón de seren xudeus. Foi o intento máis sistemático e cruel da historia da humanidade por aniquilar a todo un pobo.
Por Ayann Hirsi Alí
Naquela época, o xenocidio de Ruanda e a limpeza étnica da antiga Iugoslavia inzaban as noticias diarias. O día en que me visitou a miña media irmá, topábame dándolle voltas ao que lles ocorrera a seis millóns de xudeus en Alemaña, Holanda, Francia e Europa do Este. Souben que homes, mulleres e nenos inocentes foron separados uns doutros. Con estrelas prendidas ao ombro, foron trasladados en tren aos campos e gaseados pola soa razón de seren xudeus. Foi o intento máis sistemático e cruel da historia da humanidade por aniquilar a todo un pobo.
Vin fotografías de masas de esqueletos, incluso de cativos. Escoitei aterradores relatos dalgunhas persoas que sobreviviran ao terror de Auschwitz e Sobibor. Conteille todo isto a miña media irmá e mostreille as imaxes do meu libro de historia. O que ela me dixo horrorizoume aínda máis que a atroz información do meu libro. Con gran convición, a miña media irmá espetou: "É mentira! Os xudeus saben como cegar á xente. Non foron asasinados, gaseados nin masacrados. Pero rezo a Alá para que algún día todos os xudeus do mundo sexan destruídos". Horrorizoume a súa reacción. Lembraba que de nena, cando me criaba en Arabia Saudí, os meus profesores, a miña nai e os nosos veciños dicíannos case a diario que os xudeus eran malos, os inimigos declarados dos musulmás, cuxo único obxectivo era destruír o islam. Nunca nos informaron sobre o Holocausto. Máis tarde, en Kenya, cando era xa unha adolescente e chegaba a África a filantropía saudí e doutra zonas do Golfo, lémbrome de que a construción de mesquitas e as doazóns a hospitais e aos pobres ían parellos cos insultos aos xudeus. Dicíase que eles eran os responsábeis da morte de bebés e de andazos como a SIDA. Eran avarentos e farían calquera cousa por acabar cos musulmás.
Se algún día queriamos coñecer a paz e a estabilidade, teriamos que destruílos antes de que eles nos destruísen a nós. Os líderes occidentais que din sentirse escandalizados pola conferencia de Ahmadineyad na que nega o Holocausto necesitan espertar a esa realidade. Para a maioría dos musulmás do mundo, o Holocausto non é un gran acontecemento histórico que neguemos. Sinxelamente non o coñecemos porque nunca se nos informou sobre el. E o que é peor, á maioría se preparan para que desexemos un holocausto dos xudeus. Lembraba a presenza de filántropos occidentais, ONG e institucións como o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional. Os seus representantes facían chegar a quen consideraban necesitados medicamentos, preservativos, vacinas ou materiais de construción, pero ningunha información sobre o Holocausto. A diferenza da filantropía, ofrecida en nome do islam, os doadores laicos e cristiáns e as organizacións de axuda non chegaban cun programa de odio, pero tampouco cunha mensaxe de amor. Sen dúbida, esta foi unha oportunidade perdida se nos fixamos nas organizacións benéficas que propagaban o odio procedentes de países musulmás ricos grazas ao petróleo. Calcúlase que, na actualidade, a cifra total de xudeus en todo o mundo rolda os 15 millóns, e sen dúbida non supera nin de lonxe os 20 millóns. No relativo á fertilidade, o seu crecemento pode compararse co do mundo desenvolvido, á igual que o seu envellecemento. Doutra banda, calcúlase que as poboacións musulmás están entre 1.200 e 1.500 millóns de persoas, e que non só están medrando con rapidez, senón que son moi mozos. O sorprendente da conferencia de Ahmadineyad é o (tácito) consentimento do musulmán medio ao desexo non só de negar o Holocausto, senón de exterminar aos xudeus. Non podo evitar preguntarme: por que non se celebra unha contraconferencia en Riad, Cairo ou Lahore, Jartum ou Yakarta condenando a Ahmadineyad? Por que garda silencio a Conferencia Islámica perante isto? Pode que a resposta sexa tan sinxela como arrepiante: durante xeracións, os líderes dos denominados países musulmás alimentaron á súa poboación cunha dieta constante de propaganda similar á que recibiron xeracións de alemáns (e outros europeos), segundo a cal as xudeus son alimañas e hai que tratalos como tales. En Europa, a conclusión lóxica foi o Holocausto. Se Ahmadineyad se sae coa súa, non lle faltarán musulmás dóciles dispostos a acatar os seus desexos. O mundo precisa un fomento do entendemento entre culturas, mais necesita con máis urxencia ser informado sobre o Holocausto. Non só no interese dos xudeus que sobreviviron ao Holocausto e o dos seus descendentes, senón no interese da humanidade en xeral. Talvez sería preciso empezar por contraatacar a filantropía islámica chea de odio contra os xudeus. As organizacións benéficas cristiás e occidentais no Terceiro Mundo deberían ocuparse de informar sobre o Holocausto aos musulmás e non musulmás nas súas áreas de actuación.
Ayaan Hirsi é escritora de orixe somalí.
Ayaan Hirsi é escritora de orixe somalí.
Comentarios