Cada día que pasa estou máis convencido de que o problema de comprensión do conflito no Medio Oriente é máis que nada un problema de información. Custa crelo nestes tempos no que a información rula pola rede en inxentes cantidades. Custa crelo. Mais acho que é a explicación máis obxectiva e realista. Explícome.
Se lle pregunto á miña panadeira, ao repartidor do Faro, á miña tía de Nigrán, etc... se lles pregunto pola ocupación chinesa do Tibet, da crise en Darfur, da situación a día de hoxe en Grozni, en Tindouf... probabelmente a resposta non pasaría dun vago: "que mal está o mundo".
Se pola contra pregúntolles pola crise en Medio Oriente, a resposta será clara: "os xudeus que están a masacrar aos pobres palestinos". Por que esta disparidade?
Pois porque o conflito -duro, complicado e con mil aristas- de Israel non é doado de explicar con rigorosidade. Porque o fácil foi -é- recorrer á cantinela oficial de uns malvados xudeus que aterraron en Palestina e botaron fóra aos lexítimos habitantes daquelas terras. Esta explicación funciona porque é simple, e xa que logo, encaixa moi doadamente se non buscamos a súa verificación. A fin de contas os xudeus nunca tiveron o vento a favor na opinión pública. Nin sequera após o Holocausto que levou por diante a un terzo do total da súa xente. Como moito a opinión pública occidental -no resto do mundo agás casos moi específicos non hai de feito opinión pública como nós a entendemos- tivo uns anos de mala conciencia o que levou a que 3 anos despois do descubrimento do que acontecera en Dachau, Treblinka, Auschwitz, Mauthausen etc... levou a Nacións Unidas, despois dun intenso traballo de campo, de delegacións de NN.UU sobre o terreo negociando coas partes un acordo satisfactorio, levou entón ao recoñecemento dos dereitos nacionas históricos dos xudeus -Resolución 181- que tivo como resultado o nacemento do Estado de Israel.
Non insistirei máis outra vez en que a Resolución 181 contemplaba a creación tamén dun Estado árabe no 80% do Mandato Palestina, que foi a negativa radical dos estados árabes a respectar a resolución o que derivou na non existencia a día de hoxe dun estado palestino, de que cando se acusa -moitas veces con razón- a Israel de violar, de non respectar as múltiples resolucións posteriores de NN.UU, "esquécese" moi curiosa e interesadamente a 181 e quen a violou, (Por certo sobre a violación da Resolución por parte dos estados árabes eis o que dixo o representante soviético Andrei Gromyko no Consello de Seguridade (29 de maio de 1948): "Ésta non é a primeira vez que os estados árabes, que organizaron a invasión de Palestina, ignoran unha decisión do Consello de Seguridade ou da Asemblea Xeral. A delegación da URSS xulga que é esencial que o Consello declare a súa opinión máis clara e firmemente ao respecto desta actitude dos estados árabes perante as decisións do Consello de Seguridade").
Ter que enfrontar todo isto recoñezo que é complexo e require en moitos casos por en cuestión verdades absolutas previamente asumidas. Máis estou certo, totalmente certo, de que a canta máis información teñamos a propósito das orixes do conflito, máis claro estaría todo. Non falo de posicións acríticas a favor de Israel. En absoluto. Contra o algún de vós poida pensar non é o meu caso. Nin os asentamentos, nin os asasinatos "selectivos", son por exemplo aceptabeis. O que para min tamén é inaceptábel é esa posición radicalmente acrítica cos palestinos, como se despois de case 60 anos non tiveran ningunha responsabilidade na non resolución do drama. Esa cómoda e politicamente impecábel posición de minimizar cando os mortos son israelies -perto de 1000 desde 2000- en salvaxes atentados suicidas contra autobuses, universidades, discotecas, rúas comerciais, paseos... cando os mortos caen baixo os Kassan que Hamas dispara a diario desde Gaza e Cisxordania contra civis israelís... estes mortos son indecentemente minimizados. Como se o feito de seren israelies fora xa "pecado orixinal" dabondo para xustificar a súa morte. É indecente escoitar cousas como "pobres palestinos co que sofren non teñen outra saída". Non terían -tirando desta mesma liña xustificadora- os "pobres xudeus co que pasaron" tamén algún motivo para sobrepasarse nunha terra onde é tan doado sobrepasar a delgada liña vermella do racional?
É para min de verdade incompresíbel que desde o nacionalismo non sexa a independencia de Israel un feito a celebrar. Unha nación que sobreviviu séculos de progroms, persecucións, discriminacións, exterminio industrial masivo... e que por fin acada un anaco de terra, da súa terra, para vivir por fin en paz sen ser perseguidos, discriminados, exterminados. Un anaco de terra máis pequeno que o da miña patria que xa é pequena, un pobo coa fortaleza na súa conciencia nacional suficiente para conquerir o que eu quero para a miña nación. Nación que nun parlamento autonómico de 75 deputados só 13 teñen ese mesmo obxectivo no pleno recoñecemento dos Dereitos Nacionais do meu pobo. E que a pesar de ser nós -os nacionalistas- unha minoría no noso pequeno país, nunca aceptarei como ningún de vós tampouco, que se poña en cuestión o caracter nacional da Galiza e o seu irrenunciábel dereito de autodeterminación. Pero como non é motivo de safistacción, como nacionalistas, que outros nacionalistas acadaran o que nós pretendemos para o noso país?. De verdade compañeiros, non o entendo.
Dicíame un compañeiro do BNG que o problema de Israel e o BNG era a súa alianza cos Estados Unidos. Dicía o compañeiro con ironía que se a alianza fose coa vella e defunta URSS, O propio Sharon estaría convidado na Quintana o Día da Patria e os palestinos serían tratados como "a contra nicaragüense".
Para min, como nacionalista e de esquerdas, hai datas na terra e no tempo que teño como referenciais. A independencia americana, a revolución francesa, a independencia da verde eirín e o 14 de maio de 1948 no que centos de anos despois o pobo de Israel acadou o que en xustiza merecía. A súa independencia.
Case 60 anos despois, constantemente acosado, atacado, non é honesto nin sequera realista, exixirlle ao Estado de Israel un expediente impoluto e sen mancha. Ninguén, ninguén que pasara o que pasou só no último século, como o que viviu o pobo de Isarael, tería unha actitude defensiva diferente. Non nego -eu non son acrítico- que Israel ten cometido abusos, excesos represivos brutais. Mais descontextualizalos dun día a día pre-bélico cando non simplente bélico, é un fraude interesado.
Oxalá o pobo de Israel e o pobo palestino cheguen o máis axiña posíbel á paz. Paz máis que merecida. E a paz contrúse sobre a realidade. Se o IRA non asumise pragmaticamente a realidade de esgotamento na que ficaba, os Acordos do Venres Santo non terían visto a luz. A paz en Medio Oriente virá da man do real recoñecemento do dereito de Israel a existir e vivir con seguridade ou non virá. Dicía Golda Meier que podía entender que os árabes quixeran botalos ao mar. Pero que o que os árabes non podían pretender é que os xudeus colaboraran na tarefa.

Comentarios
O desiquilibrio noticioso que privilegia o que se passa na região da Palestina/Israel é absurdo se atendemos à área, à população, à geo-política, à escala do conflito, etc. Os exemplos citados do Darfur ou de Grozni são motivo para alarme e intervenção mil vezes mais urgentes, porém...
Depois, não se entende que, mesmo com os palestinianos em guerra civil ou depois de anos de atentados terroristas tipo homem-bomba em Israel, não se coloque em causa a estratégia e liderança que conduziu os palestinianos a este beco sem saída.
Bem, uma das respostas só pode ser pelo facto dos palestinianos terem tantos "amigos", países e organizações que não deixarão o povo palestiniano encontrar alternativa ao confronto por todos os meios.
Com "amigos" assim, dispostos a subsidiar as famílias dos homens/mulheres-bomba, é preciso muita coragem para abrir caminho a uma negociação pacífica.
Li com muito agrado este artigo, porque me faz lembrar que ainda existe gente com razão e coração por este mundo fora.
Tenho lido tanta insanidade, tantos comentários agressivos e deshumanos no que toca a Israel e ao seu povo, que por vezes tenho a sensação que eles têm o mundo inteiro contra eles, quando deveria ser o contrário.
A "borreguice" dos humanos é o que levará a Europa à sua perda.
Que se levantem mais homens como Pedro Gómez-Valadés e talvez consigamos inverter essa nefasta tendência
Obrigado Pedro !