WWW.PILARRAHOLA.COM
Defender a Ratzinger. Estraña situación para alguén que, coma min, difire ducias de pobos da súa concepción do mundo. E non só porque el habita na gramática intanxíbel e eu son unha impenitente cidadán do racionalismo, senón porque cando actúa no terreal, as súas ideas sociais están nas miñas antípodas. Non me gusta o Vaticano nin polo seu sexismo nin pola súa homofobia, e a súa actitude no terceiro mundo, contraria á anticoncepción, acho é seriamente irresponsábel. Recoñezo que a espiritualidade deste papa me conmove case tanto como a súa ampla cultura, mais o seu mundo e o meu mundo palpitan en mundos distintos. Sen embargo, e parafraseando a famosa frase, daría o que fose porque Ratzinger puidese defender as súas ideas contrarias ás miñas; esa é a raíz da liberdade, o seu fondo compromiso: garantir o crisol, asegurar a pluralidade.. E é o crisol de ideas, o dereito a pensar mais alá dos medos e das ameazas, o que está a resultar frontalmente atacado nestes tempos.
FALAMOS de Ratzinger, pero falamos tamén de Theo van Gogh, de Salman Rushdie, dos debuxantes de cómics daneses, de Ayan Hirsi Alli, do escritor Naguib Mahfuz, cuxa recente morte lembrounos o calvario que sufriu en mans da intolerancia. Todos eles foron responsábeis da lesa culpa de opinar mais alá da comodidade, quizais mais alá da corrente e, sen dúbida, mais alá da prudencia. E todos deixaron polo camiño moita pel, violentados, ameazados, mesmo asasinados.
É Ratzinger o mesmo que Rushdie? Seméllase á provocación soez danesa? Ten algo que ver coa denuncia de Van Gogh? Todos teñen que ver co mesmo, se atreveron a opinar sobre o islam e padeceron as consecuencias.
Polo pronto, Bieito XVI xa pediu precipitadamente perdón, nun acto de xenuflexión pública que estrañamente se dá no Vaticano. Fíxoo por convicción ou foi obrigado pola histeria desatada no islam? A evidencia da resposta aforra texto. Novamente, pois, o mundo amañeceu con manifestacións a cara de can, con igrexas queimadas, con parlamentos pedindo explicacións e cos gurús do islam esixindo penitencia.
E todo iso pasou porque Bieito XVI dixo que a yihad é contraria a Deus, e que a violencia non é compatíbel coa relixión. É dicir, ten a medio mundo musulmán sublevado por ter sido coherente co catecismo. Un home de Deus asegura que, no nome de Deus, non se pode matar. E ten que pedir perdón…
Seino. Serian moitas as aristas do tema. Para comezar, Ratzinger lideira unha relixión que tivo a súa yihad nos tempos cruzados, e que tamén, no nome da relixión, defendeu todo tipo de violencias. Sen ir mais lonxe, o cristianismo é o principal responsábel da tolemia histórica do antisemitismo. Pero tamén é certo que moitas son as reflexións críticas do propio cristianismo, e que o Nostra Aetate supuxo unha raia definitiva co seu pasado. E éo aínda mais a súa adscrición aos valores democráticos das sociedades nas que vive. Sexa como sexa, Ratzinger podería ter partido da propia culpa cristiá para aterrar na inequívoca culpa islámica, e podería ter empregado textos históricos menos antipáticos como exemplo, pero nada do dito xustifica a violencia nas rúas que están a xerar as súas palabras. O tema non é o que dixo Ratzinger, sobre todo porque, matices aparte, o seu é dun sentido común inapelábel. O tema é a falta absoluta de cultura democrática que afoga ao islam e que nos afoga a todos.
Non me cansarei de dicir que, sen dúbida, hai un islam de paz, pero tamén hai un islam de guerra, e do mesmo xeito que no nome de Alá se conxuga o verbo amar, hoxe, no nome de Alá, tamén se conxuga o verbo matar. Milleiros de mortos, dende Nova York ate Átocha, desde Beslan ate Bombas, o avalan . E o mais tráxico non é que o islam integrista estea a secuestrar a imaxe de todo o mundo musulmán. O mais tráxico é que o mundo musulmán pacífico non se manifesta, non critica, non se rebela, se non que cala.
Os poucos Mahfuz e Rushdie que erguen a voz viven un calvario. Persoalmente creo que unha comunidade diversa, complexa, heterodoxa como a islámica non pode ser reducida á imaxe simplista e malvada que o propio fundamentalismo tenta dar. Pero, para iso, é necesario que xurdan os seus propios Ratzingers e que o mundo islámico diga, en propia voz, que a yihad é contraria a Deus. Desgrazadamente vivimos un tráxico investimento de valores: as voces xorden, masivas, histéricas e ameazadoras, para violentar aos críticos. Milleiros vociferando nas rúas porqué un Papa falou contra a violencia. Onde están eses milleiros cando, no nome do seu Deus, se masacran cidadáns en trens, autobuses e avións? Hai un Islam que está moi enfermo e, por desgraza, é o Islam que impón a súa voz. Ese Islam hoxe silencia a Ratzinger e onte fíxoo con outros. Por iso atrévome a dicir que as desculpas do Papa non son un éxito da prudencia, son unha derrota da razón. Un quebro, -outro-, da liberdade.

Comentarios